José Luis Sierra Cabrera

futbolista chileno

José Luis Sierra Cabrera, nado en Santiago de Chile o 24 de xuño de 1997, é un futbolista chileno que xoga como dianteiro na Unión Española, da Primeira División de Chile.

José Luis Sierra
Información persoal
Nome José Luis Sierra Cabrera
Nacemento 24 de xuño de 1997
Lugar de nacemento Santiago de Chile
Altura 1,85 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Unión Española
Número 13
Carreira xuvenil
Unión Española
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2019 Unión Española 43 (5)
2020 Bisceglie 1 (0)
2020–2021 Deportes Temuco 2 (0)
2021 Deportes Colina 13 (0)
2022– Unión Española 0 (0)
Selección nacional
2015–2017 Chile sub-20 6 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

É fillo do exfutbolista e adestrador José Luis Sierra Pando.

Traxectoria editar

Formouse como futbolista no Unión Española, club do que seu pai, José Luis Sierra Pando, é un dos maiores ídolos. Debutou co primeiro equipo aos 17 anos, no Torneo Apertura de 2014, nun partido ante o Cobresal no Salvador, no que seu pai, por aquel entón adestrador do equipo, lle deu entrada nos minutos finais.[1] Ese mesmo ano viaxou a Italia para probar co Inter de Milán, pero acabou regresando ao seu país.[2] Militou no Unión Española durante os seguintes cinco anos, aínda que con pouca participación.

En outubro de 2020, despois dun breve paso polo Bisceglie italiano, da Serie C, foi anunciado como novo reforzo do Deportes Temuco, da Primeira B de Chile, onde tampouco dispuxo apenas de minutos.

A continuación pasou polo Deportes Colina, antes de regresar en 2022 á Unión Española.

Selección chilena editar

Foi convocado por Hugo Tocalli para disputar o Campionato Suramericano sub-20 de 2015 no Uruguai, no que xogou dous partidos, caendo eliminado na primeira fase.

Repetiu convocatoria no Suramericano sub-20 de 2017, no que xogou tres partidos, marcando un gol, e quedou de novo eliminados na primeira fase.[3][2]

Notas editar

  1. Márquez, Nicolás (23 de maio de 2021). "Los cuatro hijos de chilenos mundialistas en Francia 98 que ya debutaron en el fútbol profesional" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "José Luis Sierra, el hijo del "Coto" que salvó a Chile de una derrota frente a Ecuador en el Sub 20" (en castelán). 23 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2022. 
  3. "La Roja sub 20 de Héctor Robles se inscribe como la peor de la historia" (en castelán). 27 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2019. Consultado o 27 de enero de 2017.