Xosé Crecente Vega

sacerdote e escritor galego
(Redirección desde «José Crecente Vega»)

Xosé Ramón Crecente Vega, nado en Outeiro (Castro de Rei) o 3 de xullo de 1896 e finado en Segovia o 21 de marzo de 1948, foi un escritor e sacerdote galego.

Infotaula de personaXosé Crecente Vega
Nome orixinal(es) José Ramón Crecente Vega
(gl) Xosé Ramón Crecente Vega Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1896 Editar o valor em Wikidata
Castro de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 1948 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Segovia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote , escritor , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Seminario de Mondoñedo, onde estudou Crecente Vega.

Naceu nunha familia labrega, e foi o segundo de seis irmáns. Con catorce anos marchou ao Seminario de Mondoñedo, onde comezou os estudos de latín da man de Xosé María Chao García. Foi ordenado presbítero o 20 de decembro de 1919, en 1920 foi nomeado coadxutor de Santa Rita de Xuvia e San Xiao de Narón, e en 1923 foi nomeado párroco de Narón.

En 1931 rematou o Bacharelato en Ourense, e comezou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, rematándoa en Salamaca en 1935. ;archou a Madrid a continuar os seus estudos e facer oposicións á cátedra de latín. Alí sorprendeuno a guerra civil española, e ao rematar o conflito foi nomeado profesor do Instituto Ramiro de Maeztu. En 1941 gañou por oposición unha bolsa no Instituto Antonio de Nebrija, co mandado de facer unha edición comentada das Elexías de Tibulo. Foi catedrático e Latín no Instituto de Antequera e nun centro de ensino secundario de Segovia, do que foi nomeado director, cargo que desempeñou até a súa morte en 1948.

En 1998 os seus restos foron trasladados ao cemiterio parroquial de Santa María de Outeiro.

Obra editar

É autor dun único libro, Codeseira, publicado en 1933, onde o tratamento da paisaxe ofrece resonancias clásicas. Seguiu a liña iniciada por Antonio Noriega Varela, de carácter ruralista que o enlazan co século XIX, se ben inclúe tamén elementos vangardistas como o hilozoísmo.

En 1965 fíxose unha segunda edición con prólogo de Xosé Trapero Pardo. En 1996, coincidindo co centenario do seu nacemento, foi publicado polo Seminario de Mondoñedo na revista Amencer. En 1997 a Fundación Caixa Galicia publicou José Crecente Vega, a poesía de Codeseira, unha edición crítica e estudo feitos por Ricardo Polín e Luz María Durán, traballo gañador do XI Premio Literario Ánxel Fole. En 2003, o Centro Ramón Piñeiro publicou a obra poética que quedara inédita, nun volume titulado Folla Bricia. Poesía galega completa[1], nunha edición crítica realizada por Ricardo Polín que inclúe tamén os textos de Codeseira.

En 2020 Espiral Maior publicou O mundo nun puño de remol, un volume que dá a coñecer ao público obra inédita do poeta en edición de Ricardo Polín e deseño de Pepe Barro.[2]

Notas editar

  1. "Folla Bricia". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 01 de marzo de 2021. 
  2. "Un libro recompila obra inédita de Crecente Vega". academia.gal. Consultado o 10 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar