Latimeríidos

(Redirección desde «Latimeriidae»)
Artigo principal: Actinistios.
Latimeríidos
Latimeriidae
Celacantos propiamente ditos

Latimeria chalumnae
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Sarcopterygii
Subclase: Coelacanthimorpha
Orde: Coelacanthiformes
Familia: Latimeriidae
Berg, 1940 [2]
Sinonimia
  • Coelacanthidae Agassiz, 1843 [3]

A dos latimeríidos (Latimeriidae) é unha familia de peixes osteíctios da superclase dos sarcopterixios e orde dos celacantiformes, única da subclase dos actinistios que comprende numerosas especies fósiles e tan só dúas viventes do xénero Latimeria, coñecidos na bibliografía internacional como celacantos.[4][5][6][7]

Latimeria chalumnae.

Estes peixes á penas evolucionaron desde hai 350 milóns de anos e se asemellan a antepasados acuáticos dos vertebrados terrestres.

Teñen unha vexiga natatoria non funcional, chea de graxa, que pode ser un vestixio dun pulmón ancestral, e frecuentemente se lles deu o nome de fósiles viventes ou de elo perdido.

Características editar

Teñen un corpo robusto, cuberto de escamas grandes, óseas imbricadas; a parte externa de cada escama está armnada con tubérculos duros con aspecto de dentes. A segunda aleta dorsal, a anal e as aletas pares son lobuladas, proxectado o corpo en pedúnculos musculares que conteñen unha serie de elementos esqueléticos cartilaxinosos; a aleta caudal é arredondada, cunha pequena proxección no centro cos raios articulados directamente ao extremo da notocorda. A primeira aleta dorsal aparece despregada en abano, sustentada por 8 raios óseos espiñentos.[8]

Case todo o esqueleto é cartilaxinoso; as vértebras son rudimentarias, e a medula espiñal está apoiada nunha grande notocorda, oca e de paredes grosas (precursor embrionario dos discos vertebrais de moitos peixes e outros vertebrados) que está chea de líquido. As espiñas neurais e hemais están osificadas e unidas directamente á notocorda. Non teñen costelas.
A vexiga natatoria está ben desenvolvida, estendéndose por toda a lonxitude da cavidade abdominal, e está chea de graxa.[8]

Bioloxía editar

Os latimeriidos son ovovivíparos; as femias poñen de 19 a 59 ovos e unhas 5 crías vivas. Os ovos poden alcanzar un diámetro de 9 cm. No oviduto os xuvenís poden chegar a uns 33 cm de lonxitude total. Os adultos teñen unha lonxitude máxima de 1,8 m.
Viven en costas rochosas escarpadas, agochados en covas durante o día (a miúdo en grupos) e alimentándose, por separado, de peixes e cefalópodos, sobre substratos abertos, pola noite, a profundidades de entre os 180 e os 220 m, en augas a temperaturas de entre 16 e 23 °C.
Son lonxevos e de crecemento lento. Os seus principais inimigos aadoitan seren tiburóns grandes.[8]

Distribución editar

Latimeria chalumnae distribuése nas augas costeiras de Suráfrica, Mozambique, Madagascar e as Comores. Recentemente descubriuse unha segunda especie, Latimeria menadoensis, en Indonesia.[8]

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1940 polo xeógrafo e biólogo soviético Lev Semiónovich Berg.[2]

Etimoloxía editar

O nome Latimeriidae fórmase, como é habitual, sobre a raíz do nome do xénero tipo, neste caso Latimeria, engadíndolle a desinencia do latín científico -idae, propia dos nomes de familias de animais.

En canto Latimeria, deriva de miss Marjorie Courtenay-Latimer (1907–2004), traballadora no East London Museum, de East London, provicia do Cabo Oriental, Suráfrica, que, en 1938, chamou a atención de todo o mundo polo descubrimento do celacanto, peixe que se cría extinguido desde hai 65 millóns de anos.[9]

Clasificación editar

 
Latimeria menadoensis.

Familia Latimeriidae Berg, 1940

Galería de latimeríidos extintos editar

Notas editar

  1. Especies do xénero Latimeria na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
  2. 2,0 2,1 Latimeriidae no WoRMS.
  3. Coelacanthidae no WoRMS.
  4. Dicionario de galego Ir Indo, (2004): celacanto s m ANIMAL/ICT Peixe do xénero Latimeria, da subclase dos sarcopterixios que presenta ollos grandes, mandíbulas con gran capacidade de apertura, aleta caudal dificerca, unha liña lateral moi desenvolvida e un órgano sensorial no fociño que lles serve para moverse na escuridade e para capturar presas.
  5. Gran dicionario Xerais da lingua, (2009): celacanto. s. m. Peixe crosoptrerixio da orde dos celacantiformes (Latimeria chalumnae), que posúe unha articulación intracranial.
  6. Celacanto Arquivado 05 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en Galnet - WordNet 3.0 do Galego, sli.uvigo.gal
  7. Celacanto Arquivado 09 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en dbpedia.org, sli.uvigo.gal
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Coelacanthiformes. Latimeriidae en FishBase.
  9. Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid, non publicado.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm.. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 978-0-940228-47-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar