Manuel García de Buciños

escultor galego
(Redirección desde «Manuel García, Buciños»)

Manuel García Vázquez, chamado Buciños, nado o 10 de decembro de 1938 en Buciños (Carballedo) é un escultor galego. A vila de orixe deste escultor rematou por configurar o seu nome ata o punto de ser coñecido polo citado topónimo, coma se realmente fose o seu primeiro apelido.

Modelo:BiografíaManuel García de Buciños
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1938 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Buciños, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX1724282 BUSC: bucinos-1938

Foi Blanco Amor quen o convenceu de coller o nome do seu lugar.[1]

Traxectoria profesional

editar
 
A Rianxeira, escultura en Rianxo.

Practicamente, toda a súa obra realizouna en Ourense, vinculado ao grupo que auspiciou o escritor Vicente Risco, e que reunía a novos artistas na taberna de Tucho, e que foi denominado Os Artistiñas pola súa extrema mocidade. Do grupo formaban parte Xaime Quessada Porto, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano, Xavier Pousa e Arturo Baltar.

 
Estatua a Castelao, cando estaba xunto ao Museo de Pontevedra.

Comezou traballando a madeira, e inicialmente acusou influencias de Cristino Mallo e talvez de Antón Failde Gago, onde aproveitaba as vetas para simular roupaxes e pregas. Máis tarde traballaría o bronce e con frecuencia acudiu ás cavidades, a imaxinarios «rotos» na morfoloxía das súas pezas, que vagamente o identificarían con Henry Moore, aínda que quizais teña influencias de Julio González. As curvas pronunciadas e os volumes a un tempo rotundos e suaves danlle á escultura de Buciños unha moi definida personalidade.

 
Seis figuras alegóricas (pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música) entre os cabalos de Oliveira no Teatro García Barbón.

Realizou numerosas exposicións en España e no estranxeiro. Está representado en todos os museos de Galiza e en numerosas institucións públicas e coleccións particulares. Os seus monumentos, a personaxes históricos ou con afán puramente ornamental, abundan nas cidades galegas. Habitualmente traballa formatos pequenos, aínda que tamén ten practicado a monumentalidade.

En 2020 o Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense estreou unha exposición súa na que se mostraba toda unha vida dedicada a esculpir a través de 60 pezas creadas desde 1962 nas que o artista achegou a súa mirada e estilo.[2]

Recoñecementos

editar

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo[3], e en 2020 foi nomeado fillo adoptivo da provincia de Ourense[4].

En 2020 recibiu o Premio Trasalba[5].

En 2023[6] recibiu o XXXIX Premio Celanova, Casa dos Poetas.

  1. "Buciños, o escultor coa sabiduría do labrego, é Fillo Adoptivo de Ourense". La Voz de Galicia. 2022-09-21. Consultado o 2022-09-22. 
  2. "Buciños, una vida de arte". La Región (en castelán). 2020-03-06. Consultado o 2020-03-08. 
  3. "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-25. 
  4. "Nomean Fillo Adoptivo da provincia de Ourense a Manuel Buciños". El Correo Gallego. 25 de setembro de 2020. 
  5. Elisabet Fernández (25 de abril de 2021). "Buciños recolle o Trasalba: "Grazas a don Ramón fago escultura que comunica"". La Región. 
  6. "Manuel Buciños, distinguido co XXXIX Premio "Celanova, Casa dos Poetas"". O Sil, periódico en galego de información xeral. 2023-03-18. Consultado o 2023-03-18. 

Véxase tamén

editar
 
Casa natal do escultor en Buciños

Bibliografía

editar
  • Pablos Holgado, F. (1981): Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo.
  • Pablos Holgado, F. (1994): Pousa e Buciños. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
  • Vázquez Trabazo, L. (1978): Pedra, barro, bronce. Deputación de Ourense.

Ligazóns externas

editar