Lista de composicións de Eugenia Osterberger

A obra de Eugenia Osterberger, en boa parte descoñecida, foi publicada pola editorial de Canuto Berea na Coruña (editando obras puramente instrumentais), F. Laurens en París e as editoriais de Benito Zozaya e Casa Dotesio en Madrid. As poucas obras coñecidas da compositora compostelá inclúen obras para piano só e cancións de salón para voz e piano.[1][2] A seguinte lista presenta todas as composicións descubertas ata 2017 da compositora galega segundo o seu xénero.

Detalle da portada de Insinuante.

Localización das partituras editar

A obra de Eugenia Osterberger encóntrase distribuída en diversos arquivos e bibliotecas en España e Francia:[3]

Lista de obras editar

Obra para piano editar

 
Portada de Le Rouet de Grand'maman (Fileuse) (1904).

As súas obras para piano só escritas na súa etapa coruñesa están destinadas ao consumo doméstico, isto é, son obras abordables por intérpretes diletantes ou afeccionados, nas que se incluirían pezas líricas e danzas populares, así como pezas de carácter (nocturnos, baladas, impromptus, berceuses...).[4]

Osterberger compuxo canto menos tres valses: Lucia (valse de salón), Les Hirondelles (valse de salón) e Insinuante (valse lento). Os tres comezan cunha introdución lenta que dá paso ao valse, mais no primeiro a compositora opta por darlle variedade rítmica, en Les Hirondelles realza o aspecto melódico, mentres que con Insinuante se inclina por un valse-boston, o que demostra o coñecemento que tiña Eugenia Osterberger das modas.[5]

Na obra Le Rouet de Grand'maman (Fileuse) Op. 148, pode apreciarse a influencia de dúas obras moi populares no século XIX: o lied de Franz Schubert Gretchen am Spinnrade e a romanza sen palabras de Felix Mendelssohn La fileuse. Do mesmo xeito que nesas dúas pezas, na fileuse de Osterberger o acompañamento en corcheas da man esquerda representa o xiro e movemento continuo da roca, por outra banda, o ostinato da primeira nota grave sostida en cada compás convértese no pedal da roca e impulsor do movemento.[6] A influencia dos grandes compositores románticos tamén pode apreciarse na súa Méditation (Nocturne), na que Osterberger escolle un acompañamento homofónico para relsaltar a melodía, como fixera Frédéric Chopin.[7]

Hai contancia de que a súa Pavana Louis XIII, orixinal para piano só, foi arranxada para banda e que foi unha das súas obras máis interpretadas precisamente nesa versión, aínda que se descoñece se a orquestración para banda foi feita pola propia compositora ou por Ricardo Quiroga, director da Banda do Rexemento de Isabel a Católica, que interpretou a peza en público canto menos en dúas ocasións en 1907.[5]

Da súa etapa francesa só se recuperaron ata 2017 dúas composicións: Zingha-Bandi, danse hindoue pour piano e Mignardises e Danse Jacquelinette, se ben Mignardises foi escrita para clavicémbalo.[8][a]

Título Xénero Editorial Lugar de/publicación Publicación/
composición
Páxinas Copias Lugar de
composición
Outros
Méditation Nocturno Edición propia 5 e portada CAL A Coruña Adicada a Eveline Walker.
1ère Polonaise, Op. 78 Polonesa F. Laurens París 1897-98 4 e portada BMEL, CAL, BNF A Coruña Adicada a Dolores González de Álvarez.
Scherzo Scherzo Manuscrito 6 BMEL A Coruña Adicada ao seu fillo Georges (Jorge).
Les Hirondelles Valse de Salon Edición propia 5 e portada ADC A Coruña Adicada a A. Gaitet.
Pavana Louis XIII, Op. 93 Pavana Canuto Berea A Coruña ca. 1904 4 ADC A Coruña Adicada a Dolores López Pardo Morillo. Localizáronse 33 exmplares no Fondo Berea da Deputación da Coruña.
Insinuante Valse lento Canuto Berea A Coruña ca. 1904 6 e portada ADC, RAGBANSR A Coruña Na súa portada pode verse a que posiblemente é a única fotografía da compositora coñecida ata a data.
Le Rouet de Grand'Maman (Fileuse), Op. 148 Fileuse[b] Canuto Berea A Coruña ca. 1904 7 e portada ADC A Coruña Adicada a Alice Granier.
Lucía Wals de salón Edición propia 8 e portada ADC A Coruña Adicada a Lucía Rodríguez
Danza morisca Danza morisca Edición propia 4 e portada RAGBANSR A Coruña A litografía da portada está asinada por J. Osterberger, o pai dacompositora. Na portada aparece escrito a man o nome dun dos propietarios, "L. Marchesi".
Recuerdo (dolce Rimembranza) Melodía Manuscrito 3 RAGBANSR A Coruña O subtítulo da obra indica, en lingua francesa "melodía de Francisco Pillado arranxada e orquestrada por E. Saunier coa autorización do autor".
Zingha-Bandi Danza hindú 1923 3 BNF Niza
Mignardises ("Danse Jacquelinette") Pièce 1917-1923 2 BNF, BMEL Niza Colección de pezas breves orixinal para clavicémbalo.

Obra vocal editar

Na produción vocal de Eugenia Osterberger, a compositora amosa a súa preferencia por unha poesía lírica e intimista, moi na liña do gusto das personalidades da literatura do Romanticismo.[9] Polo que respecta á estrutura destas composicións, adoitan alternar preludio-sección vocal- interludio-sección vocal- interludio-sección vocal-postludio.[10]

Composicións italianas e francesas

A obra vocal de Eugenia Osterberger consta fundamentalmente de melodías galegas, se ben tamén hai dúas composicións italianas e cancións francesas. Na súa etapa coruñesa só hai dúas composicións vocais que non corresponden ao xénero da melodía galega, senón a composicións italianas: M'ami dicesti, Op. 158 e Ove sei? A primeira delas é unha aria na liña das arias operísticas do século XIX, mentres que a segunda non indica xénero, senón que segue a tradición da canción italiana derivada de autores como Paolo Tosti e que tamén se denominaría "canción de salón".[11]

As súas cancións francesas incúen Les Roses de Saadi (París, 1922), Solitude, mélodie romantique (París, 1923), Amour est mort! (París, 1922) e Simple Histoire (París, 1922).[12] En Les Roses de Saadi presenta unha linguaxe harmónica máis avanzada que a das súas composicións coruñesas.[10] Amour est mort! está inspirada nun poema de André Rastier, marido da súa filla Rosina, e salienta o feito de que cada vez que a voz di "Amour est mort!" faino cunha entoación distinta.[13] Simple Histoire está adicada á súa filla Rosina e está encadrada no xénero da mélodie, aínda que podería encadrarse no do romance polo seu marcado carácter narrativo como pola preponderancia do texto e o canto sobre o acompañamento.[13]

Melodías galegas
Véxase tamén: Melodía galega.

O xénero da melodía galega, cuxos precedentes serían o lied alemán e a mélodie francesa,[14] chegou a ter tanta repercusión e prestixio que os contemporáneos de Eugenia Osterberger deben boa parte da súa fama a este xénero.[15] Eugenia Osterberger non foi unha excepción e compuxo un número significativo de pezas neste xénero, aínda que se ben Canuto Berea era o principal editor destas composicións nunca chegou a editar ningunha melodía galega da compositora compostelá.[16] En 2017 recuperáranse un total de catro melodías galegas máis outras catro recollidas nas súas Cántigas y Melodías Gallegas xunto con outras catro coplas populares ás que poría música nese caderno.[17][18]

En xeral, as melodías galegas de Osterberger presentan un acompañamento sinxelo, que no caso de Ausencia. Melodía gallega por exemplo, actúa a modo de bordón.[19] É frecuente o emprego do compás de 6/8, presente por exemplo en Ausencia. Melodía gallega, en ¡Adiós Galicia! ou en Neve. Unha estrutura rítmica recorrente é o acompañamento co típico ritmo galego de corchea con punto-semicorchea-corchea, que pode verse tanto en ¡Adiós Galicia! (se ben a parte central cambia a 3/4) como en Neve.[18] En Cántigas y Melodías Gallegas preséntase sempre un preludio pianístico no que a compositora procura unha sonoridade asociada á música galega como roncóns de gaita, pequenos aturuxos ou xiros melódicos tradicionais.[18] Esta idea do preludio pianístico pode verse tamén en Neve, neste caso a modo de cantinela, que nos traslada a austeridade da peza.[20]

Como mostra da importancia deste xénero cabe salientar que o 14 de novembro de 1899 o xornal El País informou da publicación de ¡Adiós Galicia!:[21]

"Adiós a Galicia".- A inspirada compositora Dna E. Saunier, acaba de publicar unha melodía titulada "Adiós Galicia".
Os que coñecen a nova produción da notable artista fan grandes eloxios dela, o cal non é de estrañar tratándose da Sra. Saunier tan vantaxosamente coñecida en España.
A obra está editada con luxo pola casa Zozaya.

— Tradución do orixinal.

A melodía galega ¡Adiós Galicia!, con letra do médico e poeta masidao Manuel Lois Vázquez, é hoxe o himno do concello ourensán de Maside.[21]

Título Texto Xénero Editorial Lugar de
publicación
Publicación/
composición
Páxinas Copias Lugar de
composición
Outros
Ausencia Carlos Vaamonde Melodía galega Manuscrito 2 RAG A Coruña
¡Adiós a Galicia! Lois Vázquez Melodía galega Casa Zozaya Madrid[22] 1899/antes de 1896 6 e portada Colección privada A Coruña Esta obra foi adoptada como himno de Maside, Ourense.
Falas de nai Marqués de Figueroa Melodía galega Casa Dotesio Madrid[23] 1913 3 e portada AHUME, BNE, RCSMM A Coruña Adicada a Dora Castillo.[c]
Ove sei? Giosué carducci Non se indica[d] Edición propia 6 e portada CAL A Coruña Adicada a Elisa Ray.
M'ami Dicesti, Op. 158 Achille de Lauzières Aria Manuscrito 4 RAGBANSR A Coruña Na primeira páxina do manuscrito figura a sinatura do propietario, Carlos Martínez Barbeito.
Cántigas e Melodías galegas Populares[e] 4 cántigas
4 melodías galegas
Sen editorial A Coruña[f] 1907 14 e portada BMEL, BFB A Coruña As cántigas son:
  • Amorosas
  • Burlescos
  • Casamento
  • Consellos

As melodías galegas son:

  • Tristeiras
  • Desaires
  • Despedidas
  • Desprecios
Neve Filomena Dato Melodía galega Manuscrito Probablemente despois de 1891.[g] 3 ADC A Coruña
T'Amo José Zorrilla Romance Edición propia 15 de abril de 1886 6 e portada BCL A Coruña Adicada a Mme. de Servoules.

Trátase dunha composición bilingüe castelán-francés

Les Roses de Saadi Marceline Desbordes-Valmore Mélodie Imprimerie française de musique París 1922 4 BNF Niza Adicada á súa filla Rosine
La Solitude Alfred de Musset Mélodie París 1923 3 BNF Niza
Amour est mort! André Rastier Mélodie Imprimerie française de musique París 1922 4 BNF Niza
Simple Histoire André Rastier Mélodie Imprimerie française de musique París 1922 4 BNF Niza Adicada á súa filla Rosina, xa Mme Rastier.

Obra camerística editar

En 2017 tan só se localizara unha obra camerística de Eugenia Osterberger, a Mélodie Espagnole (Sentimentale), escrita para violonchelo e piano. Con todo, é probable que a súa produción camerística sexa maior, xa que na súa correspondencia con Canuto Berea dende Betanzos hai alusións a outras obras que serían enviadas para que o compositor e empresario dese a súa opinión:[24]

En canto estean listas unha Sonata, un impromptu e un terceto, da miña composición, penso mandar a V. unha proba de manuscrito contando sobre a súa indulxencia, e desexando o seu parecer.

— Tradución do orixinal.

Porén, ningunha destas tres composicións foi encontrada.[24]

Polo que respecta á Mélodie Espagnole (Sentimentale), trátase dunha composición breve (catro páxinas a parte de piano e unha a de violonchelo) escrita na cidade da Coruña en 1890[h] e que posiblemente foi editada pola propia compositora, xa que nela non figura ningunha editorial. Está adicada a M. Tondu,[24] posiblemente un editor francés que iniciara a súa actividade en 1854,[25] e que en 1853 escribira un método de transposición que Eugenia puido coñecer durante os seus anos de formación en Francia.[24]

Notas editar

  1. O clavicémbalo experimentara un rexurdimento dende a presentación de novos modelos na Exposición Internacional de París de 1889 que ofrecían maiores posibilidades sonoras que os clavicémbalos barrocos e que posibilitaron que intérpretes como a polonesa Wanda Landowska o converteran nun instrumento de concerto.[8]
  2. Peza característica para piano.
  3. Irmá da célebre pianista coruñesa Pilar Castillo.
  4. Aínda que esta composición non indica xénero, segue a tradición dacanción italiana , tamén denominada canción de salón, da Belle Époque.
  5. Recompiladas por José Pérez Ballesteros.
  6. A litografía foi realizada por M. Roel na Coruña.
  7. O poemario Follatos de Filomena Dato, onde se inclúe o poema, foi publicado en 1891, polo que a publicación da obra sería posterior á publicación, con todo, era unha práctica habitual que as personalidades da poesía deran a coñecer os seus poemas en revistas ou xornais antes de publicalos en libros, polo que a concepción da obra podería ser anterior.
  8. Na primeira páxina indícase "La Corogne, 1890".[24]
Referencias
  1. Andrade Malde, Julio (24 de abril de 2014). "Eugenia Osterberger: recuperar la memoria histórica" (en castelán). mundoclasico.com. Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 
  2. Ramón G. Balado (17 de xuño de 2014). "Eugenia Osterberger". El Ideal Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 
  3. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 55.
  4. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 58-59.
  5. 5,0 5,1 López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 61.
  6. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 64.
  7. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 66.
  8. 8,0 8,1 López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 93.
  9. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 88.
  10. 10,0 10,1 López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 89.
  11. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 71.
  12. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 94.
  13. 13,0 13,1 López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 91.
  14. Alén, María Pilar (2008). "El tema de la emigración en loscompositores gallegos (ca. 1880-1920)" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (31): 377. 
  15. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 72.
  16. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 73.
  17. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 57.
  18. 18,0 18,1 18,2 López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 78.
  19. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 76.
  20. López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 80.
  21. 21,0 21,1 López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 77.
  22. "Zozaya, Benito (1844-1904)" (en castelán). Biblioteca Nacional de España. Consultado o 27 de fereiro de 2018. 
  23. "CASA DOTESIO, SOCIEDAD ANÓNIMA" (en castelán). ERESBIL. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 López-Suevos Hernández & Martínez Martínez 2017, p. 67-68.
  25. Devriès, Anik; Lesure, François (1988). Dictionnaire des éditeurs de musique français: De 1820 a 1914 (en francés) 2. Xenebra: Éditions Minkoff. p. 413. ISBN 9782826604532. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • López-Suevos Hernández, Beatriz; Martínez Martínez, María del Rosario (2017). Eugenia Osterberger. A compositora galega da Belle Époque (1852-1932). Ourense: Ouvirmos. ISBN 978-84-944008-6-5.