Manzaneda

concello da comarca de Terra de Trives, na provincia de Ourense
(Redirección desde «Maceda de Trives»)

Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).

Modelo:Xeografía políticaManzaneda
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°18′34″N 7°14′00″O / 42.309444444444, -7.2333333333333Coordenadas: 42°18′34″N 7°14′00″O / 42.309444444444, -7.2333333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalManzaneda Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación832 (2023) Editar o valor em Wikidata (7,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie114,6 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude657 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataDavid Rodríguez Estévez (2016–2020) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Manzaneda Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32044 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodemanzaneda.es Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

Manzaneda é un dos poucos topónimos castelanizados en Galicia aceptado coma forma oficial. Gonzalo Navaza, investigador especializado na onomástica galega, considerou que a forma Manzaneda apareceu a partir do século XVIII. O nome tradicional é Maceda, e proponse Maceda de Trives como topónimo oficial ao haber xa outro municipio ourensán homónimo, pola alta abundancia de maceiras na zona[1].

Xeografía editar

Situado na parte nororiental da provincia, limita ao norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co concello do Bolo, ao sur co concello de Vilariño de Conso e ao oeste co concello de Chandrexa de Queixa. A súa capital, Manzaneda, destaca polo seu conxunto histórico medieval, do que se conservan importantes vestixios.

Poboación editar

Con trazos da Galicia de montaña, con escasa poboación nova e unha ampla capa de maiores de 65 anos, en 2022 o concello de Manzaneda aglutinaba 838 habitantes.

Evolución da poboación de Manzaneda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.283 3.437 2.973 1.954 1.150 994 1.006 1.001 971 973 975 947 906
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 890 (2018)
Menores de 15 anos 44 (4.94 %)
Entre 15 e 64 anos 447 (50.22 %)
Maiores de 65 anos 399 (44.83 %)
Estranxeiros 14 (1.57 %)

Turismo editar

Enclavado no Macizo Central ourensán, o concello de Manzaneda conta con diversos recursos de alto valor paisaxístico e natural. Comparte a estación de esquí de Manzaneda co concello da Pobra de Trives. No Souto de Rozavales está o castiñeiro de Pumbariños, de máis de 1000 anos de idade e 13,85 metros de perímetro. Está incluído no catálogo de árbores senlleiras.

A igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira é coñecida como a catedral das terras de Manzaneda, ou a catedral da montaña, pola súa gran maxestade. Así mesmo, a capital do concello destaca por ser unha vila medieval, da que se conservan numerosos vestixios do seu glorioso pasado.

O abano turístico complétase con rutas de sendeirismo, coñecidas popularmente como a ruta do Val Glaciar de Prada e a ruta dos Soutos de Cesurís. A primeira percorre a plataforma de abrasión dun glaciar que erosionou o val que percorre a ruta hai máis de 10.000 anos. Chega ata o núcleo abandonado de Prada, situado nunha paisaxe de gran beleza. A segunda ruta percorre os amplos soutos da parroquia de Cesuris.

Galería de imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Manzaneda

Cernado (Santa María) | Cesuris (Santa María) | Manzaneda (San Martiño) | Paradela (Santo Antonio) | Placín (Santiago) | Reigada (Santa María Madanela) | Requeixo (San Bartolomeu) | San Martiño de Manzaneda (San Martiño) | San Miguel de Bidueira (San Miguel) | Soutipedre (San Marcos)

Lugares de Manzaneda editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Manzaneda vexa: Lugares de Manzaneda.

Notas editar

  1. Lorenzo Gil, César (20/10/2015). "Manzaneda". Dúbidas de galego. Consultado o 3/07/2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.