Mesoplodon hotaula

Mesoplodon hotaula é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2] unha das quince integradas no xénero Mesoplodon.[3]

É a especie menos coñecida do xénero.[4]

Taxonomía editar

Descrición editar

A espeie foi descrita en 1963 polo paleontólogo, zoólogo e artista esrilanqués Paulus Edward Pieris Deraniyagala no se traballo "A new beaked whale from Ceylon". Ceylon Today 12: 13-14.[2]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Mesoplodon.

O epíteto específico, hotaula, deriva de dúas palabras que na lingua cingalesa (sinhala) que significan "bico acabado en punta".[5]

Nota taxonómica editar

Aínda que a espácime tipo achado en Sri Lanka foi descrito como unha nova especie, Mesoplodon hotaula, en 1963, como quedous dito, mís tarde ete nome foi considerado un sinónimo de Mesoplodon ginkgodens. Hoxe está reoñecido como especie diferente, e o seu descubrimento elevou o número total de especies de Mesoplodon a 15, o que o converte, de lonxe, no xénero de cetáceos que comprende máis especies. O recoñecemento como especie distinta débese a M. L. Dalebout e colabrores que, en 2014, presentaron evidencias xenéticas e morfolóxicas que apoian o recoñecemento desta especie de Mesoplodon do Indo-Pacífico tropical, Mesoplodon hotaula, que foi condiderada conespecifica de Mesoplodon ginkgodens. Aínda que a nova especie está estreitamente relacionada coa tamén rara M. ginkgodens, demostraron que estas dúas liñaxes poden diferenciarse por secuencias de ADN herdadas por vía materna (ADN mitocondrial), biparental (autosómico) e paterna (cromosoma Y), así como por características morfolóxicas. A monofilia recíproca das xenealoxías de ADNmt e a distribución en gran parte parapátrica destas liñaxes é consistente co illamento reprodutivo.[4]

Hábitat e distribución editar

Hábitat editar

Practicamente non se sabe nada sobre a bioloxía desta especie. Atópase nas augas tropicais do océano Índico e na metade occidental do Pacífico, entre os 90° N e os 90° S,[4] e pénsase que habita principalmente en augas profundas.

Distribución editar

Esta especie só se coñece a través de nove individuos varados en Palmyra, Australia Occidental (3), Kiribati, Filipinas (2), Sri Lanka, Maldivas e Seychelles[4][6][7], o que suxire unha distribución en augas tropicais cálidas desde polo menos o océano Índico occidental até o Pacífico central.

Características editar

Segundo informacións non confirmadas, a especie alcanza unha lonxitude de 400 a 450 cm e un peso duns 1 000 kg. As aletas pectorais son bastante pequenas. O fociño é longo e fino e, como noutros membros da familia, presentan dous sucos ventrais en forma de "V" na área da garganta. Os machos só teñen dous dentes no maxilar inferior. En dous dos exemplares examinados, estes dentes estaban rotos e, polo tanto, suponse que hai pelexas entre especies parentes do sexo masculino. Estímase que o modo de vida é o mesmo que o dos outros zifios.[8]

Ameazas editar

É de supoñer que as ameazas da especie son similares ás das outras do xénero. (Véxase, por exemplo, Mesoplodon ginkgodens ou Mesoplodon grayi).

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que non hai información sobre a abundancia ou as tendencias da poboación desta especie cualifica o seu status como DD (datos insuficientes).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pitman, R. L. & Taylor, B. L. (2020): Mesoplodon hotaula na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 11 de xaneiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 Mesoplodon hotaula Deraniyagala, 1963 no WoRMS. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
  3. Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Dalebout, M. L. et al 2014.
  5. University of New South Wales (5 de febreiro de 2014). "Researchers discover rare new species of deep-diving whale". Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  6. Lacsamana et al. (2015): "First record of a rare beaked whale Mesoplodon hotaula in the Philippines". Marine Biodiversity Records Vol. 8 e78: 1-6. doi:10.1017/S1755267215000457.
  7. Abreo et al. (2016): "First evidence of plastic ingestion by the rare Deraniyagala’s beaked whale (Mesoplodon hotaula)". IAMURE International Journal of Ecology and Conservation 19 (1).
  8. Wilson, D. E. & Mittermeier, Russell A. (2014): Mesoplodon hotaula. En: Handbook of the Mammals of the World, Volume 4. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-99-6.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros ariigos editar