José Luis Sierra Pando
José Luis Sierra Pando, alcumado Coto, nado en Santiago de Chile o 5 de decembro de 1968, é un exfutbolista e adestrador chileno. Dende 2021 dirixe o Al-Tai de Arabia Saudita.
(2016) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1968 (56 anos) Santiago de Chile | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Colegio Hispano Americano (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,81 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Chile | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1998 | Mundial de Fútbol Francia 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | José Luis Sierra Cabrera | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xogaba de centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira como futbolista no Unión Española. Destacou tamén no Colo-Colo, co que logrou varios títulos. Foi 54 veces internacional coa selección chilena, coa que disputou tres edicións da Copa América e a Copa do Mundo de 1998.
Como adestrador gañou o campionato chileno tanto con Unión Española como con Colo-Colo, e dirixiu varios equipos sauditas. É pai do tamén futbolista José Luis Sierra Cabrera, xogador do Unión Española.
Traxectoria
editarComo futbolista
editarInicios
editarNaceu en Santiago de Chile o 5 de decembro de 1968, sendo fillo de Domingo Sierra e Pilar Pando, inmigrantes de Galicia e Asturias respectivamente.[1] Estudou no Colexio Hispano Americano, institución educativa pertencente á Congregación dos Escolapios. Seu pai era un antigo dirixente do Unión Española e despois de ser convencido por Luis Pando, levou ao seu fillo José Luis a probalo nas divisións inferiores do club en xaneiro de 1985.
Unión Española
editarEn novembro de 1988 debutou co primeiro equipo do Unión Española, da mando do adestrador Luis Santibáñez, nun partido ante o Universidad de Chile, correspondente á Copa da Fraternidade.[2][3] Marcou o seu primeiro gol oficial na primeira xornada do Campionato Nacional de 1989, contra O'Higgins en Santa Laura, no día no que debutaba na liga nacional, nun partido que acabou en derrota por 4-1.[4] Ese mesmo ano gañou o seu primeiro título, a Copa Chile, marcando un dos dous goles do seu equipo na final ante o Huachipato.[5]
Xogou en Unión Española ata decembro de 1989, cando saíu cedido ao Real Valladolid da Primeira División de España,[6] grazas ao seu bo papel en Chile e aos beneficios da súa dobre nacionalidade. Debutou nun partido ante o Rayo Vallecano, pero acabou por xogar só tres partidos co equipo valisoletano, adestrado por Pepe Moré. A continuación regresou ao Unión Española, onde se adaptou rapidamente de novo e logrou ser convocado pola selección chilena en 1991.
En 1992 e 1993 coroouse co Unión Española como campión da Copa Chile. En 1994 debutou na Copa Libertadores de América, onde completou unha campaña por riba das expectativas, eliminando ao Cruzeiro en oitavos de final, e caendo ante o São Paulo por 4-3 en cuartos de final. A pesar da derrota, espertou o interese do club paulista, que o contratou a finais de 1994.
São Paulo
editarMarcou o seu primeiro gol co São Paulo o 23 de novembro de 1994, facendo o gol da vitoria ante o Corinthians no Pacaembu.[7] Disputou tamén o Campionato Paulista, a Copa Libertadores e dúas edicións da Supercopa Suramericana,[8][9] e pechou o seu paso polo Brasil con 43 partidos e 3 goles, en pouco máis dun ano.[10]
Colo-Colo
editarEn 1996 fichou polo Colo-Colo, co que gañou os títulos nacionais dos anos 1996, 1997 e 1998, así como a Copa Chile en 1996. Ademais chegou ás semifinais da Copa Libertadores en 1997, caendo na quenda de penaltis contra o Cruzeiro, e tamén ás semifinais da Supercopa Suramericana de 1996 e 1997.
En 1999 xogou uns meses cedido no Tigres de la UANL, na Liga Mexicana sen moito éxito. Trala quebra económica do Colo-Colo, en 2001 abandonou o club para regresar ao equipo dos seus amores: a Unión Española.
Regreso á Unión Española
editarA súa segunda etapa no Unión Española durou sete anos, nos que se converteu nun dos futbolistas históricos do club, así como no seu capitán.
En 2004, baixo a dirección de Fernando Carvallo, marcou 14 goles no Torneo Apertura, a mellor marca anotadora da súa carreira. No Torneo Clausura do mesmo ano, a Unión Española logrou acceder á final do campionato, onde foi derrotada polo Cobreloa. En 2005, con Fernando Díaz como adestrador, Sierra e o seu equipo conquistaron o Torneo Apertura de Primeira División, tras derrotar ao Coquimbo Unido. Sierra foi autor do gol da vitoria no partido de volta da final no estadio Francisco Sánchez Rumoroso de Coquimbo, co que a Unión Española conquistou o seu primeiro título en 28 anos.[11] Esa mesma campaña foi elixido como o mellor futbolista chileno do ano.[12]
O 1 de abril de 2008 recibiu unha homenaxe do Consello de Presidentes da Asociación Nacional de Fútbol Profesional (ANFP), ao completar 500 partidos oficiais tralo partido disputado contra Palestino o 23 de marzo no Estadio Municipal de La Cisterna.[13][14] O 11 de febreiro de 2009 retirouse do fútbol tras perder as semifinais da Copa Chile ante o Universidad de Concepción, onde marcou de falta o seu último gol profesional.[15]
Selección nacional
editarFoi 54 veces internacional coa selección chilena, coa que debutou da man de Arturo Salah en 1991, nun partido amigable ante México en Veracruz, entrando na segunda parte como substituto de Juan Carlos Vera.[16] Non volveu vestir a camisola da selección ata 1993, cando xogou contra Bolivia, marcando o seu primeiro gol. Ese mesmo ano participou na súa primeira Copa América, celebrada en Ecuador, onde disputou tres partidos e marcou un gol ante o Brasil.[17] En 1995 xogou a súa segunda Copa América, na que só contou con 45 minutos contra os Estados Unidos.[18]
Foi convocado polo seleccionador Nelson Acosta para o Mundial de 1998 en Francia, no que disputou catro partidos e marcou un gol fronte ao Camerún, cuxa portería defendía Jacques Songo'o.[19] Ao ano seguinte disputou o seu último gran torneo internacional, a Copa América 1999, na que xogou cinco partidos e marcou un gol, alcanzando as semifinais.[20] Vestiu a camiseta chilena por derradeira vez o 2 de setembro do ano 2000, nun partido de clasificación para o Mundial de 2002 diante de Colombia.[21]
Como adestrador
editarUnión Española
editarO 6 de outubro de 2009 asumiu o cargo de adestrador interino do primeiro equipo da Unión Española trala dimisión de Luis Hernán Carvallo, que viña de obter sete derrotas consecutivas. Debutou ante o Rangers no estadio de Santa Laura, logrando un empate 3-3. Dirixiu un total de tres partidos, antes de deixar o equipo nas mans do uruguaio Rubén Israel. Con todo, en 2010 volveu coller as rendas do equipo trala marcha de Israel, e conseguiu clasificar o equipo para a liguiña Pre Libertadores. Nesta, derrotou o Universidad de Chile e o Audax Italiano, conseguindo o pase á Copa Libertadores. Os seus bos resultados fixeron que continuase de xeito definitivo no banco do equipo, ao que adestrou durante os seguintes cinco anos.
En 2012 acadou os oitavos de final da Copa Libertadores e perdeu a final do Torneo Clausura de Chile, caendo ante o Huachipato, que logrou remontar no partido de volta a vitoria inicial do Unión Española na ida. Finalmente, en 2013 gañou o seu primeiro título da Primeira División como adestrador, no Torneo Transición, despois de liderar a táboa durante a maior parte do campionato.[22] Dous meses despois conseguiu outro título para o seu club, ao vencer ao Universidad de Chile na disputa da Supercopa de Chile 2013. Dirixiu o equipo ata 2015.
Colo-Colo
editarO 18 de maio de 2015 converteuse no novo adestrador do Colo-Colo, regresando así ao club co que gañara 3 títulos de liga e unha Copa de Chile como futbolista. Na súa primeira tempada cos albos gañou o seu segundo campionato de liga, ao vencer o Torneo Apertura de 2015.
Ademais chegou á final da Copa Chile dese mesmo ano, perdendo na quenda de penaltis ante o seu máximo rival, Universidad de Chile. No Torneo Clausura de 2016 acabou subcampión por detrás de Universidad Católica, mentres que na Copa Libertadores non conseguiu pasar da primeira fase. O 6 de xullo de 2016 presentou a súa dimisión.[23]
Al-Ittihad
editarO 28 de xullo de 2016, foi presentado como novo adestrador do Al-Ittihad de Arabia Saudita, uns días despois de que o club fichase ao tamén chileno Carlos Villanueva. Rematou a súa primeira tempada no club árabe co segundo posto na Liga Profesional Saudita e coa conquista da Copa do Príncipe Herdeiro, despois de derrotar na final ao Al Nassr por 1-0, cun gol do exipcio Kahraba. Na seguinte tempada só puido ser noveno na liga, pero sumou un novo título, ao vencer na final da Copa do Rei ao Al Faisaly.[24]
Deixou o equipo en maio de 2018, sendo substituído polo arxentino Ramón Díaz.[25]
Shabab Al Ahli
editarEntre xullo de outubro de 2018 adestrou o Shabab Al-Ahli dos Emiratos Árabes Unidos, sendo destituído polos malos resultados.[26]
Regreso ao Al-Ittihad
editarO 24 de febreiro de 2019 volveu ao banco do Al-Ittihad, que ocupaba o penúltimo lugar da Liga Profesional Saudita, sucedendo ao croata Slaven Bilić. Conseguiu endereitar o rumbo do equipo e salvalo do descenso, rematando finalmente na décima posición.[27] Iniciou a seguinte tempada á fronte do club saudita, pero foi destituído en novembro de 2019, despois de quedar eliminado nos cuartos de final da Liga de Campións da AFC e ocupando o oitavo lugar na liga.[28]
Palestino
editarEn novembro de 2020 regresou ao fútbol chileno para coller as rendas do Palestino trala destitución de Ivo Basay. Colleu o equipo na 15ª posición e conseguiu acabar 5º, a un só punto da clasificación para a Copa Libertadores. Con todo, os malos resultados na seguinte tempada precipitaron o seu despedimento en agosto de 2021.[29]
Director deportivo do Unión Española
editarA finais de agosto de 2021 volveu ao Unión Española, iniciando a súa cuarta etapa no club, pero desta vez como director deportivo.[30][31] Con todo, pouco máis de dous meses despois deixou o cargo para regresar a Arabia Saudita.[32]
Al-Tai
editarInstalouse na cidade de Ḥaʼil, onde se puxo á fronte do seu terceiro equipo saudita, o Al-Tai. Chegou como substituto do adestrador serbio Zoran Manojlović, co que o equipo ocupaba a última praza da táboa.[32]
Vida persoal
editarCasado con Grace Cabrera, un dos seus fillos, José Luis, é tamén futbolista.[33]
Palmarés
editarComo xogador
editar- Unión Española
- Copa Chile (3): 1989, 1992, 1993.
- Primeira División de Chile (1): Apertura 2005.
- Colo-Colo
- Primeira División de Chile (3): 1996, Clausura 1997, 1998.
- Copa Chile (1): 1996.
- Individual
- Futbolista Chileno do Ano (1): 2005.
Como adestrador
editar- Unión Española
- Primeira División de Chile (1): Transición 2013.
- Colo-Colo
- Primeira División de Chile (1): Apertura 2015.
- Al-Ittihad
- Copa do Príncipe Herdeiro (1): 2017.
