Bibiano

músico e compositor galego

Bibiano Adonis Morón Giménez, máis coñecido como Bibiano, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1950 e finado en Vigo o 28 de decembro de 2016, foi un músico e compositor galego.

Modelo:BiografíaBibiano
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1950 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, compositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCanción protesta Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAdonis Morón Silva Editar o valor en Wikidata

Sitio webbibiano.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1040993 Musicbrainz: 5182f2bb-3377-4e60-a3f4-03e1f7e6b92a Discogs: 1350656 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Adonis Morón Silva. Iniciouse na canción galega comprometida no ano 1970, nos derradeiros tempos de Voces Ceibes. O seu primeiro concerto foi no colexio do Opus Dei "La Estila" de Santiago nese mesmo ano. Incorporouse á nova canción galega nos anos do fin do franquismo.

Foi especialmente famoso o concerto que deu acompañado polo tamén membro de Voces Ceibes Benedicto García Villar o 25 de xuño de 1976 no Pavillón dos Deportes da Coruña. O concerto, en solidariedade co dirixente comunista Santiago Álvarez, preso no penal de Carabanchel, converteuse nun acto de reivindicación galeguista e nun dos fitos culturais máis importantes da transición en Galicia.[1]

A súa achega foi incorporar percusión e instrumentos eléctricos (fundamentalmente a guitarra eléctrica) na canción galega, que até entón só era de voz e guitarra española.

Deu moitos concertos con Vicente Araguas e foi militante moito tempo de CCOO. Máis tarde trasladouse a Vigo, onde rexentou unha discoteca. Gravou varios discos. Nos últimos anos dedicouse á produción de eventos musicais en Vigo e rexentou un céntrico restaurante dende 1990 ata 2009.

Faleceu en Vigo o 28 de decembro de 2016.[2]

Discografía

editar

Álbums

editar
  1. Redacción (28 de decembro de 2018). "Falece Bibiano, o verso máis libre dos Voces Ceibes". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2018. 
  2. ""Fallece Bibiano Morón, el gran productor musical de la Movida de Vigo"". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar