Máximo Ramos

pintor galego
(Redirección desde «Máximo Ramos López»)

Máximo Ramos López, nado na Graña (daquela pertencente ao Concello de Serantes, hoxe ao de Ferrol) o 4 de setembro de 1880 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1944,[1][2][3][a] foi un debuxante, escenógrafo, muralista, publicista, ilustrador, gravador e pintor galego.

Infotaula de personaMáximo Ramos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1880 Editar o valor em Wikidata
A Graña, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante , escenógrafo , muralista , pintor , ilustrador , gravador , publicitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 46072 Tebeosfera: ramos_lopez_maximo

Traxectoria editar

Fillo de mariño, Máximo, orfo xa de mozo, non quixo seguir a profesión do pai. Colaborou en El Correo Gallego daquela inda en Ferrol. En 1907 trasladouse á Coruña. En 1910 emigrou a América, traballando de cartelista e escenógrafo, percorrendo México, Cuba (colaborando con Galicia Gráfica e Labor Gallega), os Estados Unidos, Guatemala e a Arxentina.[4]

De volta en España traballou para La Ilustración Española y Americana (da que foi director artístico en 1913), Diario Ferrolano, Prensa Española (Blanco y Negro e ABC), La Esfera, Nuevo Mundo, Flechas y Pelayos e Fotos. Publicou a novela Mientras llega la hora (Talleres Jesús López, Madrid, 1916), onde amosou a súas convicións ideolóxicas e aspiracións políticas revolucionarias con debuxos intensos e escritos breves que fixeron medrar a súa fama de anarquista.[5]

A súa obra está presente nas coleccións de institucións como, entre outras, a Deputación da Coruña,[6] o Museo de Pontevedra,[7] a Colección Afundación, o Museo Municipal Quiñones de León,[8] o Museo de Belas Artes da Coruña,[9] a Real Academia Galega[10] ou o Museo ABC.[11]

Recoñecementos editar

O Premio de Gravado Máximo Ramos, celebrado desde 1984,[12] así como unha rúa do Concello de Ferrol, levan o seu nome.[13]

 
Publicidade do libro de Picadillo: La cocina práctica, 1905.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Algunhas fontes (GEG, EGU, DBdG, DEGU…) indican, erradamente, que finou en 1949.
Referencias

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar