Esteban da Gama (1505–1576)

diplomático portugués

Esteban da Gama (en grafía portuguesa, Estêvão da Gama) (ca. 1505 - 1576), foi un navegante, explorador, e administrador colonial portugués, gobernador da Costa de Ouro portuguesa (unha colonia na costa occidental africana, hoxe Ghana, 1529-?) e da India portuguesa (1540-42)[1].

Infotaula de personaEsteban da Gama

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1505 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte1576 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Lisboa Editar o valor em Wikidata
Governador da Índia Portuguesa (pt) Traducir
3 de abril de 1540 – 8 de maio de 1542
← Garcia de Noronha (pt) TraducirMartim Afonso de Sousa (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisVasco da Gama Editar o valor em Wikidata  e Catarina de Ataíde (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCristóvão da Gama Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Gama-17

Biografía editar

Foi o segundo fillo de Vasco da Gama e de Catalina de Ataíde, irmán de Cristóvão dá Gama, e levaba o nome do seu avó paterno, Estevão da Gama e do seu tío, Estevão da Gama, o irmán máis vello do seu pai (morto na soada viaxe de regreso do que logo sería o Estado da India de 1497-99 que dirixiu o seu pai).

Foi co seu pai á India onde desempeñou o cargo de capitán maior. Substituíu o seu irmán Pablo de Gama como capitán de Malaca en 1538, servindo baixo as súas ordes desde 1534.

Época de gobernador editar

En 1540 foi designado polo rei Xoán III de Portugal como gobernador da India portuguesa (1540-42), polo seu valor no cargo anterior. Cando se converteu en gobernador, efectou unha campaña contra a frota do paxá de Exipto. Comandou a frota que entrou no mar Roxo, coa intención de atacar á frota otomá do porto de Suez, deixando Goa o 31 de decembro de 1540 e chegando a Adén o 27 de xaneiro de 1541. A frota chegou a Massaua o 12 de febreiro, onde Gama deixou un número de navíos e continuou cara ao norte. Ao chegar a Suez, descubriu que os otománs souberan moito tempo antes do seu asalto, o que frustrou o seu intento de queimar as naves varadas. Gama viuse obrigado a volver sobre os seus pasos a Massaua, aínda que facendo unha escala para atacar o porto do Tor, na península do Sinaí.

 
Esteban da Gama no monumento aos Descubrimentos

Unha vez de volta en Massawa Gama atopou aos homes que deixara inquietos xa que foran convencidos polo autodenominado patriarca galego Xoan Bermudes de que debían de proporcionar axuda militar ao asediado Emperador de Etiopía. Gama accedeu ás súas demandas e desembarcou 400 homes, 130 soldados escravos e subministracións suficientes para eles en Massaua e o próximo porto de Arqiqo, deixándoos a cargo do seu irmán Cristóvão dá Gama, antes de partir para a India o 9 de xullo.

Regreso a Portugal e morte editar

Despois de deixar o cargo, volveu a Portugal onde foi elixido gobernador de Lisboa, pero declinou o cargo para tentar ser novamente gobernador da India.


Predecesor:

García de Noronha
11º gobernador de India portuguesa

1540 - 1542
Sucesor:

Martin Afonso de Souza

Notas editar

  1. "D. Estêvão da Gama" en Artigos de apoio Infopédia [em linha]. Porto: Porto Editora, 2003-2019. [consult. 2019-08-27 13:16:39]. Dispoñíbel na Internet: https://www.infopedia.pt/apoio/artigos/$d.-estevao-da-gama

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar