César del Caño

músico, cantor e compositor galego

José César Álvarez del Caño, nado en Castrelo de Miño en 1958[1][2][3], é un músico, cantor, compositor e director coral galego, máis coñecido como César del Caño.

César del Caño
César del Caño en xullo de 2018
Data nacemento1958
Nado enCastrelo de Miño
IrmánsVíctor Álvarez del Caño
OcupaciónMúsico, compositor, cantor
XéneroAlternativa, folk, lírica, canción de autor, coral
Instrumento(s)Voz, guitarra, secuenciadores
Tipo de vozBarítono, tenor
Tempo en activo1977 - actualidade
Na rede
https://www.cesardelcano.com/portico
Facebook: zesardelcano Twitter: cesardelcano_gz Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Os seus comezos musicais están ligados á cidade de Ourense, na que cursou os estudos universitarios e onde deu os primeiros concertos, tanto en festivais locais como en emisoras de radio e clubs nocturnos da capital.

A principios dos anos oitenta trasladouse a Barcelona, onde realizou os seus estudos musicais e de canto, fixando naquela cidade a súa residencia.

É autor e arranxador de numerosas obras musicais, así como compositor doutras sobre textos de poetas diversos ou mesmo sobre cantigas medievais, moitas das cales foron publicadas en respectivas edicións gráficas e discográficas.

Como intérprete móvese en diversos xéneros e modalidades, que van dende a música alternativa[4][5] e a canción de autor ata o folk[6] ou a lírica[7].

Paralelamente levou a termo unha importante[8] actividade[9][10] dentro do ámbito da música coral, como compositor de obras polifónicas e mais como fundador e director de diversas entidades, entre as que cabe salientar o Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB. 1992-2001), Galeuzcamerata (2006-2016) e Don de Son (2016-actualidade), todas elas no seo da Universidade de Barcelona, co apoio institucional do Vicerectorat d'arts, cultura i patrimoni da propia UB. Nesta vertente é de destacar tamén a fundación da Coordinadora Coral Galega de Catalunya[11].

Discografía editar

  • Expreso Estrella. Disco compacto[12][13] (Sons Galiza, 1994)
  • As 5 cantigas de Xoán de Requeixo. Disco compacto[14] (Asociación Xohán de Requeixo, 2003)
  • Neno orfo con cabalos ao fondo. Canción[15] (Sons Galiza, 1990)

Colaboracións editar

  • Porgaleuzca. Disco compacto/Libro[16][17] (Master Records, 1996).
    • I - Homenaxe a Voces Ceibes[18]
    • II - Homenaxe ós coetáneos de Euskadi, Cataluña e Portugal[19]
    • III - Seoane e as andoriñas ("Obertura", "Ramón Cernadas Senlleiro" e "Ramón Rodríguez Iglesias")[20]
  • Marcha espontánea nº 1 e Marcha espontánea nº 3. Obras orquestrais, en O Campo da Fonte[21] (Edigal, 1991).
  • Alalá. Texto e música tradicional. Versión para canto e piano: Ángel Barja. Intérpretes: C. del Caño / Marta Cabrero. CD Froita madura do Coro Lonxe da Terra de Barcelona.
  • Soneto de la carta. Texto: Federico García Lorca. Música: Amancio Prada. Versión para canto e piano: Ángel Barja. Intérpretes: C. del Caño / Ángel Safont. CD León, por ti, da Coral Virgen del Camino de Barcelona.

Reedicións editar

  • Marcha espontánea nº 1. Obra orquestral, en Folkódromo[22] (Clave Records, 2001).

Outras edicións editar

  • A Far'un día irei. Música: C. del Caño. Texto: Xohán de Requeixo. Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
  • Sediam'eu na ermida de San Simón. Música: C. del Caño. Texto: Meendinho. Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
  • Canto de Vilaver. Texto e música tradicional de Cervantes (Lugo). Arranxo coral: C. del Caño. Intérpretes: Miriam González e Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
  • Soñando Santiago. Texto galego: C. del Caño, sobre a canción Goodnight sweetheart. Música: James Hudson / Robert Sund. Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
  • Brincando no ar. Texto e música: C. del Caño. Intérpretes: Elvira Domínguez e Coro Lonxe da Terra, Barcelona. CD Froita madura.
  • Saudade. Texto e Música: C. del Caño. Intérpretes: Coro Saudade. Casete E agora… voa!

Partituras publicadas editar

  • El Rossinyol. (Partitura para coro e solistas) (2006).[23]
  • Fui eu, madr', en romaria. (Partitura monódica) (2003).[24].
  • A Far'un día irei. (Partitura monódica) (2003).[24]
  • Pois vós, filha, queredes mui gram ben. (Partitura monódica) (2003).[24]
  • Atender quer'eu mandado. (Partitura monódica)(2003).[24]
  • Amiga, quen oj' ouvesse. (Partitura monódica) (2003).[24]
  • Brincando no ar. (Partitura para coro e solistas) (1999).[25]
  • Samba prá mocedade. (Partitura coral) (1996).[26][27]
  • Enterro do neno probe. (Partitura para coro e solista) (1996).[27][28]
  • ¡Quen tivera vinte anos! (Partitura para coro e solista) (1996).[27][29]
  • María Soliña. (Partitura para coro e solistas) (1996).[27][30]
  • O umbral. (Partitura para coro, solista e piano) (1996).[27][31]
  • O camaleón. (Partitura coral) (1996).[27][32]
  • Ti, Galiza. (Partitura coral) (1996).[27][33]
  • Txoria txori. (Partitura para coro e solista) (1996).[27][34]
  • Vinyes verdes vora el mar. (Partitura para coro e piano) (1996).[27][35]
  • Canto moço. (Partitura coral) (1996).[27][36]
  • Seoane e as andoriñas:
    • Obertura. (Partitura coral) (1996).[27][37]
    • Ramón Cernadas Senlleiro. (Partitura para coro e solista) (1996).[27][38]

Premios editar

  • 1º premio no VII Certame Literario San Xurxo. Barcelona, 2004[39]
  • 1º premio no V Certame de Narrativa Castelao. Barcelona, 2004[39]

