Latimeria menadoensis

Latimeria menadoensis
Celacanto indonesio

Latimeria menadoensis
no Parque da Vida Mariña de Toquio
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Sarcopterygii
Subclase: Coelacanthimorpha
Orde: Coelacanthiformes'
Familia: Latimeriidae
Xénero: Latimeria
Especie: L. menadoensis
Nome binomial
Latimeria menadoensis
Pouyaud, Wirjoatmodjo, Rachmatika, Tjakrawidjaja, Hadiaty & Hadie, 1999 [2][3]

Latimeria menadoensis é unha especie de peixe osteíctio da superclase dos sarcopterixios, orde dos celacantiformes, única da subclase dos actinistios, e familia dos latimeríidos, unha das dúas integrantes do xénero Latimeria, e que se coñece vulgarmente como celacanto indonesio ou celacanto de Manado.

Esta especie foi descrita en 1999, e está catalogada como vulnerable na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.[1]

A outra especie coñecida, o celacanto propiamente dito ou celacanto das Comores, Latimeria chalumnae, considérase en perigo crítico de extinción.[4]

Descubrimento editar

 
Latimeria menadoensis no pavillón de Indonesia na Expo 2015 de Milán.

O 18 de setembro de 1997 foi observado un peixe de aparencia estraña nun mercado de Manado Tua, pequena illa volcánica no arquipélago da Sonda, preto da costa do noroeste da illa de Célebes (Sulawesi), Indonesia, do que se pensou, nun principio, cando se examinou, que se trataba dun celacanto (das Comores); porén, difería deste pola coloración marrón do seu dorso.[5] Un segundo exemplar, de 1,2 m de lonxitude e 29 kg de peso, foi capturado vivo o 30 de xullo de 1998.[6] Permaneceu vivo durante seis horas, posibilitando que fotografiara e se documentara a súa cor, movemento das aletas e comportamento en xeral. O espécime foi preservado e doado ao Museo de Zooloxía de Bogor.[5]

As análises de ADN revelaron que o espécime difería xeneticamente da poboación das Comores.[7][8]

Na súa aparencia, os celacantos indonesios, chamados localmente raja laut ("rei do mar"), son similares aos celacantos das Comores, excepto pola coloración do dorso de ton marrón-agrisado en lugar de azulado. A especie foi descrita formalmente en 1999 por Pouyaud et al. na publicación Comptes Rendus de l'Académie des sciences Paris co nome binomial Latimeria menadoensis.[9]

En 2005, un estudo de ADN mitocondrial estimou a separación das dúas especies entre hai 30 ou 40 millóns de anos.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Erdmann, M. (2008): Latimeria menadoensis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 12-02-2016.
  2. Latimeria menadoensis Pouyaud, Wirjoatmodjo, Rachmatika, Tjakrawidjaja, Hadiaty & Hadie, 1999 no WoRMS.
  3. Latimeria menadoensis Pouyaud, Wirjoatmodjo, Rachmatika, Tjakrawidjaja, Hadiaty & Hadie, 1999 no SIIT.
  4. Musick, J. A. (2000): Latimeria chalumnae na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 12-02-2016.
  5. 5,0 5,1 Jewett, Susan L., "On the Trail of the Coelacanth, a Living Fossil", The Washington Post, 11 de novembro de 1998.
  6. Nelson, Joseph S. (2006).
  7. Erdmann, M. V. (1999). "An Account of the First Living Coelacanth known to Scientists from Indonesian Waters". Environmental Biology of Fishes (Springer Netherlands) 54 (4): 439–443. doi:10.1023/A:1007584227315. 0378-1909 (Print) 1573-5133 (Online). Arquivado dende o orixinal o 11-09-2019. Consultado o 12-02-2016. 
  8. Holder, Mark T., Mark V. Erdmann, Thomas P. Wilcox, Roy L. Caldwell, and David M. Hillis (1999). "Two living species of coelacanths?". Proceedings of the National Academy of the United States of America 96 (22): 12616–12620. doi:10.1073/pnas.96.22.12616. 
  9. Pouyaud, L., S. Wirjoatmodjo, I. Rachmatika, A. Tjakrawidjaja, R. Hadiaty, and W. Hadie (1999). "Une nouvelle espèce de coelacanthe: preuves génétiques et morphologiques". Comptes Rendus de l'Académie des sciences Paris, Sciences de la vie / Life Sciences 322 (4): 261–267. doi:10.1016/S0764-4469(99)80061-4. 
  10. Inoue J. G., M. Miya, B. Venkatesh, and M. Nishida (2005). "The mitochondrial genome of Indonesian coelacanth Latimeria menadoensis (Sarcopterygii: Coelacanthiformes) and divergence time estimation between the two coelacanths". Gene 349: 227–235. PMID 15777665. doi:10.1016/j.gene.2005.01.008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, num. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 978-0-940228-47-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar