Latimeria é un xénero de peixes osteíctios da superclase dos sarcopterixios, orde dos celacantiformes, única da subclase dos actinistios, que é o tipo, e único, da familia dos latimeríidos.

Distribución das dúas especies de Latimeria.

Comprende tan só dúas especies, coñecidas na bibliografía internacional como celacantos.

Estes peixes soin célebres pola súa posición na árboreda vida. Morfoloxicamente parécense aos antepasados acuáticos dos vertebrados terrestres que viviron hai 350 millóns de anos.

Latimeria chalumnae o celacanto propiamente dito,[3] ou celacanto das Comores, foi a primeira especie descuberta, en 1938.

Latimeria menadoensis, o celacanto de Manado, ou clacanto indonsio, descubriuse en 1999 cerca da illa indonesia de Manado Tua, situada ao norte de Sulawesi.

Ambas as especies está gravemente ameazadas de extinción.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1939 polo ictiólogo surafricano James Leonard Brierley Smith.[2]

Etimoloxía editar

O nome Latimeria, deriva de miss Marjorie Courtenay-Latimer (1907–2004), traballadora no East London Museum, de East London, provicia do Cabo Oriental, Suráfrica, que, en 1938, chamou a atención de todo o mundo polo descubrimento do celacanto, peixe que se cría extinguido desde hai 65 millóns de anos.[4]

Clasificación editar

Segundo FishBase, o WoRMS e o SIIT, o xénero contén tan só estas dúas especies viventes:[2][5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Especies do xénero Latimeria na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Latimeria Smith, 1939 no WoRMS.
  3. Gran dicionario Xerais da lingua, (2009): celacanto. s. m. Peixe crosoptrerixio da orde dos celacantiformes (Latimeria chalumnae), que posúe unha articulación intracranial.
  4. Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid, non publicado.
  5. Especies de Latimeria en FishBase.
  6. Latimeria no SIIT.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm.. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 978-0-940228-47-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.