Xosé Carlos Valle Pérez

historiador da arte galego
(Redirección desde «José Carlos Valle Pérez»)


Xosé Carlos Valle Pérez, nado en Pontevedra o 25 de novembro de 1953[1], é un historiador da arte galego.

Modelo:BiografíaXosé Carlos Valle Pérez

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da arte Editar o valor en Wikidata
ProfesoresXosé Filgueira Valverde Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1055473 Dialnet: 632436

Traxectoria

editar

Doutorouse en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura e doutoramento.[2] A súa proxección no eido cultural galego acadouna como director da Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e como director do Museo Provincial de Pontevedra dende 1987 ata 2018, sucedendo a Xosé Filgueira Valverde[3] e sendo substituído en 2019 por José Manuel Rey García.[4]

É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, Correspondente das Reais Academias da Historia, Belas Artes de S. Fernando e Nacional de Belas Artes de PortuGalería. Tamén membro dos Padroados do Museo do Pobo Galego, do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Museo Arqueolóxico Nacional, o Instituto "P. Sarmiento" de Estudios Galegos, o Centre Européen de Recherches sur les Congrégations et Ordres Religieux (CERCOR), o Centro de Estudios Xacobeos e o Instituto Cultural Galaico-Minhoto. Foi Director da "Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia" (Fundación Pedro Barrié de la Maza), Presidente da Confederación Española de Centros de Estudios Locais (CECEL-CSIC), Presidente da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e Vocal do Xurado do Premio de Xornalismo Julio Camba.[5]

Foi comisario de diversas exposicións, algunhas de grande proxección como Santiago de Compostela: 1000 anos de Peregrinación Europea" ( Europalia-85, Gante-Bélxica), O Pórtico da Gloria e o seu tempo (Santiago, 1988), Galicia no tempo (Santiago, 1991), Imaxes da Arte en Galicia (Lisboa, 1991), Bienal de Arte de Pontevedra (Edicións de 1992, 1994, 1996 e 1998), O Camiño de Santiago desde o aire (A Coruña, 1993), Do Tardogótico ó Manierismo: As relacións artísticas entre Galicia e Portugal (A Coruña, 1995), Arturo Souto (A Coruña, 1997), Arte de Císter en Portugal e Galicia (Lisboa, 1998 - A Coruña, 1999).[5]

Ditou numerosos relatorios, tanto en España como no estranxeiro e participou en múltiples congresos científicos, tanto nacionais como internacionais.

Obra bibliográfica

editar

É autor de numerosos artigos en revistas especializadas, participou en varias obras colectivas e coordinou publicacións.[6]

  • Las fundaciones de Clairvaux en la Galicia medieval: filiación directa : el siglo XII (1981). Santiago de Compostela. Ed de autor. ISBN 84-300-4472-8.
  • La arquitectura cisterciense en Galicia (1982). Fundación Barrié. 2 vols. ISBN 848572819X e 9788485728190.
  • Iglesia del Monasterio San Pedro de Vilanova Dozón (1983). Alvarellos Editora.
  • Monasterio cisterciense de Santa María de Bujedo (1986). Rafael Pérez Escolar (pr.). Madrid: Ediciones de Arte y Bibliofilia. ISBN 84-85005-95-3.
  • Imaxes da arte en Galicia. Catalogación arqueolóxica e artística de Galicia do Museo de Pontevedra (1991). Fundación Pedro Barrié de la Maza.
  • Do tardogótico ó manierismo: Galicia e Portugal (1995). Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-87819-84-2.
  • O Balneario do Lérez: memoria gráfica dunha época (1997). Museo de Pontevedra. Con María Cristina Echave Durán. ISBN 84-89690-23-5.
  • Castelao e o teatro: escenografías [exposición] (2000). Museo de Pontevedra. ISBN 84-930924-6-0.
  • El arte románico en Galicia y Portugal (2001). Con Jorge Rodrigues. Instituto Camões. Fundação Calouste Gulbenkian : Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-89748-81-0.
  • Ovidio Murguía (2001). Fundación Pedro Barrié de la Maza.
  • Santa María de a Franqueira : Monasterio cisterciense (2003). Edilesa.
  • Valle; Carballo-Calero; Sobrino; Castro (2005). A arte galega na Colección Caixanova (en castelán). Faro de Vigo. VG-914/05. 
  • Xosé Filgueira Valverde, 1906-1996, un século de Galicia [exposición] (2007). Con Xesús Alonso Montero. Museo de Pontevedra. ISBN 978-84-95632-34-0.
  • Manuel Moldes: Pontevedra suite, 1983-1987: [exposición, 27 de xullo-17 de setembro de 2017, Museo de Pontevedra (2018). Con Alberto González Alegre; Angel Cerviño (coord.). Deputación. ISBN 978-84-95632-80-7.

Premios

editar
  • Medalla de Galicia.
  • Premio Cidade de Pontevedra na categoría de Cultura[7].
  • Premio Voz del Año de la Cultura.
  • Homenaxe Peña da Boina 2019.[8]