Notas editar

  1. Diccionario enciclopédico galego universal.
  2. Enciclopedia Galega Universal.
  3. Dicionario biográfico de Galicia.
  4. "Expreso Estrella: nueva música de fusión". La Región. 28 de xuño de 1994. p. 13. 
  5. César del Caño, creador, compositor e intérprete. La Voz de Galicia. Entrevista con Nacho Mirás e Ignacio Carballo. 02/07/1994. 
  6. Piñeiro, Xosé Manuel (07/07/1994). "Beber das fontes". La Región (Ourense): Contraportada. 
  7. Les cançons gallegues dels grans compossitors. Concerto lírico no Paraninfo da UB.
  8. MOVEA (Movimento Português de intervenção Artística e Educação pela Arte). "[...] uma nova geração de maestros a quem devemos a renovação do movimento coral". (Domingos Morais Arquivado 12 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., etnomusicólogo, Universidade Nova de Lisboa).
  9. Dende o leste cantando ós ventos. (Entrevista). 05/1996. p. 5, 6, 7. Revista Vento do Leste, nº 3. Ed.: Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya. 
  10. A editorial DINSIC publica en libro a música que César del Caño escribiu para un poema de Tomàs Garcés, nova en Vieiros, 29/05/2006
  11. Terceira Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, nova en Vieiros, 25/03/1999.
  12. Expreso Estrella (Disco compacto). Lugo: Sons Galiza. 1994. GF1020-2. 
  13. Estévez, Xoán Manuel (14/07/1994). "Produto Maduro/César del Caño: Expreso Estrella". Semanario A Nosa Terra (Crítica) (Vigo). 
  14. CD complementario ó libro Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo. Ed. Asociación Xohán de Requeixo (Chantada)/Ajuntament de Sant Andreu de la Barca (Barcelona, 2003),
  15. Canción no LP colectivo Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Ed.: Sons Galiza (Lugo, 1990).
  16. Porgaleuzca (Disco compacto/Libro). Barcelona: Master Records. 1996. SGAE-MR-1100-C. Disco compacto gravado polo Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB). Colaboración como compositor/versionador de tódolos temas musicais gravados e como director do CUGAB. Disco acompañado dun libro que inclúe as partituras das obras interpretadas e outros datos.
  17. Coro das voces ceibes. Faro de Vigo. Entrevista con Salvador Rodríguez. 01/11/1996. p. 4.  Noticia e recensión pormenorizada da publicación do CD.
  18. Sete versións corais de César del Caño, interpretadas polo CUGAB, sobre cancións do colectivo de cantautores universitarios Voces Ceibes: Xerardo Moscoso, Bibiano Morón, Benedicto García Villar, Guillermo Rojo, Xavier del Valle, Vicente Araguas e Miro Casabella.
  19. Tres versións corais de César del Caño, interpretadas polo CUGAB, sobre cancións de Mikel Laboa (Ez Dok Amairu), Lluís Llach (Els Setze Jutges) e Zeca Afonso (Portugal)
  20. Obras musicais de César del Caño que constitúen, entre outras, a banda sonora da rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas, sobre textos de Luís Seoane, con libreto de Camilo Valdehorras, estreada na Universidade de Barcelona en maio de 1994 polo CUGAB e maila Aula Universitaria Galega de Teatro (AUGATEBA), e incluída posteriormente (1996) no CD Porgaleuzca.
  21. Obras musicais de C. del Caño pra diversos instrumentos, compostas por encargo da Asociación Cova da Serpe de Barcelona, pra o seu LP O Campo da Fonte, interpretadas conxuntamente co grupo Marexada en Fisterra (Cova da Serpe), dirixido por Manoel Muxico Rei. Ed.: Edigal, Santiago de Compostela, 1991. EDL-70.030, DL C 31-91
  22. Obra musical de C. del Caño pra diversos instrumentos, composta inicialmente por encargo da Asociación Cova da Serpe (Barcelona, 1991), pra seu o LP O Campo da Fonte, interpretada conxuntamente co grupo Marexada en Fisterra (Cova da Serpe), dirixido por Manoel Muxico Rei. Reeditada en 2001 no CD colectivo Folkódromo. Ed.: Clave Records, Santiago de Compostela - 4053-CD / DL C 535-2001
  23. Partitura coral (SATB + Solistas) sobre un poema de Tomàs Garcés, publicada no libro Mollet a capella. Ed. DINSIC (Barcelona). 2006. ISMN M-69210-435-3
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 Partitura monódica sobre un poema do trobador Xohán de Requeixo (S. XIII), publicada no libro Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo conxuntamente co CD As 5 cantigas de Xohán de Requeixo. Ed. Comisión organizadora Homenaxe a Xohán de Requeixo. Barcelona, 2003. DL B 51658-2003
  25. Partitura coral (SATB + Solistas) en Revista Ciutat. Ed. Amics de les Arts i Joventuts Musicals (Terrassa, Barcelona, 1999).
  26. Obra coral (S2ATB) a partir dunha canción de Bibiano Morón sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro.
  27. 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 Porgaleuzca. Barcelona: CUGAB/BuleBule Produccions/Master Records. 1996. SGAE-MR-1100-C. 
  28. Obra coral (SATB + Solistas) a partir dunha canción de Benedicto García Villar sobre un poema de Luís Pimentel
  29. Obra coral (2SATB + Solistas) a partir dunha canción de Guillermo Rojo.
  30. Obra coral (2SATB + Solistas) a partir dunha canción de Xavier del Valle sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro.
  31. Obra coral (SA + Solistas + piano) a partir dunha canción de Xerardo Moscoso.
  32. Obra coral (SATB + Solistas) a partir dunha canción de Vicente Araguas.
  33. Obra coral (SATB + Percusión) a partir dunha canción de José Mário Branco e Luis Pedro Faro sobre un poema de Miro Casabella e Xavier Costa Clavell
  34. Obra coral (SATB + Solistas) a partir dunha canción de Mikel Laboa sobre un poema de José Antonio Arze.
  35. Obra coral (SMzA + Piano) a partir dunha canción de Lluís Llach sobre un poema de Josep Maria de Sagarra.
  36. Obra coral (SATB) a partir dunha canción de Zeca Afonso.
  37. Obra coral (SATB) feita por encargo para a rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas.
  38. Obra coral (SATB + Solista), sobre un poema de Luis Seoane, feita por encargo para a rapsodia escénico-coral Seoane e as andoriñas.
  39. 39,0 39,1 "Círculos". Revista Alborada. Centro Galego de Barcelona. 12/2004. p. 24. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar