Xosé María Castroviejo

xornalista e escritor galego
(Redirección desde «José María Castroviejo»)


Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón, nado en Santiago de Compostela o 4 de marzo de 1909 e finado en Tirán (Moaña) o 23 de marzo de 1983[2], foi un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaXosé María Castroviejo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1909 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de marzo de 1983 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Tirán, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoComunión Tradicionalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Francisca Bolívar Sequeiros
Fillosonce [1]
PaiAmando Castroviejo Nobajas Editar o valor en Wikidata
IrmánsConcha Castroviejo Editar o valor en Wikidata
ParentesRicardo Blanco-Cicerón (avó) Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4579392 BUSC: castroviejo-xose-maria-1909-1983

Traxectoria

editar

Fillo de Amando Castroviejo e irmán de Concha Castroviejo, así como neto por parte de nai do arqueólogo carlista Ricardo Blanco-Cicerón[3][4]. Pasou a súa infancia e mocidade no lugar de Paizás (parroquia de Trobe, no concello de Vedra)[5], e sobre esa etapa escribiu o libro de recordos Memorias dunha terra (Ed. Galaxia, 1973).

 
Amando Castroviejo con Xosé María, Concha, Pilar e Ana María. 1926.

Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Lión[6], onde estivo cunha bolsa de ampliación de estudos en 1931. Durante a súa época de estudante en Santiago pertenceu á Federación Universitaria Escolar. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó, e formou parte do grupo cruzadista.[7] Posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS)[8][9] e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.[10]

Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do golpe de estado de 1936 uniuse ás forzas franquistas, e combateu no exército «nacional».[11] Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego,[12][8] pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas, como Vértice,[13] Amanecer,[14] La Voz de España,[15] ou a revista Escorial,[16][17]. Recibiu varios premios polos seus traballos xornalísticos.[6]

A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento.[18] Unha das súas primeiras publicacións, Altura (1939),[19] tivo unha boa acollida no momento da súa publicación.[11] Tamén cultivou a prosa, seguindo o estilo de Álvaro Cunqueiro,[20] con quen escribiu o libro Viaje por los montes y chimeneas de Galicia.[2]. Xunto a Cunqueiro publicou tamén a obra gastronómica Teatro venatorio y coquinario gallego (1958).[21] Castroviejo escribiu tamén unha peza teatral, Don Quijote.[22] Colaborou na revista Nós (nº 91, xullo de 1931), co poema "Noroeste". Defendeu o uso da lingua galega fronte a Juan Aparicio, director xeral de Prensa, que consideraba un snobismo que Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega traducisen a este idioma o filósofo nacionalsocialista Martin Heidegger.

En galego

editar

En castelán

editar
  • Altura, 1939
  • Mar del Sol, poemas de un diario a bordo, 1940
  • Los paisajes iluminados, 1945
  • Apariciones en Galicia, 1955, Porto y Cía. Editores
  • La burla negra, 1955
  • El pálido visitante: Ejemplares relatos de avisos y apariciones en el Finisterre, 1960, Porto y Cía.[23]
  • Galicia: guía espiritual de una tierra, Madrid, 1960
  • Las tribulaciones del cura de Noceda, Barcelona, 1970

Obras colectivas

editar
  • Teatro venatorio y coquinario gallego, 1958, Espasa. Con Álvaro Cunqueiro.
  • Viaje por los montes y chimeneas de Galicia, 1962, Espasa. Con Álvaro Cunqueiro.

Vida persoal

editar

Casou en 1938 con María Francisca Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.[24]

  1. Entre eles Javier Castroviejo Bolívar.
  2. 2,0 2,1 Ánxel Vence (26 de marzo de 1983). "La muerte de Castroviejo priva a Galicia de uno de los supervivientes peculiares de su cultura literaria". El País (en castelán). 
  3. "Castroviejo y Nobajas, Amando Ricardo (1874-1934)". Diccionario de catedráticos españoles de Derecho (1847-1943). Universidad Carlos III de Madrid. 19 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  4. "Los recuerdos: Luz y sombra del carlismo". La Vanguardia Española: 13. 3 de decembro de 1972. 
  5. "Parroquia a parroquia: Santo André de Trobe". Concello de Vedra. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 Bleiberg, Ihrie & Pérez 1993, p. 355.
  7. "Desde Santiago". El Cruzado Español: 2. 29 de novembro de 1932. 
  8. 8,0 8,1 Rodríguez Puértolas 2008a, p. 220.
  9. Michonneau & Núñez Seixas 2014, p. 130.
  10. Martín Puerta 2013, pp. 241-242.
  11. 11,0 11,1 Arellano & et al. 2004, p. 680.
  12. Santos Gayoso 1990, p. 565.
  13. Fernández Soria 1984, p. 234.
  14. Fernández de Miguel 2012, p. 184.
  15. Pike 2008, pp. 107, 176.
  16. Fuentes 2006, p. 74.
  17. Martín Puerta 2013, p. 263.
  18. Blanco Aguinaga & et al. 2000, p. 351.
  19. Blanco Aguinaga & et al. 2000, p. 361.
  20. Rodríguez Puértolas 2008a, p. 561.
  21. Rodríguez Puértolas 2008b, p. 682.
  22. Gómez García 1998, p. 169.
  23. En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
  24. David García (5 de novembro de 2013). "Fallece a los 98 años la viuda de José María Castroviejo". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar