Alfred Romer
Alfred Sherwood Romer, nado o 28 de decembro de 1894 en White Plains, Nova York e finado o 5 de novembro de 1973, foi un paleontólogo e anatomista estadounidense especializado na evolución dos vertebrados.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1894 White Plains, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 5 de novembro de 1973 (78 anos) |
Director de museo | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Columbia Amherst College |
Actividade | |
Ocupación | vertebrate paleontologist (en) , profesor universitario, zoólogo |
Empregador | Universidade Harvard Universidade de Chicago |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Robert L. Carroll (pt) e Fritiof Fryxell (pt) |
Abreviatura do autor en zooloxía | Romer |
Familia | |
Cónxuxe | Ruth Hibbard Romer |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Romer, Alfred Sherwood, 1894-1973, |
Traxectoria
editarAlfred Romer estudou no Amherst College de Amherst, Massachusetts, onde obtivo con honores o grao de Bachelor of Science, e despois na Universidade de Columbia, onde se graduou en bioloxía e obtivo o grao de doutor en zooloxía en 1921.
En 1923 Romer incorporouse ao departamento de xeoloxía e paleontoloxía da Universidade de Chicago como profesor adxunto e investigador. As súas colección achegaron importantes espécimes do paleozoico ao Museo Walker de Paleontoloxía.
En 1934 foi nomeado profesor de bioloxía da Universidade Harvard. E en 1946 foi tamén nomeado director do Museo de Anatomía Comparada de Harvard.
Romer foi un entusiasta investigador da evolución dos vertebrados. Comparando datos de paleontoloxía, anatomía comparada e embrioloxía, desentrañou os cambios básicos estruturais e funcionais que ocorreron durante a evolución dos peixes cara aos primeiros tetrápodos.
Libros
editar- Romer, A. S. (1933): Vertebrate Paleontology. University of Chicago Press, Chicago. (2ª ed. 1945; 3ª ed. 1966).
- Romer, A. S. (1933): Man and the Vertebrates. University of Chicago Press, Chicago. (2ª ed. 1937; 3ª ed. 1941; 4ª ed. retitulada The Vertebrate Story, 1949).
- Romer, A. S. (1949): The Vertebrate Body. W. B. Saunders, Philadelphia. (2ª ed. 1955; 3ª ed. 1962; 4ª ed. 1970).
- Romer, A. S. (1949): The Vertebrate Story. University of Chicago Press, Chicago (4ª ed. de Man and the Vertebrates).
- Romer, A. S. (1956): Osteology of the Reptiles. University of Chicago Press, Chicago.
- Romer, A. S. (1968): Notes and Comments on Vertebrate Paleontology. University of Chicago Press, Chicago.
- Romer, A. S. & T. S. Parsons (1977): The Vertebrate Body. 5ª ed. Saunders, Philadelphia. (6ª ed. 1985).
Abreviatura
editarA abreviatura Romer emprégase para recoñecer a Alfred Romer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Honores
editar- En xullo de 2007, Irmis et al. denominaron a unha especie de arcosaurio dinosauromorfo como Dromomeron romeri na súa honra.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía sucinta (en inglés)