Chevrón

Un chevrón, é un símbolo usado na heráldica e que ten a forma dun compás. Habitualmente o vértice superior deste compás acostuma situarse no centro do escudo, aínda que en certas disposicións desprázase ata o seu bordo superior. As súas patas apóianse nos vértices inferiores do rectángulo no que o escudo se inscribe. O seu significado era o de protección ou de inspiradores de aqueles que fan grandes obras pola fe.

Chevrón insertado nun escudo, co seu ápice coincidindo co bordo superior deste

Xa sexa na súa representación orixinal ou invertida, é un símbolo moi utilizado para a distinción de rangos militares.