Odontocetos

(Redirección desde «Odontoceti»)
Odontocetos
Odontoceti

Rango fósil: eoceno – presente

Arroaz (Tursiops truncatus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Flower, 1867
Superfamilias

Os odontocetos (Odontoceti, Flower, 1867) constitúen unha suborde dos cetáceos caracterizados por posuíren dentes, a diferenza das baleas e especies similares (misticetos) que posúen unhas formacións quitinosas chamadas barbas, con función filtradora.

Etimoloxía

editar

O nome Odontoceti provén do grego antigo ὀδόντο- odónto-, "dente" e κῆτος kêtos, "gran monstro mariño".[1]

Características

editar

A característica definitoria do taxon é a presenza de dentes, polo que as especies de gran tamaño, reciben o nome (impropio) de baleas dentadas ou baleas con dentes. Os dentes son cónicos, ocos e indiferenciados (homodontes) e poden presentarse en número moi variable, desde os 160-240 do golfiño común ata o dente único do narval.[2] Así mesmo varía a súa disposición, presente nas dúas mandíbulas ou só na inferior (como nos cachalotes ou algúns zifios) ou na superior (narval), e o seu tamaño, que oscila entre uns milímetros na toniña e os dous metros no narval.

Os dentes non teñen función mastigatoria senón que serven para capturar as presas, que engolen enteiras. Aínda así, non sempre cumpren esa función e nalgunhas especies convértense en caracteres de diferenciación sexual, como acontece tipicamente no narval.

Presentan un único espiráculo (orificio respiratorio) na parte superior da cabeza e unha fronte avultada debida ás modificacións anatómicas producidas pola presenza do melón, denominación popular do órgano da ecolocación.

Todos os odontocetos son carnívoros.

Taxonomía

editar

Os odontocetos clasifícanse dentro da orde Cetacea e distribúense en dez familias (algunhas delas discutidas):

Modernamente moitas fontes agrúpannas en seis superfamilias:[3]

Galería de imaxes

editar
  1. "Dicciomed.es: Odontocetos". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2010. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  2. Reealmente, o narval ten dous dentes na mandíbula superior, aínda que (normalmente) o esquerdo alcanza un desenvolvemento enorme, de ata de máis de 2 m)
  3. "Paleobiology Database". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  4. Inclúe a especie Pontoporia blainvillei (golfiño do Prata), antes na familia Iniidae.
  5. A dos Lipotidae é unha familia creada por Zhou, Qian & Li en 1978. Inclúe a especie Lipotes vexillifer (golfiño chinés de río), antes na familia Platanistidae.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar