Cristóvão da Gama

Militar e navegante portugués

Cristóvão da Gama, transcrito ás veces en galego como Cristovo da Gama e en castelán como Cristóbal de Gama, nado en Évora en 1515 e finado en 1542, foi un militar e navegante portugués que liderou o exército entre os anos 1541 e 1543, durante a guerra de Abisinia e Adén contra as tropas de Ahmad ibn Ibrihim al-Ghazi (tamén coñecido como Ahmad Gragn). Saíu vitorioso en catro batallas contra forzas moi superiores, pero foi derrotado na última, tras a cal foi capturado e executado. Sir Richard Burton, no seu First Footsteps in East Africa, referiuse a el como «o máis cabaleiroso de toda a era da Cabalaría».[1]

Cristóvão da Gama
Nacemento1516
Lugar de nacementoReino de Portugal
Falecemento29 de agosto de 1542
Lugar de falecementoOfla
Causadecapitación
NacionalidadeReino de Portugal
Ocupacióncondotiero e explorador
PaiVasco da Gama
NaiCatarina de Ataíde
IrmánsEsteban da Gama (1505–1576)
Na rede
WikiTree: Gama-18
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Carreira inicial editar

Cristóbal de Gama era fillo de Vasco dá Gama e de Catarina de Ataíde. Foi á India en 1532 co seu irmán Estevão na frota Pedro Vaz de Amaral, onde recibiu o posto de capitán de Malaca. Ao regresar a Portugal en 1535, foi nomeado cabaleiro da Casa Real, como recompensa pola súa valentía.

Levou a cabo diversos labores e xuntouse con García de Noronha para navegar a Diu o 6 de abril de 1538. Moitas veces nas súas viaxes demostrou gran rapidez mental, o que salvo a vida aos seus compañeiros; en recoñecemento ao seu valía,[2]

De volta na India editar

Regresou á India en 1538 co seu irmán, que en 1540 foi designado polo rei Xoán III de Portugal como 11º gobernador da India portuguesa (1540-42). O seu irmán emprendeu unha campaña contra a frota do bajá de Exipto, comandando 75 navíos que entraron no mar Roxo, coa intención de atacar os otománs no porto de Suez, deixando Goa o 31 de decembro de 1540 e chegando a Adén o 27 de xaneiro de 1541. Cristóbal ía ao mando dun dos barcos.

A frota chegou a Massawa o 12 de febreiro, onde Estevão da Gama deixou un número de navíos e continuou cara ao norte. Ao chegar a Suez, descubriron que os otománs souberan moito tempo antes do seu asalto, o que frustrou o seu intento de queimar as naves varadas. A frota volveu sobre os seus pasos a Massawa, aínda que facendo unha escala para atacar o porto do Tor, na península do Sinaí.

A campaña etíope editar

De volta en Massawa, o 22 de maio, atopáronse que os homes que deixara inquietos xa que foran convencidos polo denominado patriarca da Igrexa Etíope, o galego João Bermudes, de que debían de proporcionar axuda militar ao asediado emperador de Etiopía, Gelawdewos (Asnaf Sagad I, domador de horizontes, ገላውዴዎስ), Estevo da Gama accedeu ás súas demandas e desembarcou 400 homes de armas portuguesas, dos que uns 70 eran tamén artesáns e enxeñeiros, 130 soldados escravos e subministracións suficientes para eles en Massawa e o próximo porto de Arqiqo, deixándoos a cargo do seu irmán Cristovo, antes de partir de regreso á India o 9 de xullo.

O exército estaba equipado cuns mil arcabuces, un número similar de picas e algunhas bombardas.[3]

En 1542, despois de ser feito prisioneiro na batalla contra o xeque de Zeilá, morreu vítima das torturas que lle inflixiron os seus captores. A obra Historia das cousas que o mui esforçado capitáo Dom Cristóvão da Gama fez nos Reinos do Preste João com quatrocentos portugueses com quatrocentos portugueses que levou consigo (1564) de Miguel Castanho, narra este episodio.

Notas editar

  1. Richard Burton, First Footsteps in East Africa (New York: Praeger, 1966), pag. 181.
  2. Para esta parte da súa carreira véxase R.S. Whiteway, editor and translator, The Portuguese Expedition to Abyssinia in 1441-1543, 1902. (Nendeln, Liechtenstein: Kraus Reprint, 1967), pp. xlii ff.
  3. Segundo Gaspar Corrêa, como foi traducido por Whiteway, pax- 274.

Véxase tamén editar