Mesoplodon grayi, coñecido na bibliografía internacional co nome de zifio de Gray, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2][3] unha das quince integradas no xénero Mesoplodon.[4]

Mesoplodon grayi
Zifio de Gray

Dou zifios de Gray
varados nunha prais de Nova Zelandia

Comparación co tamaño dun humano medio
Comparación co tamaño dun humano medio

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. grayi
Nome binomial
Mesoplodon grayi
von Haast, 1876
Área de distribución de Mesoplodon grayi
Área de distribución de Mesoplodon grayi

Área de distribución de Mesoplodon grayi
Esqueleto dun zifio de Gray.
Cabeza dun zifio de Gray. Obsérvese o suco en "V" debaixo da mandíbula.

É un dos membros máis coñecidos do xénero Mesoplodon. Bastante gregario, caracterízase por ser o único zifio que presenta unha dentición con numerosos dentes. Nesta especie non se describiron subespecies.[2][3][5]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1876 polo naturalista alemán Julius von Haast, que foi o director do Museo de Canterbury, en Christchurch, Nova Zelandia.[6] A súa descrición baseouse en tres cranios que recibira en maio de 1875 de William Hood, que os recuperara de tres espécimes que formaban parte dun grupo de 28 individuos que quedaran varados na praia de Waitangi, na illa Chatham, no verán de 1874.[6]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Mesoplodon.

O epíteto específico, grayi, foi unha homenaxe de von Haast ao naturalista e zoólogo inglés John Edward Gray.[6]

Sinónimos editar

Ademais do nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Berardius hectori Hector, 1874
  • Mesoplodon australis Flower, 1878
  • Mesoplodon haasti Flower, 1878
  • Mesoplodon layardi Lahille, 1905
  • Oulodon grayi von Haast, 1877

Características editar

As principais características desta especie son:[7]

  • Corpo delgado coa cabeza pequena con fronte plana. O fociño é longo e fino, presentando dous sucos ventrais en forma de "V" na área da garganta.
  • A súa cor é gris escura na parte dorsal e de gris clara a branca na ventral, a mandíbula e a garganta.
  • A aleta dorsal, falcada, está situada no terzo posterior do dorso.
  • Alcanza unha lonxitude de entre os 5,5 e os 6 m, e un peso duns 4 800 kg.

Distribución e poboación editar

Esta especie é propia do hemisferio sur, onde se encontra entre os 30 e os 45º S. Rexistráronse varamentos en Nova Zelandia, Australia, Suráfrica, América do Sur e as Illas Malvinas.

No Atlántico norte é considerada como divagante, con avistamentos na costa de Andalucía (España)[8] e un varamento rexistrado na costa neerlandesa, o único en Europa.[7]

Non hai estimacións da abundancia nin das tendencias de poboación para esta especie, aínda que quizais non sexa tan rara como algunhas outras especies de Mesoplodon. Thompson et al. (2016) suxeriron, baseándose na xenética que a poboación é numerosa.[9]

Ameazas editar

Hai pouca información específica dispoñíbel sobre ameazas antrópicas para o zifio de Gray.[10] Nunca houbo unha pesca desta especie. As redes de enmalle e palangres á deriva son abundantes e estendidas nos océanos, e sábese que os zifios enrédanse e afogan debido a capturas incidentais.[11][12][13] Descoñécese o alcance desta ameaza para esta especie e a partir de 2020 non se coñecen casos deles como capturas accesorias.

Esta especie, ao igual que outros zifios, é probábel que sexa vulnerábel a ruídos antropoxénicos fortes, como os xerados polos sónares da Mariña e polas exploracións sísmicas.[14] O uso do sonar activo desde embarcacións militares relacionouse con varamientos masivos deste zifio.[15][16]

A evidencia de individuos varados de varias especies similares indica que tragaron artigos de plástico desbotados, o que eventualmente pode conducir á morte,[17] polo que esta especie tamén pode estar en risco.

Os impactos previstos do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza dos impactos non está clara.[18]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que non hai información sobre a abundancia ou as tendencias da poboación desta especie clasificouse como DD (datos insuficientes) na súa Lista vermella en 2008. A linguaxe clarificadora nas directrices (versión 14, 2019) afirma que: "se os datos son tan incertos tanto CR como LC son categorías plausibles, pero o taxon pode seguiu, nese ano, como DD". Aínda que a información é escasa, esta especie parece encontrarse nunha variedade de lugares e nunha gran franxa de océano no hemisferio sur e non é rara, polo tanto a categoría de CR non se pode aplicar de forma plausible. Polo tanto, concluíuse que a especie non pertence á categoría DD. No ano 2020 a UINC considera que a especie non é rara e parece ser polo menos bastante común polo menos nalgunhas partes da súa área de distribución. As ameazas típicas que poden producir descensos na súa abundancia, especialmente o ruído antrópico e as capturas accidentais da pesca, non son frecuentes na maior parte da súa área de distribución, o que fai que LC (pouco preocupante) sexa a categoría máis plausible.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pitman, R. L. & Taylor, B. L. (2020): Mesoplodon grayi na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 10 de xaneiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Mesoplodon grayi von Haast, 1876 no WoRMS. Consultado o 10 de xanero de 2021.
  3. 3,0 3,1 Mesoplodon grayi Von Haast, 1876 no MSW, Consultada o 10 de xaneiro de 2011
  4. Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.
  5. Mesoplodon grayi von Haast, 1876 no ITIS.
  6. 6,0 6,1 6,2 "On a New Ziphioid Whale. By Julius von Haast, Ph.D. F.R.S., Director of the Canterbury Museum, Christchurch, New Zealand. Communicated by Prof. W. H. Flower, F. R.S." Proceedings of the Zoological Society of London (January, 1876), pp. 7-13.
  7. 7,0 7,1 MacDonald, David y Barrett, Priscilla (2005). Guía de Campo de los Mamíferos de España y de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1490-2. 
  8. Purroy, F. J. y Varela, J. M. (2005). Mamíferos de España, Península, Baleares y Canarias. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-97-9. 
  9. Thompson, K. F., Patel, S., Baker, C. S., Constantine, R. & Millar, C. D. (2016): "Bucking the trend: genetic analysis reveals high diversity, large population size and low differentiation in a deep ocean cetacean". Heredity 116: 277-285.
  10. Crespo, Enrique A.; Notarbartolo di Sciara, Giuseppe; Reeves, Randall R. & Smith, Brian D. (2003): Dolphins, Whales and Porpoises: 2002-2010 conservation Action Plan for the World's Cetaceans. IUCN/SSC Cetacean Specialist Group. Gland, Switzerland and Cambridge, UK : IUCN. ISBN 978-2-8317-0656-6.
  11. Nishimura, S. & Nishiwaki, M. (1964): "Records of the beaked whale Mesoplodon from the Japan Sea". Publications of the Seto Marine Biological Laboratory 1964: 12-10.
  12. Julian, F. & Beeson, M. (1998): "Estimates of marine mammal, turtle, and seabird mortality for two California gillnet fisheries: 1990-95". Fishery Bulletin 96: 271-284.
  13. Waring, G. T., Josephson, E., Maze-Foley, K. & Rosel, P. E. (2009): U.S. Atlantic and Gulf of Mexico marine mammal stock assessments-2009. NOAA Technical Memorandum NMFS-NE-213.
  14. Cox, T. M. et al. (2006): "Understanding the impacts of anthropogenic sound on beaked whales". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 177-187.
  15. Wang, J. Y. & Yang, S. C. (2006): "Unusual cetacean stranding events of Taiwan in 2004 and 2005". Journal of Cetacean Research and Management 8: 283-292.
  16. Yang, W. et al. (2008): "Unusual cetacean mortality events in Taiwan, possibly linked to naval activities". Veterinary Record 162: 184-186.
  17. Scott, M. D.et al. (2001): "A note on the release and tracking of a rehabilitated pygmy sperm whale (Kogia breviceps)". Journal of Cetacean Research and Management 3 (1): 87-94.
  18. Learmonth, J. A. et al. (2006): "Potential effects of climate change on marine mammals". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review 44: 431-464.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros ariigos editar

Ligazóns externas editar