Sarcopterixios
Sarcopterixios Sarcopterygii Peixes de aletas carnosas Rango fósil: silúrico - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Latimeria chalumnae | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subclases [2] | |||||||||||||||||
A dos sarcopterixios (Sarcopterygii), é unha clase,[3] ou superclase, segundo os autores,[1] de vertebrados gnatostomados que comprende unhas poucas especies actuais de peixes óseos coñecidos na bibliografía internacional como peixes de aletas carnosas ou peixes de aletas lobuladas.
Características editar
Os peixes sarcopterixios posúen esqueleto óseo, teñen mandíbulas e dentes con esmalte. A pel está recuberta por escamas que, nas especies extintas, posuían unha capa de cosmina na superficie. Nas especies actuais a aleta caudal é dificerca: a columna vertebral chega ata o extremo da cola e a membrana desenvólvese simetricamente cara a arriba e cara a abaixo. As aletas son pares e posúen unha única peza esquelética basal, con raios dermais curtos.
As branquias están sostidas por arcos branquiais. O corazón ten un seo venoso, un cono arterioso e dous atrios, e presenta división parcial do ventrículo. A circulación presenta dous circuítos, pulmonar e sistémico, diferenciados. Os pulmóns utilízanse para respirar no caso dos dipnoos, pero non no caso do celacanto, no que cumpre a función dun órgano de flotación. O sistema nervioso posúe cerebro, cerebelo e lobos ópticos diferenciados.
Taxonomía editar
Descrición editar
A clase dos sarcopterixios foi descrita en 1955 (como superclase) polo paleontolólogo e zoólogo estadounidense Alfred Sherwood Romer, no seu traballo "Herpetichthyes, Amphibioidei, Choanichthyes or Sarcopterygii?". Nature 176: 126.[1]
Etimoloxía editar
O termo Sarcopterygii está formado polo elemento do latín científico sarco-, tirado do grego antigo σάρξ σαρκός sárx, sarkós, "carne", e a palabra grega πτέρυξ πτέρ υγος ptéryx, ptérygos "aleta", coa adición da desinencia -ii, indicando plural. Literalmente: "os de aletas de carne", aludindo á súa principal catacterística.
Clasificación editar
O carácter distintivo de posuíren aletas pares carnosas e lobuladas, que lembra as extremidades de tipo quiridio dos primeiros anfibios, e proba que os vertebrados terrestres descenden dos antigos peixes sarcopterixios. Esta relación de descendencia obriga, na sistemática cladística, a incluír os tetrápodos dentro dos Sarcopterygii, formando con eles un taxon monofilético (véxase filoxenia máis abaixo).
Na clasificación taxonómica clásica, a clase dos Sarcopterygii comprende tres subclases:
- Subclase Coelacanthimorpha, con diversos xéneros fósiles, sobre todo do Devoniano e o Carbonífero, e un único xénero actual, Latimeria (os celacantos).
- Subclase Dipnoi, ou peixes pulmonados, así denominados porque posúen pulmóns funcionais, derivados da vexiga natatoria, así como orificios nasais abertos ó exterior. Isto permítelles respiraren aire na superficie da auga sen recorrer á boca.
- Subclase Tetrapodomorpha, sarcopterixios extintos do Devoniano con diversos caracteres dos tetrápodos. As formas primitivas tiñan unha aparencia intermedia entre os peixes e os anfibios.
Clasificación segundo o SIIT editar
Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT), a clase comprende as seguintes ordes:[4]
Clase Sarcopterygii
- Subclase Coelacanthimorpha
- Orde Coelacanthiformes
- Suclase Dipnoi
- Superorde Ceratodontimorpha
- Orde Ceratodontiformes
- Orde Lepidosireniformes
- Superorde Ceratodontimorpha
Especies actuais editar
Na actualidade só sobreviven as seguintes especies de sarcopterixios:[5]
- Orde Coelacanthiformes
- Familia Latimeriidae
Panderichthys, coloniza baixos lamnacentos. Tiktaalik, con aletas semellantes a patas que podían arrastralo ata terra.
Primeiros tetrápodos, en zonas pantanosas colmatadas por vexetación: Acanthostega, con patas de oito dedos. Ichthyostega con patas. Entre os descendentes cóntanse tamén formas peláxicas como os celacantos.
- Orde Lepidosireniformes
Filoxenia editar
As relacións filoxenéticas dos sarcopterigios son as seguintes:[6][7]
Sarcopterygii |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sarcopterygii Romer, 1955 en Fossilworks.
- ↑ Clasificación tradicional.
- ↑ Sarcopterygii no WoRMS.
- ↑ Sarcopterygii no SIIT.
- ↑ Especies viventes de Sarcopoterygii na Lista vermella da UICN.
- ↑ Tree of Life - Sarcopterygii
- ↑ Mikko's Phylogeny Archive - Sarcopterygii
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sarcopterixios |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sarcopterixios |
Bibliografía editar
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm.. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 978-0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, NY, EUA: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-25031-7.