Dipnoi

subclase (superórde) dos peixes

Os dipnoi, dipnoos ou peixes pulmonados son unha subclase de peixes da clase Sarcopterygii, isto é, peixes óseos portadores dunha vexiga natatoria adaptada á función de respiración aérea.

Peixe pulmonado australiano

Características

editar

Viven exclusivamente en auga doce e teñen un tamaño mediano e unha forma típica, alongada. Teñen narinas internas atípicas (as súas narinas ábrense dentro da cavidade bucal), pulmóns funcionais e sistema circulatorio diferenciado. Por estas características foron considerados no pasado coma ancestrais dos tetrápodos.

Os peixes dipnoicos son especiais polo feito de teren como órgano primario da respiración un pulmón especializado que non posúe bronquios, sendo quen de extraer osíxeno directamente do aire atmosférico. Este é un órgano impar en Neoceratodus e par en Lepidosiren e Protopterus.

Clasificación

editar

Subclase Dipnoi

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar