Ramón Ángel Díaz
Ramón Ángel Díaz, coñecido como Ramón Díaz, nado na Rioxa, Arxentina, 29 de agosto de 1959, é un exfutbolista e adestrador arxentino que xogaba como dianteiro. Dende 2022 adestra o Al Hilal saudita.
(2016) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1959 (65 anos) A Rioxa, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,73 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 67 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1982 | Mundial de Fútbol España 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
É un dos homes máis laureados da historia do fútbol arxentino, sendo doce veces campión do campionato arxentino de Primeira División, cinco delas como xogador e sete como adestrador. Once dos seus doce títulos logrounos con River Plate, club no que se formou como futbolista e co que debutou en 1978. Militou nel durante dúas etapas e foi o máximo goleador do campionato arxentino en 1991. Xogou tamén en varios equipos italianos, gañando a Serie A co Inter de Milán, e no Monaco de Arsène Wenger, co que gañou unha Copa de Francia. Pechou a súa carreira como futbolista no Xapón, despois de ter sido o máximo goleador da edición inaugural da J.League.
Foi internacional coa selección arxentina, coa que debutou en 1979, despois de se ter proclamado campión do mundo coa selección sub-20, liderando o ataque albiceleste xunto a Maradona. Coa absoluta participou no Mundial de 1982 en España, anotando un gol ante o Brasil.
Comezou a súa carreira como adestrador tamén no River Plate, ao que dirixiu durante nove anos en dúas etapas. Conquistou con el numerosos títulos, entre eles seis campionatos de liga e a Copa Libertadores de 1996. Gañou ademais outro campionato arxentino adestrando o San Lorenzo en 2007. Fóra da Arxentina adestrou clubs doutros sete países en catro continentes, destacando especialmente no fútbol saudita, ao gañar varios títulos co Al Hilal. Dirixiu tamén a selección paraguaia, coa que participou en dúas edicións da Copa América.
Traxectoria
editarComo futbolista
editarNaceu na cidade arxentina da Rioxa o 29 de agosto de 1959, sendo descendente de emigrantes galegos de Vilalba. Formouse como futbolista na canteira do River Plate e debutou co primeiro equipo na Primeira División o 13 de agosto de 1978, nun partido ante o Colón de Santa Fe, aproveitando que os futbolistas titulares estaban de xira por Europa.[1] Militou no club bonaerense durante toda a súa carreira na Arxentina. Durante a súa primeira etapa coincidiu con futbolistas como Ubaldo Fillol, Daniel Passarella, Norberto Alonso ou Mario Kempes, e tivo como adestradores a Ángel Labruna e Alfredo Di Stéfano entre outros. Proclamouse campión da liga arxentina en catro ocasións.
En 1982 chegou ao fútbol italiano e pasou sucesivamente por Napoli (1982-1983), Avellino (1983-1986), Fiorentina (1986-1988) e Inter de Milán (1988-1989). Neste último compartiu equipo con Lothar Matthäus e conquistou a Serie A, contribuíndo con 12 goles en 33 partidos no chamado "scudetto dos récords", con Trapattoni no banco.[2] Do Inter pasou ao Monaco, co que xogou dúas tempadas (1989-1991) e gañou unha Copa de Francia (1991). En 1991 volveu ao club dos seus amores, River, para proclamarse campión do Torneo Apertura dese ano e ser o máximo goleador da competición. Permaneceu no club ata 1993. En 1993 emigrou de novo para xogar a súa última tempada no Yokohama Marinos, equipo xaponés no que puxo fin á súa carreira como futbolista en 1995.
Selección arxentina
editarFoi internacional coa selección arxentina sub-20, coa que disputou a Copa do Mundo sub-20 de 1979 no Xapón, liderando o ataque albiceleste xunto a Diego Armando Maradona. Marcou un triplete no partido inaugural ante Indonesia, outros tres goles nos cuartos de final contra Alxeria e un gol máis nas semifinais contra o Uruguai. Xa na final, disputada ante a Unión Soviética no Estadio Nacional de Toquio, superou a Viktor Chanov para facer o segundo dos tres goles arxentinos (3-1), proclamándose así campión. Foi o máximo goleador do torneo con oito tantos, dous máis que o segundo clasificado, Maradona.
Ese mesmo ano debutou coa selección absoluta, coa que disputou 22 encontros ata 1982, anotando 10 goles. Participou con esta no Mundial de 1982 en España e marcou o único tanto arxentino na derrota por 1-3 ante o Brasil no estadio de Sarrià.[3]
Como adestrador
editarDespois da súa retirada como futbolista obtivo o título de adestrador nacional na Escola Técnica Vicente López e comezou unha carreira de éxito nos bancos.[4]
River Plate (1ª etapa)
editarEn 1995, o mesmo ano da súa retirada como futbolista, volveu a River Plate como adestrador. En 1996 conseguiu o seu primeiro título da Primeira División da Arxentina, no Torneo Apertura. Uns meses despois levou o equipo arxentino a se proclamar campión da Copa Libertadores, despois de derrotar na final ao América de Cali de Diego Edison Umaña.[5] A continuación gañou a Supercopa Suramericana e durante os seguintes anos sumou catro campionatos arxentinos máis. Estes logros convertérono, no seu momento, no adestrador máis laureado da historia do club, superando a Ángel Labruna. O seu primeiro ciclo en River rematou en febreiro de 2000.
Oxford United
editarEntre 2004 e 2005 traballou no fútbol inglés, adestrando o Oxford United, da Terceira División.[6]
San Lorenzo
editarEn decembro de 2006 chegou a un acordo co San Lorenzo de Almagro para adestralo durante unha tempada. No seu primeiro campionato, o Clausura 2007, proclamouse campión a falta dunha xornada, cun equipo que mostrou unha notable superioridade sobre os demais.[7] Ao ano seguinte levou ao club bonaerense ata os cuartos de final da Copa Libertadores 12 anos despois, tras eliminar en oitavos ao River Plate. Caeu finalmente ante o Liga de Quito, que acabou por gañar a competición.[8]
América de México
editarDende xullo de 2008 adestrou o Club América de México, obtendo resultados por debaixo do esperado, e foi despedido en febreiro de 2009.[9]
San Lorenzo
editarEn maio de 2010 regresou ao San Lorenzo de Almagro. Tras realizar unha campaña discreta (41 puntos en 30 partidos de Liga), o 24 de abril de 2011 renunciou ao cargo de adestrador, trala derrota por 1-0 sufrida ante o Tigre.
Independiente
editarDespois duns meses de inactividade, foi contratado polo Independiente no segundo semestre de 2011, para relevar no banco a Antonio Mohamed, que obtivera uns pobres resultados. Tras un inicio irregular, o club de Avellaneda logrou clasificarse para a Copa Suramericana. Con todo, o 3 de marzo de 2012, despois de 4 derrotas consecutivas, presentou a súa dimisión.[10]
River Plate (2ª etapa)
editarNo ano 2012, tras superar as súas diferenzas co entón presidente Daniel Passarella, volveu asumir o cargo de adestrador do River Plate. Despois dun subcampionato no Torneo Final 2013, quedou no posto 17º no Torneo Inicial do mesmo ano. Cuestionado pola prensa especializada, acabou por coroarse campión do Torneo Final de 2014, con 37 puntos, e despois de gañar o Superclásico da Bombonera tras 10 anos sen que River gañase a Boca Juniors nese estadio. Días despois, consagrouse supercampión ao derrotar ao San Lorenzo por 1-0 cun gol de Germán Pezzella, quedándose así coa Copa Campionato e logrando a clasificación para a Copa Suramericana.
A continuación renunciou inesperadamente ao cargo de adestrador do River Plate, declarando que xa gañara todo o que podía gañar e que sentía que xa non tiña máis nada que darlle ao club. Así, deixou o banco do River sendo nese momento o adestrador con máis títulos da historia do club.
Selección paraguaia
editarO 4 de decembro de 2014, o presidente da Asociación Paraguaia de Fútbol, Alejandro Domínguez, ofreceulle o posto de seleccionador do país. O seu primeiro reto coa selección paraguaia foi a Copa América celebrada en Chile en 2015. Alí os paraguaios quedaron encadrados no grupo B xunto coa Arxentina, Xamaica e o Uruguai, e clasificáronse no segundo lugar. En cuartos de final enfrontouse ao Brasil, adestrado entón por Dunga. O partido rematou 1-1 nos 90 minutos regulamentarios e pasou a unha quenda de penaltis onde a vitoria foi para Paraguai. Así, o equipo de Ramón Díaz chegou ás semifinais da competición continental, onde se enfrontou de novo á Arxentina do Tata Martino, caendo eliminado por 6-1. Posteriormente perdeu tamén ante o Perú no partido pola medalla de bronce, rematando así cuarto.
En 2016 participou na Copa América Centenario, realizando unha mala actuación, e a continuación dimitiu do cargo de seleccionador.[11]
Al-Hilal (1ª etapa)
editarEn outubro de 2016 fíxose cargo do Al Hilal, de Arabia Saudita. Só seis meses despois da súa chegada, o club proclamouse campión da liga saudita. En maio do mesmo ano conquistou a Copa do Rei de Campións, despois de derrotar na final ao Al-Ahli. Ademais alcanzou tamén a final da Liga de Campións da AFC, onde se enfrontou ao Urawa Red Diamonds xaponés. Logrou un empate no partido de ida en Riad, pero acabou perdendo pola mínima en Saitama.
Pyramids FC
editarEn 2019 dirixiu o Pyramids FC, da Premier League de Exipto. Obtivo oito vitorias, tres empates e unha soa derrota, pero deixou o equipo despois de só tres meses.
Club Libertad
editarA finais de 2019 asinou contrato co Libertad de Asunción.[12] Tras un bo inicio, liderou o Toreno Apertura de 2020 ata que este foi interrompido pola irrupción da pandemia de COVID-19. Con todo, cando o campionato se retomou os resultados non o acompañaron, caendo ata a terceira posición, o que sumado á eliminación na Copa Libertadores, fixo que dimitise do seu cargo en setembro de 2020.[13]
Botafogo
editarDúas semanas despois de deixar o club paraguaio converteuse no novo adestrador do Botafogo brasileiro.[14] A continuación viaxou a Asunción para unha intervención cirúrxica na que se lle extirpou un tumor benigno da garganta.[15] Durante a súa ausencia ocupou o banco o seu fillo Emiliano, pero os malos resultados e a tardanza de Ramón en regresar, provocaron que o club anunciase a súa destitución só 21 días despois de tomar posesión, sen ter dirixido ningún partido.[16]
Al-Nasr
editarEn febreiro de 2021 foi contratado para dirixir o Al-Nasr dos Emiratos Árabes Unidos, substituíndo no cargo ao cesado Krunoslav Jurčić.[17] Adestrou o club árabe durante un ano, ata que foi destituído en febreiro de 2022.
Al Hilal (2ª etapa)
editarA continuación regresou a Arabia Saudita para sentar por segunda vez no banco do Al Hilal, que ocupaba a cuarta praza da liga. Trala chegada de Ramón Díaz, o equipo encadeou 12 vitorias en 12 partidos.[18]
Palmarés
editarComo xogador
editar- River Plate
- Primeira División da Arxentina (5): Metropolitano 1979, Nacional 1979, Metropolitano 1980, Nacional 1981, Apertura 1991.
- Inter de Milán
- Serie A (1): 1988/89.
- Monaco
- Copa de Francia (1): 1990/91.
- Arxentina sub-20
- Copa do Mundo sub-20 (1): 1979.
- Individual
- Bota de Ouro da Copa do Mundo sub-20 (1): 1979.
- Máximo goleador da Primeira División da Arxentina (1): Apertura 1991.
- Máximo goleador da J.League (1): Apertura 1991.
Como adestrador
editar- River Plate
- Primeira División da Arxentina (6): Apertura 1996, Clausura 1997, Apertura 1997, Apertura 1999, Clausura 2002, Final 2014.
- Superfinal (1): 2013/14.
- Copa Libertadores (1): 1996.
- Supercopa Libertadores (1): 1997.
- San Lorenzo
- Primeira División da Arxentina (1): Clausura 2007.
- Al Hilal
- Liga Profesional Saudita (1): 2016/17.
- Copa do Rei (1): 2017.
Notas
editar- ↑ "El debut de Ramón Díaz hace 42 años: los grandes de gira y los juveniles en Primera" (en castelán). 20 de xuño de 2022. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ Mura, Gianni (30 de maio de 1989). "7,5 a Berti (Escluso il look)" (en italiano). Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Arxentina 1-3 Brasil 1982". FIFA (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Gallardo y Arruabarrena fueron compañeros en la escuela de técnicos: ¿cuál era mejor alumno?" (en castelán). 2 de outubro de 2014. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "El recuerdo copero de Crespo" (en castelán). 21 de novembro de 2018. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Ramón Díaz se desvinculó del Oxford inglés" (en castelán). 4 de maio de 2005. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Que de la mano, de Ramón Díaz..." (en castelán). 10 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Ramón Díaz lloró como DT de San Lorenzo tras eliminar a River de la Copa" (en castelán). 3 de maio de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "l'America esonera Ramon Diaz" (en italiano). 11 de febreiro de 2009. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Ramón Díaz dimite como entrenador de Independiente". As (en castelán). 4 de marzo de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Paraguay, Ramon Diaz si è dimesso" (en italiano). 12 de xuño de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Ramón Díaz es el nuevo entrenador de Libertad de Paraguay". La nueva Mañana (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Oficial, Ramón Díaz dejó de ser el entrenador de Libertad de Paraguay a días del partido contra Boca". Infobae (en castelán). 24 de setembro de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Ramón Díaz se fue de Libertad y no dirigirá contra Boca" (en castelán). 24 de setembro de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Botafogo: Ramón Díaz retirou tumor benigno em cirurgia de emergência e seguirá recuperação no Paraguai" (en bretón). 14 de novembro de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Botafogo echó a Ramón Díaz y ya contrató a su reemplazante" (en castelán). 27 de novembro de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Ramon Diaz lands at Al Nasr and probable Shoya Nakajima bow set to light up AGL MW15" (en inglés). 4 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "El técnico argentino con la mejor racha de victorias de la actualidad" (en castelán). 21 de abril de 2022. Consultado o 20 de xuño de 2022.[Ligazón morta]