Monumento aos Descubrimentos

monumento en Lisboa

O Monumento aos Descubrimentos ou Monumento aos Navegantes localízase na freguesía de Belém, na cidade e distrito de Lisboa, en Portugal. O concepto arquitectónico é de Cottinelli Telmo e as esculturas son de Leopoldo de Almeida.

Monumento aos Descubrimentos
Padrão dos Descobrimentos
Presentación
Nome localMonumento aos Descobrimentos
LocalizaciónBelém, Lisboa Portugal Portugal
DirecciónAvenida Brasília
Construción
Remate1960
Visitantes231 000 (2013)[1]
Dimensións
Altura56 m
Equipo
Arquitecto(s)Cottinelli Telmo
EscultorLeopoldo de Almeida
https://padraodosdescobrimentos.pt/

Atópase na marxe dereita do río Texo e o monumento orixinal, feito con materiais perecedoiros, foi erguido en 1940 co gallo da Exposición do Mundo Portugués para homenaxear as figuras históricas relacionadas coa era dos Descubrimentos portugueses. A réplica actual, de formigón e pedra, é posterior, sendo inaugurada en 1960.

Historia editar

 
Parte leste do monumento, con remate onde destaca a figura maxestosa do Infante D. Henrique.

O monumento foi pensado inicialmente por Cottinelli Telmo como unha homenaxe ao Infante D. Henrique, dentro dun conxunto de varios proxectos e concursos para Sagres, realizados ao longo dos anos sen que ningún chegase a ser construído. Co gallo da Exposición do Mundo Portugués de 1940, da que Cottinelli Telmo foi arquitecto xefe, transformouse en Monumento dos Descubrimentos, homenaxeando non só o Infante, mais tamén os seus colaboradores e seguidores. Concibido por Cottinelli Telmo e polo escultor Leopoldo de Almeida (autor das estatuas) para esa grande exposición, o monumento inicial foi realizado no curto espazo de tempo de oito meses. Feito de materiais perecedeiros, foi desmontado en 1958 e reconstruído nos anos seguintes en formigón e pedra calcaria, por decisión de Salazar e con ocasión do 5º centenario do Infante. O monumento ergueuse no lugar orixinal, en Belém.[2][3]

Considerado unha peza emblemática da Exposición do Mundo Portugués, "o grito da exposición e unha síntese do noso pasado glorioso" (cartel da época), o Monumento aos Descubrimentos foi amplamente eloxiado (Fernando de Pamplona, Ocidente, 1941; Costa Lima, Brotéria; etc.), mesmo por voces discordantes como a de Adriano de Gusmão (O Diabo, 16-11-1940), que xa daquela desexou, como outros, velo "para sempre trasladado ao mármore ou granito". O monumento actual foi inaugurado en 1960 no contexto das conmemoracións dos cincocentos anos da morte do Infante D. Henrique.[2][3]

En 1985 o interior foi remodelado, dotándoo dun miradoiro, auditorio e salas de exposicións. O monumento foi daquela inaugurado como Centro Cultural das Descubertas.[4]

Características editar

 
Rosa dos ventos vista dende a parte superior do monumento.

O monumento ten a forma dunha carabela estilizada, con tres grandes velas que se prolongan nun bloque central, vertical, decorado a ambos os lados con baixorrelevos representando a bandeira de Xoán I de Portugal. Sobre a entrada, a espada da Casa Real de Avis. D. Henrique, o Navegante, érguese á proa, cunha carabela na man dereita e un mapa na esquerda. En dúas filas descendentes, de cada lado do monumento, están as estatuas de portugueses notábeis ligados aos descubrimentos entre os que se atopan navegantes, guerreiros, frades, científicos, artistas (Nuno Gonçalves cunha paleta e Camões sostendo Os Lusíadas). A inspiración das figuras vén do "clasicismo austero" proposto por Francisco Franco no seu Monumento a Gonçalves Zarco (Funchal; 1927), do que Leopoldo de Almeida non se desviou, cumprindo e consolidando os principios academizantes das estatuas oficiais do Estado Novo, a "idade de ouro da escultura portuguesa" segundo António Ferro (1949).[5]

No chan do espazo orientado ao norte do monumento atópase representada unha rosa dos ventos de 50 metros de diámetro, deseñada no obradoiro do arquitecto Luís Cristino da Silva e doada por Suráfrica en 1960. No centro encóntrase un planisferio de 14 metros de largo, decorado con elementos vexetais, rosas dos ventos, bufóns, unha serea, un peixe fantástico e Neptuno cun tridente montado nun ser mariño. "Datas, naus e caravelas marcam as principais rotas da expansão portuguesa, entre os séculos XV e XVI".[6]

No interior do monumento, que hoxe acolle o Centro Cultural das Descubertas, existen, no piso inferior, un auditorio con capacidade para 101 persoas e dúas salas de exposición. O andar superior dispón de catro dependencias retangulares e, na cuberta hai un miradoiro dende o que se pode ver Belém e o río Texo.[4]

Características técnicas editar

Estatuas editar

Máis alá da estatua principal do Infante Henrique, o Navegante, que sostén un modelo dunha carabela, en ambos os dous lados das ramplas do monumento hai un total de 32 figuras da historia dos descubrimentos, especificamente (da esquerda cara a dereita):

Notas editar

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de marzo de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 A.A.V.V. - Os Anos 40 na Arte Portuguesa (tomo 1). Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 1982, p. 60
  3. 3,0 3,1 França, José AugustoA arte em Portugal no século XX [1974]. Lisboa: Bertrand Editora, 1991, p. 224, 281.
  4. 4,0 4,1 "Padrão dos Descobrimentos". EGEAC - Padrão dos Descobrimentos. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  5. A.A.V.V. - Os Anos 40 na Arte Portuguesa (tomo 1). Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 1982, p. 60, 118-121
  6. "Rosa-dos-Ventos". EGEAC - Padrão dos Descobrimentos. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  7. "Padrão dos Descobrimentos". Instituto da Habitação e da Reabilitação Urbana. Consultado o 20 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar