Melinde (tamén denominada Malindi) é unha cidade Kenyana sita na badía de Melinde, sobre a foz do río Galana, na costa do océano Índico. É a capital do distrito de Melinde e dista 120 km de Mombasa. A poboación de Melinde era de 117.735 habitantes (censo de 1999).

Modelo:Xeografía políticaMelinde
Imaxe

Localización
Mapa
 3°13′10″S 40°07′00″L / -3.2194, 40.1167
EstadoKenya
Província (pt) TraducirCosta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación54.000 Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal80200 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Taicang (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Vista dunha parte da vella cidade de Melinde.

Historia

editar

Melinde é desde o século XIV un asentamento suahili. De seguido formaría parte dos asentamentos islámicos que dominaban a costa índica de África, entre Mozambique e o mar Vermello. Rivalizou con Mombasa polo dominio nesta parte da África Oriental. Historicamente constituíu un porto de escala e comercial para potencias navais estranxeiras. En 1414, a cidade recibiu a visita da frota do explorador chinés Zheng He. As autoridades de Melinde enviaron unha pequena legación de persoas xunto cunha xirafa como presente para China cando dita frota marchou da cidade.

O explorador portugués Vasco da Gama, na súa primeira expedición ás Indias, encontrouse coas autoridades de Melinde en 1498, coas cales asinou un acordo comercial e pediulles un piloto que os guiase á India. Este piloto foi Malemo Caná, que efectivamente conduciu a frota portuguesa ata Calecut, no Sur indio, saíndo de Melinde o 24 de abril de 1498. Vasco da Gama ergueu un padrón como lembranza do paso dos lusos polo lugar, que aínda subsiste.

En 1500 ou 1502, os portugueses estabeleceron un posto comercial (factoría) en Melinde, que serviría como lugar de repouso na viaxe cara Oriente. Tamén pola mesma época ergueron unha igrexa católica. A factoría caeu en 1630 ante a forza árabe-bantu que se estaba forxando desde finais do século XVI na costa oriental africana, ademais do interese portugués polos territorios máis meridionais na zona do río Zambeze; porén o forte Xesús en Mombasa resistiría aínda ata 1700.

Sobreviven edificios históricos, tales como a mesquita Juma e un pazo sobre a praia, que son puntos de interese turístico.