Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas
A nomenclatura das unidades territoriais estatísticas, coñecida como NUTS (polas siglas en francés, Nomenclature d'unités territoriales statistiques) é unha forma de clasificación territorial que se utiliza na Unión Europea con fins estatísticos.
Historia e características
editarForon creadas pola Oficina Europea de Estatística (Eurostat) para dar uniformidade ás estatísticas rexionais europeas e son utilizadas, entre outras cousas, para a redistribución rexional dos fondos estruturais da UE.
Foron aprobadas, pola Lexislación Comunitaria, en 1988, pero non foi até o ano 2003 cando entraron plenamente en funcionamento no regulamento do Parlamento Europeo.
A nomenclatura NUTS ten unha estrutura xerárquica de tres niveis, dos que as rexións NUTS-1 representan a xerarquía maior, e dous niveis de unidades administrativas locais (en inglés LAU) que tamén se chaman NUTS niveis 4 e 5.
Criterios de clasificación
editarO establecemento das unidades territoriais baséase, en principio, nas unidades administrativas xa existentes en cada un dos Estados membros.
Por unidade territorial enténdese unha rexión xeográfica cunha autoridade administrativa establecida e con competencia institucional e legal no Estado en cuestión. Os niveis de NUTS nos que se divide unha unidade administrativa son dependentes dos límites de poboación que fixa a táboa seguinte:
Nivel | Poboación máxima | Poboación mínima |
---|---|---|
NUTS 1 | 7.000.000 | 3.000.000 |
NUTS 2 | 3.000.000 | 800.000 |
NUTS 3 | 800.000 | 150.000 |
Os códigos NUTS comenzan coas dúas letras do código ISO 3166-1, excepto no Reino Unido que utiliza UK no canto de GB. Engádense unha, dúas ou tres cifras para os códigos NUTS de nivel 1, 2 ou 3, respectivamente.
Espérase que a medio prazo cada un dos Estados membros teñan adecuada a súa estrutura administrativa ao modelo proposto pola UE. Nalgúns casos, como o é España, os niveis de NUTS quedaron practicamente igual á organización político-administrativa existente, con tan só unha agrupación de Comunidades Autónomas no NUTS-1. Noutros casos, como en Portugal ou no Reino Unido, tivéronse que modificar profundamente as unidades territoriais clásicas para conformar un mapa máis funcional e equiparábel ao resto dos países membros.
Modelo de división europea por NUTS
editarEstado | NUTS-1 | NUTS-2 | NUTS-3 | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
EU-27 | - | 97 | - | 271 | - | 1303 | |
Alemaña | DE | Estados Federados | 16 | Rexións¹ | 41 | Distritos | 439 |
Austria | AT | Grupos de estados* | 3 | Estados federados | 9 | Grupos de Distritos* | 35 |
Bélxica | BE | Rexións | 3 | Provincias | 11 | Distritos | 43 |
Bulgaria | BG | Rexións económicas | 2 | Rexións de planeamento | 6 | Provincias | 28 |
República Checa | CZ | 1 | Grupos de Distritos* | 8 | Distritos | 14 | |
Chipre | CY | 1 | 1 | 1 | |||
Dinamarca | DK | 1 | 1 | Distritos | 15 | ||
Eslovaquia | SK | 1 | Grupos de Distritos* | 4 | Distritos | 8 | |
Eslovenia | SI | 1 | 1 | Rexións | 12 | ||
España | ES | Grupo de Comunidades Autónomas* | 7 | Comunidades Autónomas | 17 | Provincias | 50 |
Ceuta e Melilla | 2 | 2 | |||||
Estonia | EE | 1 | 1 | Grupos de Distritos* | 5 | ||
Finlandia | FI | Finlandia continental | 1 | Grandes áreas* | 4 | Rexións | 19 |
Åland | 1 | 1 | 1 | ||||
Francia | FR | Grupos de Rexións* | 8 | Rexións | 22 | Departamentos | 96 |
Territorios de Ultramar | 1 | Departamentos de Ultramar | 4 | Departamentos de Ultramar | 4 | ||
Grecia | GR | Rexións* | 4 | Periferias | 13 | Prefecturas | 51 |
Hungría | HU | Grupos de Rexións* | 3 | Rexións² | 7 | Condados + Budapest | 20 |
Irlanda | IE | 1 | Rexións* | 2 | Grupos de Condados* | 8 | |
Italia | IT | Grupos de rexións* | 5 | Rexións | 20 | Provincias | 110 |
Letonia | LV | 1 | 1 | Grupos de Distritos* | 6 | ||
Lituania | LT | 1 | 1 | Distritos | 10 | ||
Luxemburgo | LU | 1 | 1 | 1 | |||
Malta | MT | 1 | 1 | Illas | 2 | ||
Países Baixos | NL | Rexións* | 4 | Provincias | 12 | Grupos de municipios* | 40 |
Polonia | PL | Grupos de Voivodatos* | 6 | Voivodatos | 16 | Grupos de Distritos* | 45 |
Portugal | PT | Portugal Continental | 1 | Rexións | 5 | Grupos de Municipios* | 30 |
Azores e Madeira | 2 | 2 | 2 | ||||
Reino Unido | UK | Rexións de Inglaterra | 9 | Grupos de Condados* | 30 | Grupos de Distritos* | 93 |
Gales | 1 | Rexións* | 2 | Grupos de condados* | 12 | ||
Escocia | 1 | Rexións* | 4 | Grupos de Condados* | 23 | ||
Irlanda do Norte | 1 | 1 | Grupos de Distritos* | 5 | |||
Romanía | RO | Macrorrexións | 4 | Rexións | 8 | Condados + Bucarest | 42 |
Suecia | SE | 1 | Rexións* | 8 | Provincias | 21 | |
Candidatos | - | 15 | - | 31 | - | 112 | |
Croacia | HR | 1 | Rexións | 3 | Condados | 21 | |
Islandia | IS | 1 | 1 | 2 | |||
Macedonia do Norte | MK | 1 | 1 | 8 | |||
Turquía | TR | Rexións | 12 | Subrexións | 26 | Provincias | 81 |
EFTA | - | 3 | - | 15 | - | 46 | |
Liechtenstein | LI | 1 | 1 | 1 | |||
Noruega | NO | 1 | Rexións | 7 | Condados | 19 | |
Suíza | CH | 1 | Rexións | 7 | Cantóns | 26 |
(*) Unidade que non corresponde con ningunha división oficial actual no país en cuestión, pero que se acepta con fins estatísticos.
(¹) NUTS-2 en Alemaña = 41 unidades
- 22 Distritos administrativos (Regierungsbezirke) en 5 Estados federados: Baviera, Baden-Württemberg, Hesse, Renania do Norte-Westfalia e Saxonia
- 10 Distritos administrativos noutros 3 Estados federados: Baixa Saxonia, Renania-Palatinado e Saxonia-Anhalt.
- 2 en Brandeburgo (rexión occidental e oriental), sen efecto administrativo ningún.
- 7 Estados federados restantes.
(²) Desde 1999 aprobadas polo goberno húngaro para axustarse aos criterios europeos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- mapa - mapa de Portugal cos NUTS III (en portugués)
- Regulamento (CE) nº 105/2007 da Comisión, de 1 de febreiro de 2007 - NUTS na Unión Europea Arquivado 03 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en portugués)