Esmeriz, Chantada
parroquia civil do concello de Chantada
Coordenadas: 42°35′55.8″N 7°52′23.9″O / 42.598833, -7.873306
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Esmeriz.
Santa Mariña de Esmeriz é unha parroquia que se localiza na ladeira do monte Faro, no oeste do concello de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o INE en 2008 tiña 47 habitantes (26 homes e 21 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 64 habitantes. En 2017 tiña 26 habitantes, 11 mulleres e 15 homes, segundo o INE.
Esmeriz | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de Esmeriz | |
Concello | Chantada[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 26 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
- Igrexa de Santa Mariña de Esmeriz, construída na primeira metade do século XVIII, con reformas posteriores no frontis.
ToponimiaEditar
O topónimo deriva xenitivo do antropónimo godo Hermericus [2].
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de EsmerizEditar
Lugares da parroquia de Esmeriz no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
A Pena | Penelas | Regoufe | Santa Mariña | O Vilar |