Requeixo, Chantada
Coordenadas: 42°36′47″N 7°52′09″O / 42.6129664, -7.86925267
Santiago de Requeixo é unha parroquia que se localiza no concello de Chantada. No ano 2011 tiña 166 habitantes [2] km², segundo datos do INE[3] e do IGE[4], dos que 84 eran homes e 82 eran mulleres.
Requeixo | |
---|---|
![]() Absida da igrexa de Santiago de Requeixo. | |
Concello | Chantada[1] |
Provincia | Lugo |
Área | 10,04 km² |
Poboación | 166 hab. (2011) |
Densidade | 16,53 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
A parroquia de Requeixo, con 10,04 km², é a segunda en extensión e poboación despois da parroquia de Nogueira. Está a 14 km da vila de Chantada, na parte baixa do monte Faro (altitude ~ 1.200 m).
Dispón de abundantes mananciais e regatos; e a montaña do faro e as súas ladeiras están poboadas de árbores que supoñen unha fonte de riqueza para a zona. Destacan grandes exemplares de castiñeiros. Dende a montaña antes citada pódese gozar de amplas vistas panorámicas. En días claros divísase a central térmica de Meirama na provincia da Coruña. Así mesmo esta montaña no seu cumio e nas súas abas acobilla distintas especies de caza. Ultimamente xa podemos encontrar exemplares de caza maior, como por exemplo o gamo ou o xabaril entre outros.
HistoriaEditar
No monte Faro atópase a ermida dedicada á Nosa Señora do Faro, onde se celebran romarías os días 15 de agosto, e 7, 8 e 9 de setembro xa celebradas por Xoán de Requeixo no século XIII. O día 7 de setembro a Virxe sobe en romaría ata a ermida que dista uns 4 quilómetros, mentres que o día 9 volve a baixar á igrexa de Requeixo.
A parroquia de Requeixo no momento de máximo esplendor chegou a ter preto de 1.000 habitantes. O val de Requeixo, chamado Santiago de Requeixo, é moi rico en gandaría polos seus amplos pasteiros e tamén pola súa cultura.
EconomíaEditar
Requeixo dispón de medianos saltos de auga onde se produce enerxía eléctrica e así mesmo estes saltos de auga servían para mover as aceas nos seus tempos de esplendor. En tempos recentes descubríronse minas moi abundantes en estaño, as cales atraeron moitos foráneos para a súa explotación.
Unha gran parte das mulleres dedicábanse aos teares, destacando as irmás Elvira e Evangelina. Os seus traballos eran coñecidos en todo o país e mesmo tamén noutras rexións, como en Madrid, onde eran moi apreciados. Tamén destacaron profesionais de ebanistería.
PatrimonioEditar
Entre o seu patrimonio monumental, destaca a igrexa románica de Santiago de Requeixo, do século XII. Un tímpano, hoxe incrustado nunha parede lateral, pertenceu á portada medieval desaparecida. Ten canzorros de grande calidade, cun repertorio variado. No interior, interesantes pinturas murais do século XVI[5].
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de RequeixoEditar
Lugares da parroquia de Requeixo no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
Alence | O Cabo | Caíbe | A Campaza | O Campo | Eiravedra | Fondoreses | Fontela | A Lama | O Pacio | O Pereiro | Río | Vila do Monte | Vilasusá | Viloira | Xillán de Abaixo | Xillán de Arriba |
Parroquias de ChantadaEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ www.concellodechantada.org
- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2012.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 22 de decembro de 2012.
- ↑ X. Lois García, Simboloxía do Románico de Chantada, Lugo, 2010, pp. 177-192