Johan de Requeixo

xograr galego
(Redirección desde «Johán de Requeixo»)

Johan de Requeixo (tamén Xohán de Requeixo e Xoán de Requeixo) foi un xograr galego de finais do século XIII. Levan o seu nome un colexio e a biblioteca municipal de Chantada.[1][2]

Infotaula de personaJohan de Requeixo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(gl) Xohán de Requeixo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Existen discrepancias sobre o lugar do seu nacemento, aínda que o seu nome e a súa obra conservada inducen a pensar que naceu na parroquia de Santiago de Requeixo.[3] Antonio Rei Somoza sitúao nunha concesión foral de 1247 que realiza o abade de Oseira ao seu favor.[4] O escritor Xosé Lois García Fernández sostén que era un sacerdote da parroquia de Requeixo.[5]

No 2004, grazas á iniciativa da Asociación Xohán de Requeixo, erixíronse cinco monólitos cos poemas conservados deste poeta medieval.[6]

Obra editar

É autor de cinco cantigas de amigo, todas cantigas de romería, en torno ao santuario de monte Faro en Chantada.[7]

Notas editar

  1. "Novas | CEIP Xoán de Requeixo". Consultado o 2021-02-02. 
  2. "CONCELLO DE CHANTADA :: WEB OFICIAL :: Bilbioteca Municipal". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 2021-02-02. 
  3. "CONCELLO DE CHANTADA :: WEB OFICIAL :: Historia". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2021. Consultado o 2021-02-02. 
  4. Vázquez García, Tania, Johan de Requeixo, xograr esquecido das terras de Asma, Alicerces. Revista de Estudos do Miño Medio, 2, 2017, p. 155. https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/15775
  5. Xosé  Lois GARCÍA FERNÁNDEZ, Os trobadores das terras de Chantada, Sada, Ediciós do Castro, 2001, p. 44
  6. "Cruces, flores y mascarillas para ir a ver a la Virgen a lo alto del monte Faro" (en castelán). 2020-09-08. Consultado o 2021-02-02. 
  7. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-02-02. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar