Abrir o menú principal

O Marquesado de Figueroa[1] é un titulo nobiliario español outorgado polo Rei Carlos II de España o 10 de outubro de 1679. O primeiro titular foi Baltasar Pardo de Figueroa Soutomaior, II Marqués da Atalaia, Cabaleiro da Armada e gobernador xeneral de Tucumán. Recibe ese nome por seren propietarios da Torre de Figueroa, na parroquia de Figueroa, en Abegondo.

Marquesado de Figueroa
Escudo del Marquesado de Figueroa.png
Primeiro titularBaltasar Pardo de Figueroa y Sotomayor (Antes concedido ao seu pai, Baltasar Pardo de Figueroa y Guevara, por Real Decreto do 6 de maio de 1675)
ConcesiónCarlos II
10 de outubro de 1679
Liñaxes• Pardo de Figueroa (con varonía Pardo de Cela e entronque Figueroa, por onde lles tocaba a Torre de Figueroa)

• Caamaño (casa de Romelle)

• Losada (señores de Friol e Pol)

• Armada (liña menor da casa de Rivadulla)

• Gil de Araujo (casa-torre de Barro)

Actual titularJuan Gil de Araujo y González de Careaga (XIV marqués desde 1982)
Panorámica da Torre de Figueroa desde o Casal, Figueroa.

Marqueses de FigueroaEditar

Titular Período Datos
Creación por Carlos II de España
I Baltasar Pardo de Figueroa Soutomaior 1679-16? Fillo de Baltasar Pardo de Figueroa e Lupidana (señor de Cela e Figueroa, Capitán de Galeras e Gobernador da Provincia de Tucumán) e de Juana de Soutomaior. Sucedeu tamén o seu irmán como II Marqués da Atalaia. Casou coa súa curmá Juana Pardo de Figueroa Prada. Sucedeuno o seu fillo. Herdaría as torres de Cela e Figueroa.
II Juan José Pardo de Figueroa 16?-1733 Tamén III Marqués da Atalaia, casou con Ana Gregoria Duque de Estrada. Sucedeuno o seu fillo.
III Baltasar Manuel Pardo de Figueroa y Duque de Estrada 1733-1786 Duque de Estrada, casado con Ana Jacoba Valladares, IV Vizcondesa de Fefiñáns. Sucedeuno o seu fillo.
IV Francisco Javier Pardo de Figueroa Valladares 1786-17? V Marqués da Atalaia e V Vizconde de Fefiñáns. Casou con María Josefa Sarmiento de Soutomaior e sucedeuno o seu fillo.
V Baltasar Pardo de Figueroa y Sarmiento 17?-1808 En 1785 herdou o Condado de Maceda, con Grandeza de España. Faleceu solteiro na Batalla de Medina de Rioseco á fronte do rexemento de Zaragoza e que lideraba. Sucedeuno en todos os seus títulos a súa irmá, malia ter dous fillos naturais.
VI Ramona Pardo de Figueroa y Sarmiento 1808-1838 Casada con Juan José Caamaño y Pardo, señor de Romelle e Reboráns, Xentilhome da Cámara do Rei. Sucedeuna en todos os seus títulos a súa filla.
VII Juana Pardo de Figueroa y Caamaño 1838-1843 Casada con Antonio Ramírez de Haro, Conde de Bornos, Grande de España. Non tiveron fillos e sucedeunos o seu curmán por parte materna.
VIII Francisco Javier de Losada y Pardo de Figueroa 1843-1847 Casado con Luisa Miranda Sebastián, VI Condesa de San Román e V Marquesa de Santa María del Villar. Sucedeuno o seu fillo primoxénito.
IX José de Losada y Miranda 1847-1857 XII Conde de Maceda, IX Marqués da Atalaia, VII Conde de San Román, VI Marqués de Santa María del Villar e IX Vizconde de Fefiñáns. Morreu solteiro, e sucedeuno o seu irmán.
X Baltasar de Losada y Miranda 1857-1858 Casou con María Luisa de Torres y Barrenechea. En 1858 Distribuíu entre as súas irmáns os títulos do Marqués de Figueroa, Marqués da Atalaia e o Marquesado de Santa María del Villar. Sucedeuno a súa irmá.
XI María Ramona de Losada y Miranda 1858-1880 Casada con Juan Armada Valdés. Sucedeuna o seu fillo.
XII Juan Armada Losada 1880-1932 Ministro en varios Gobernos. Casou con María Balbanera Izquierdo y Zárate, mais non tiveron descendencia. Sucedeuno o seu sobriño, fillo da súa irmá Joaquina, que estaba casada con Miguel Gil de Araujo Casares.
XIII Juan Gil de Araujo Armada 1935-1982 Alcalde de Santiago de Compostela, casou con Pilar González de Careaga Fontecha. Sucedeuno o seu fillo.
XIV Juan Gil de Araujo González de Careaga 1982-actual titular Casado con María Victoria de Simón. Actual Marqués de Figueroa.

NotasEditar

  1. Bugallal y Vela, Jaime: Artigo "Figueroa, Marquesado de" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto Salazar y Castro, CSIC.

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.