Víctor Álvarez del Caño

poeta galego

Víctor Álvarez del Caño, Víctor A. del Caño, ou Víctor del Caño, nado en Castrelo de Miño o 27 de maio de 1968 e finado en Silleda o 13 de febreiro de 1993, foi un poeta galego.

Infotaula de personaVíctor Álvarez del Caño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1968 Editar o valor em Wikidata
Castrelo de Miño, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1993 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Silleda, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Sta. María de Castrelo de Miño 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalHistoria, Arqueoloxía e Antropoloxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 a 1993
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCésar del Caño Editar o valor em Wikidata

Páxina webSitio web do autor

Traxectoria editar

Fillo dunha mestra de educación primaria e dun labrego, a súa infancia transcorre en Castrelo de Miño, onde está situado o fogar familiar. Trala súa orfandade, ós oito anos, múdase ó concello de Cartelle (provincia de Ourense), lugar no que ha residir ata a maioría de idade. Cursa o bacharelato no Seminario de Ourense e posteriormente estudos de Historia, Arqueoloxía e Antropoloxía nas universidades de Compostela e Salamanca. A súa formación viuse truncada por causa da súa morte ós vinte e catro anos, nun accidente de tráfico na estrada N-525 á altura de Silleda.[1]

A súa actividade literaria abrangue un período aproximado de seis anos, comprendido entre 1987 e 1993. En xullo de 2018 publicouse, a título póstumo, o poemario A pel do silencio, en edición limitada numerada, que contén sesenta e cinco dos seus poemas. A produción poética de Víctor Álvarez del Caño engloba obras escritas tanto en galego como en castelán, non en van á súa xenealoxía por rama paterna, de devanceiros enraizados na comarca do Ribeiro, cómpre sumar o sangue castelán achegado pola do seu bisavó materno.[2]

Obra editar

  • "Chove miudiño" e "Escoita", poemas en Esa manía túa de vivir en presente, 1994.[3]
  • A pel do silencio, 2018. Poemario póstumo.[2]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 14-2-1993, p. 27.
  2. 2,0 2,1 Álvarez del Caño, Víctor (2018). A pel do silencio. Barcelona: BuleBule Produccions. ISBN 978-84-09-03332-4. 
  3. VV. AA. (1994). Esa manía túa de vivir en presente. Barcelona: ERGAC/Ordax Grup S.L. p. 128. DL B-43361-1994. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • "Recordando a Víctor Álvarez del Caño". La Región (Suplem. Vida). 22/7/2018. p. 24. 

Ligazóns externas editar