Padrão
Un padrão é unha columna ou piar de pedra coas armas portuguesas e unha inscrición, tendo no alto as quinas portuguesas (o grupo dos cinco escudos que figuran no escudo de Portugal), que os navegantes portugueses erguían nas terras que ían descubrindo, na era dos descubrimentos, destinado a afirmar a soberanía de Portugal no lugar onde era situado.[1]
Padrões da era dos descubrimentos
editarDiogo Cão colocou o Padrão de Santo Agostinho,[2] e o de São Jorge, respectivamente, no cabo de Santa María, Angola, na foz do río Congo, en 1482.
Na inscrición destes padrões podía lerse:
"Aquí chegaram os navios do esclarecido rei D. João II de Portugal – Diogo Cão, Pero Anes, Pero da Costa"
Colocou tamén un padrão no cabo Negro, e outro no por el denominado cabo da Cruz en Namibia, a onde chegou en 1485.
Co mesmo obxectivo de sinalar a prioridade do descubrimento, tamén foron colocados padrões por Bartolomeu Dias no suroeste de África (Punta Dias), no sueste (False Island), e tamén no Cabo da Boa Esperanza.
Así mesmo, Vasco da Gama colocou padrões na África austral (Angra de São Brás), e na costa oriental (en Quelimane, Mozambique, na illa de Mozambique e en Melinde), e nas illas Laquedivas (illote de Santa María).
A Sociedade de Geografia de Lisboa conseguiu recuperar, no século pasado, tres padrões de Diogo Cão e un de Bartolomeu Dias, parecendo que están perdidos os de Vasco da Gama.
Un marco de pedra deixado polos portugueses en 1501, considerado o máis antigo monumento preservado do Brasil, bautizado oficialmente como Marco de Touros, é un padrão de 1,62 m de altura e 32,5 cm de largura, e ten nunha das súas caras a cruz da Orde de Cristo e o escudo portugués esculpidos en relevo. O monumento é obxecto de culto por estar considerado, pola poboación local, como unha "pedra santa" capaz de facer curaciónss milagrosas.[3]
O Museo Nacional de Iacarta, en Indonesia, ten un padrão erixido por Federico de Leme en 1522 no porto de Kalapa, ao norte da actual Iacarta, para conmemorar un tratado de alianza luso-sondanesa.[4]
Galería de imaxes
editar-
Pedra de Ielala en Matadi, República Democrática do Congo, ou "rocha de Diogo Cão", coas inscricións feitas polo explorador
-
Padrão de Santo Agostiño, erixido por Diogo Cão en 1482
-
Padrão de Santa Maria, de Diogo Cão
-
"Padrão Erguido pelos Portugueses na Foz do Zaire", por Roque Gameiro (Quadros da História de Portugal, 1917)
-
Padrão moderno na Fortaleza de Sagres
-
Padrão moderno no Cabo de San Vicente
Notas
editar- ↑ padrão, 2º artigo, en J. Almeida Costa e A. Sampaio e Melo (1988): Dicionário da lingua portuguesa, 8ª ed. Porto: Porto Editora, Lda. ISBN 972-0-05001-2.
- ↑ "Padrão de Santo Agostinho". Sociedade de Geografia de Lisboa. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2019.
- ↑ Fábio Guibu (7 de marzo de 2000). "Marco português de 1501 vira objeto de culto milagroso no RN". Folha de S. Paulo on line. Consultado o 17 de setembro de 2019.
- ↑ Sukanda-Tessier, Viviane (2007): Parlons soundanais. Langue et culture sunda. Paris: Éditions L'Harmattan. ISBN 978-2-2960-2364-2.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Padrão |