Abrir o menú principal

Guillermo Rojo Sánchez, nado na Coruña o 29 de marzo de 1947, é un lingüista galego. Na súa mocidade formou parte do colectivo musical Voces Ceibes.

Guillermo Rojo
Medalla de Galiza.svg
Nacemento29 de marzo de 1947
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónlingüista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudante de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, a súa etapa universitaria coincide coas mobilizacións estudantís compostelás de abril de 1968. Nese contexto, Guillermo Rojo participará no que será considerado o acto fundacional da Nova Canción Galega, o recital na Facultade de Medicina o 26 de abril de 1968. Diante dunhas 2000 persoas, e acompañado de Benedicto, Xavier, Xerardo Moscoso, e Vicente Araguas, Guillermo Rojo interpreta as cancións Quen tivera vinte anos, Tirade ao chan os fusiles, A vós irmáns e Señor, eu fun poeta. Deste xeito fica vencellado ao grupo que uns días despois conformará o colectivo Voces Ceibes, e participa tamén do seu concerto máis importante, o 1 de decembro do mesmo 1968 no cine Capitol de Compostela. Guillermo Rojo é un dos membros do colectivo que gravará un traballo discográfico coa casa barcelonesa Edigsa, un EP de catro temas baixo o nome de “Guillermo”. Malia isto, abandonará o colectivo xunto coa carreira musical no ano 1970.

Carreira como LingüistaEditar

Formado na escola de Emilio Alarcos, Guillermo Rojo é especialista en teoría sintáctica do español e experto en Lingüística Informática. Dende 1970 imparte clases na Universidade de Santiago de Compostela, sendo catedrático de Lingua Española na mesma dende 1981.

O 27 de xaneiro de 2000 é elixido para ocupar a cadeira (N) da Real Academia Española (RAE) como membro de número, substituíndo ao escritor Torcuato Luca de Tena, finado en 1999. Tomou posesión o 7 de outubro de 2001 e o seu discurso de ingreso tratou sobre o lugar da sintaxe nas primeiras gramáticas da Academia.

É director académico do Banco de Datos do Español e tamén coordinador científico de Lingüística do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta de Galicia.

ObrasEditar

DiscografíaEditar

  • Guillermo (EP, Edigsa-Galaxia EGCM 5, Barcelona, 1968). Inclúe os temas A velliña, A vós hirmáns, Quen tivera vinte anos e Vento de inxusticia.

LibrosEditar

  • Cláusulas y oraciones (1978)
  • Aproximación a las actitudes lingüísticas del profesorado de E.G.B. en Galicia (1979)
  • Aspectos básicos de sintaxis funcional (1983)
  • El lenguaje, las lenguas y la lingüística (1986)

Artigos en revistasEditar

  • "La temporalidad verbal en español", en Verba: Anuario galego de filoloxia (1974)
  • "Sobre la coordinación de adjetivos en la frase nominal y cuestiones conexas", en Verba: Anuario galego de filoloxia (1975)
  • "La correlación temporal", en Verba: Anuario galego de filoloxia (1976)
  • "Réplica a 'Nuevas observaciones sobre la coordinación en la frase nominal'", en Verba: Anuario galego de filoloxia (1976)
  • "La función sintáctica como forma del significante", en Verba: Anuario galego de filoloxia (1979)
  • "Conductas y actitudes lingüísticas en Galicia", en Revista española de lingüística (1981)
  • "Evolución del concepto de función sintácticas de Martinet", en Verba: Anuario galego de filoloxia (1981)
  • "En torno a las actitudes lingüísticas de los profesores de E.G.B. en Galicia", en Revista de educación (1981)
  • "La situación lingüística gallega", en Revista de Occidente (1982)
  • "En torno al concepto de articulación", en Verba: Anuario galego de filoloxia (1982)
  • "Temporalidad y aspecto en el verbo español", en LEA: Lingüística española actual (1988)
  • "La base de datos sintácticos del español actual", en Español actual: Revista de español vivo (1993)
  • "Estado actual y perspectivas de los estudios gramaticales de orientación funcionalista aplicados al español", en Verba: Anuario galego de filoloxia (1994)
  • "Veinticinco años de estudios sobre sintaxis del español (España)", en LEA: Lingüística española actual (2003)

ColaboraciónsEditar

  • "Aportaciones al estudio de la auxiliaridad", en Actas del cuarto Congreso Internacional de Hispanistas (1982)
  • "Diglosia y tipos de diglosia", en Philologica hispaniensia : in honoren Manuel Alvar (1985)
  • "Relaciones entre temporalidad y aspecto en el verbo español", en Tiempo y aspecto en español (1990)
  • "Problemas lingüísticos e informáticos en los diccionarios de construcción y régimen", en Actas del Congreso de la Lengua Española: Sevilla, 7 al 10 octubre, 1992 (1994)
  • "Sobre la distribución de las formas "llegara" y "llegase" en español actual", en Scripta philologica in memoriam Manuel Taboada Cid (1996)
  • "El tiempo verbal: los tiempos simples", en Gramática descriptiva de la lengua española (1999)
  • "La explotación de la Base de datos sintácticos del español actual (BDS)", en Gramática española : enseñanza e investigación (2001)
  • "La frecuencia de los esquemas sintácticos clausales en español", en Lengua, variación y contexto: estudios dedicados a Humberto López Morales (2003)

Ademais, dirixe proxectos da RAE dende 1995.

Véxase taménEditar