Lista de municipios de Bélxica con vieiras no escudo

artigo de listas da Wikimedia

Este artigo contén a lista dos escudos municipais con representación de vieiras en Bélxica.

Vieira na catedral de Tournai, Bélxica

Esta lista inclúe os brasóns oficiais municipais de Bélxica con representacións dunha ou varias vieiras (dúas especies de bivalvos moi relacionadas, ambas pertencentes ao xénero Pecten[1]). A cuncha fai referencia a Santiago, por iso a tamén é coñecida como o símbolo dos peregrinos, especialmente da peregrinación do Camiño de Santiago. Os peregrinos da Idade Media utilizaban a vieira para sacar auga dos ríos e fontes; un costume estendido era o de continuar até ao Cabo Fisterra ou outras vilas costeiras para recoller unha vieira do mar. Levada como sinal de peregrinación na banda do sombreiro ou no cinto, a cuncha era máis que un recordo, ao regresar a casa era garantía do respecto pola viaxe feita.[2]

Rexión flamenga editar

Rexión flamenga
  Localización de Flandres en Bélxica
Flandres, tamén coñecida como Rexión Flamenga é unha das tres rexións do reino de Bélxica. Atópase na parte norte e é o fogar da gran maioría dos belgas de fala neerlandesa que se chaman flamengos.
  Berlare
  Bertem
No escudo de armas acuartelado de ouro e azul no primeiro campo unha cruz vermella de Sautor e un pentafolio vermello con centro azul no cuarto campo. O segundo panel mostra un chevrón dourado acompañado de tres peras douradas e colocado fronte a tres cunchas (2:1) no terceiro campo.[3]
  Heusden Zolder
  Jabbeke
  Kapellen (Antuerpen), ver [1]
  Knokke-Heist
  Leisele
  Lissewege
  Lovedegem
  ... con adornos

Rexión valoa editar

Rexión valoa
  Localización de Valonia en Bélxica
A Rexión Valoa é unha das tres rexións de Bélxica. A poboación é predominantemente francófona nativa, con falantes de alemán no extremo leste. A capital é Namur. Xeograficamente, Valonia abrangue a metade sur de Bélxica.
  Beyne-Heusay
  Brunehaut
  Lasne
  Ottignies-Louvain-la-Neuve
Os catro distritos están representados no cuarto signo. O primeiro campo en ouro está dividido por unha banda azul (familia de Spangen) e representa a Ottignies e Mousty. O segundo mostra o brasón da familia Colopma en azul acompañado dunha banda de ouro acompañada de dúas pombas de prata divididas oblicuamente con oito Taus no bordo dourado e representa a Céroux. O terceiro, de cor azul, mostra unha cruz de ouro e catro cunchas de ouro; é o escudo de Anne-Josèphe de la Croix, abadesa de Florival 1733-1749, e estaba situado no muro dunha granxa no que hoxe é Louvain-la-Neuve. O cuarto en ouro mostra tres toques vermellos para a cal. O escudo da cidade engadiuse no século XVIII. Oficializado en decembro de 1991.
  Rouvrey
  Trois Ponts
  Vaux-sur-Sûre

Notas editar

  1. Rey, Manuel (2018-09-13). "A vieira xacobea non é a galega: é a mediterránea". GCiencia. Consultado o 2022-04-16. 
  2. Heras, Ignacio Iñarrea Las (2021-11-16). "El vakner del peregrino armenio Mártir (siglo XV): una perspectiva sobre la presencia de la fauna jacobea en la literatura francesa". Revista de Filología Románica (en castelán) 38: 159–179. ISSN 1988-2815. doi:10.5209/rfrm.78814. 
  3. Descricióndo escudo na páxina web do concello de Bertem (ndl.); consultado o 20 de maio de 2017

Véxase tamén editar

Artigo principal: Lista de escudos coa vieira.

Outros artigos editar