Subrexión de Seinäjoki

subrexión de Finlandia

A subrexión de Seinäjoki (en finés Seinäjoen seutukunta) é unha das catro subrexións da rexión de Ostrobotnia do Sur. En 2017 tiña unha poboación de 126 957 habitantes.

Localización da subrexión de Seinäjoki.

Municipios editar

Escudo Municipio
  Ilmajoki (municipio)
  Kauhava (cidade)
  Kurikka (cidade)
  Lapua (cidade)
  Seinäjoki (cidade)

Historia editar

  • 1 de xaneiro de 1994: créase a subrexión de Pohjoisten seinänaapurien cos municipios de Seinäjoki, Ilmajoki, Nurmo, Peräseinäjoki e Ylistaro.
  • 1 de xaneiro de 2004: o nome da subrexión muda de Pohjoisten seinänaapurien a Seinäjoki.
  • 1 de xaneiro de 2005: Peräseinäjoki e Seinäjoki fusionáronse na cidade de Seinäjoki.
  • 1 de xaneiro de 2007: Lapua trasladouse da subrexión de Härmänmaa á de Seinäjoki.
  • 1 de xaneiro de 2009: Kauhava mudouse da subrexión de Härmänmaa á de Seinäjoki. Ao mesmo tempo Kortesjärvi fusionouse con Kauhava e pasou a formar parte da subrexión.
  • 1 de xaneiro de 2009: Seinäjoki fusionouse cos municipios de Nurmo e Ylistaro formando a nova cidade de Seinäjoki.
  • 1 de xaneiro de 2009: Jalasjärvi e Kurikka trasladáronse da subrexión de Eteläiset seinänaapurit á subrexión de Seinäjoki. Ao mesmo tempo Jurva (pertencente á subrexión de Suupohja), que se uniu a Kurikka, pasou a integrarse na subrexión.
  • 1 de xaneiro de 2016: Jalasjärvi uniuse á cidade de Kurikka.

Poboación editar

A seguinte táboa amosa a tendencia demográfica da subrexión cada cinco anos dende 1980.

Evolución da poboación da subrexión de Seinäjoki (1980–2010)
Ano Poboación
1980
  
116 124
1985
  
119 396
1990
  
120 655
1995
  
121 450
2000
  
119 930
2005
  
121 440
2010
  
124 199

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar