Manuel Lois Vázquez
médico, xornalista e escritor galego
Manuel Nolaso Lois Vázquez, nado en Maside o 29 de xaneiro de 1868 e finado no mesmo concello o 29 de xuño de 1899, foi un médico, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1868 ![]() Maside, España ![]() |
Morte | 29 de xuño de 1899 ![]() Maside, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, médico, escritor ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou no Colexio-Seminario Menor de Nosa Señora dos Milagres e despois fixo o bacharelato no Instituto de Ourense, rematando en 1883. Cursou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid, licenciándose na de Compostela en 1896. Desde outubro de 1896 exerceu como médico municipal en Maside. Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela, A Tía Catuxa O Galiciano, A Monteira, Álbum Literario e El Eco de Galicia. Asinou algunhas das súas composicións co pseudónimo Mefistófeles e outras cos anagramas Leunam Siol e Nunelasoli.
Obras
editar- Ensayos literarios. Suspiros del corazón, 1886.
- Don Diego López Pindo, 1886.
- Brisas gallegas, 1890.
- Horas perdidas, 1899.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Monteagudo, Teresa (1997). "Noticias acerca de Manuel Lois Vázquez e a súa obra" (PDF). Boletín Galego de Literatura (17): 99–107. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013.
- Monteagudo, Teresa (1997). "Manuel Lois Vázquez e os seus pseudónimos" (PDF). Boletín Galego de Literatura (18): 131–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013.
- Rodríguez Pérez, Xosé Ricardo (1999). Deputación Provincial, ed. A agochada obra de Manuel Lois Vázquez (1889-1899). Ourense. ISBN 84-87575-77-3.