- Copa do Rei (1): 2018.
Notas
editar- ↑ Cueto Sierra, Luis (5 de setembro de 2013). "Visiones y emociones". Boletín Informativo Estadio Español de Las Condes (en castelán) (Santiago de Chile) (214): 13.
- ↑ Bruna, Eduardo (2008). "El Coto Sierra x 50". El Gráfico (en castelán). Grupo Previa S.A. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2007. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "El adiós del Coto". 3TV.cl (en castelán). Santiago de Chile. 5 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ Arias V., Hugo (10 de xullo de 2005). "El sueño de Sierra, el sueño de todos" (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "Unión Española Campeón Copa Invierno 1989" (en castelán). 2 de maio de 2010. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "Esperando al chileno Sierra" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 27 de decembro de 1989. p. 13. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "Corinthians 1 x 2 São Paulo - Brasileirão 1994". meutimao.com.br (en portugués). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "Supercopa Libertadores 1994 - Full Details". rsssf.com (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "Supercopa Libertadores 1995 - Full Details". rsssf.com (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ Belmont, Rafael (27 de xaneiro de 2021). "Sierra volta à pauta no São Paulo e expõe negociações como treinador: “Alguém da minha família mandou”; ex-jogador está no Palestino" (en portugués). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "Unión Española se lleva el tesoro en Coquimbo" (en castelán). 9 de xullo de 2005. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "Sierra y Buljubasich serán premiados por el Círculo de Periodistas" (en castelán). 2 de decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "José Luis Sierra fue homenajeado por el Consejo de Presidentes de la ANFP" (en castelán). 1 de abril de 2008. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "ANFP confirma propuesta de Copa Chile y apoya duelos en altura" (en castelán). 1 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2008. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "UdeConce también irá por el título de Copa Chile". ANFP.cl (en castelán). 12 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "[09/04/1991] México-Chile 1:0". partidosdelaroja.com (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ Tabeira, Martín. "Copa América 1993". rsssf.com (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ Tabeira, Martín. "Copa América 1995". rsssf.com (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "Chile 1-1 Camerún". FIFA (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ Tabeira, Martín. "Copa América 1999". rsssf.com (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "[02/09/2000] Chile-Colombia 0:1". partidosdelaroja.com (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "José Luis Sierra y satisfacción por el título: "Como entrenador se vive de manera distinta". La Tercera. 27 de mayo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de mayo de 2013.
- ↑ "El técnico José Luis Sierra renunció al Colo Colo". La Vanguardia (en castelán). 6 de xullo de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "José Luis Sierra se proclama campeón en Arabia Saudita". As (en castelán). 12 de maio de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "Ramón Díaz se convirtió en reemplazante de José Luis Sierra en Al Ittihad" (en castelán). 23 de maio de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "José Luis Sierra fue despedido tras dirigir apenas siete partidos en Emiratos Árabes" (en castelán). 11 de outubro de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "اتحاد جدة.. البحث عن المدرب رقم 20" [O Al-Ittihad busca o adestrador número 20] (en árabe). 20 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ Muñoz González, Camila (20 de outubro de 2019). "Jose Luis Sierra fue despedido del Al Ittihad de Arabia Saudita por malos resultados" (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ Moraga Aguirre, Nicolás (17 de agosto de 2021). "Palestino anuncia la salida de José Luis Sierra tras los malos resultados durante el semestre" (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "José Luis Sierra vuelve a Unión Española como director deportivo" (en castelán). 27 de agosto de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ "¡Retorna el ídolo hispano! José Luis Sierra es el nuevo Director Deportivo de Unión Española" (en castelán). 27 de agosto de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ 32,0 32,1 "José Luis Sierra deja la Unión Española y regresa a Arabia Saudita" (en castelán). 08 de novembro de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ Benavides, Camilo (8 de agosto de 2013). "José Luis y Benjamín, primos y compañeros de club" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 24 de xuño de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador coa selección chilena (en castelán).