Santa Cruz de Viana, Chantada
Santa Cruz de Viana é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 83 habitantes distribuídos en 4,45 [2] km², segundo datos do INE[3] e do IGE[4], deles 40 eran homes e 43 eran mulleres. O que supón unha diminución respecto o ano 2007 que tiña 101 habitantes, deles 46 eran homes e 55 eran mulleres. En 2016 tiña 64 habitantes, 33 mulleres e 31 homes, segundo o INE.
Santa Cruz de Viana | |
---|---|
Igrexa de Santa Cruz de Viana. | |
Concello | Chantada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°34′41″N 7°51′01″O / 42.57816063, -7.85034872 |
Área | 4,45 km² |
Poboación | 56 hab. (2019) |
Densidade | 12,58 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo vén do latín Sancta Crux que fai referencia á invención da Vera Cruz nos tempos de Constantino. En 1244 figura como Sancta Cruce de Asma.
Viana ten unha orixe pouco clara. Pode ser unha palabra precelta con significado de monte. Pode estar relacionada co latín via ou cos antropónimos Veianus ou Vivianus[5].
Patrimonio
editar- Igrexa de Santa Cruz de Viana, reedificada no século XVIII sobre a primitiva de estilo románico.
Ao lado da igrexa parroquial está a capela do Corpo Santo, un suposto santo, Frei Miguel González.
Galería de imaxes
editar-
Santa Cruz de Viana. Vistas
-
Vista Igrexa
Lugares e parroquias
editarLugares de Santa Cruz de Viana
editarLugares da parroquia de Santa Cruz de Viana no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
Burgás | Quintá | Santa Cruz | Viana | Vilame | Vilardamos |
Parroquias de Chantada
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "www.concellodechantada.org". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2012.
- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 27.decembro.2012.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27.decembro.2012.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.