Historia dos Jokerit

O club de hóckey sobre xeo Jokerit de Helsinqui foi fundado en 1967. O contrutor de Helsinqui Aimo Mäkinen mercou as operacións de hóckey sobre xeo do club deportivo Töölön Vesa, nacendo así o novo club Jokerit.

Jokerit celebra o seu primeiro campionato finlandés na primavera de 1973. O capitán Timo Turusta conta co apoio de Pentti Hiiros e Timo Kyntölä (á dereita). Á esquerda está Kari Kinnunen.

Logo do seu nacemento os Jokerit ascenderon axiña á cima nacional ao gañar o campionato finlandés en 1973. Con todo, a mediados da década o éxito decaeu. O club pasou por dificultades económicas, e dende fináis da década de 1970 ata a última metade da década de 1980 tivo que loitar case sempre polo seu lugar na liga. Finalmente, na primavera de 1987 o equipo descendeu á I-divisioona. No outono de 1989 regresou á liga, mais o club estaba practicamente en quebra. Baixo o liderado dun novo propietario, Harry Harkimo, o equipo ascendeu de novo ao máis alto, gañando catro campionatos finlandeses e unha prata na década de 1990. Co novo milenio o éxito reducirse, aínda que volveu gañar o campionato en 2002, a prata nos anos 2000, 2005 e 2007, e o bronce en 2012. Entre os anos 2014 e 2022 os Jokerit xogaron na KHL, logo do cal tentan regresar á máxima categoría finlandesa.[1]

Ao longo da súa historia o equipo ten gañado en total seis campionatos finlandeses, seis pratas e dous bronces. Ademais ten conseguido, entre outros, dous campionatos da Copa de Europa, e un da Copa Continental. Na KHL os Jokerit conquistaron o título de división on ano 2016.

Do Töölön Vesa aos Jokerit: 1967–1969 editar

 
Os Jokerit foron precedidos polo Töölön Vesa. Na imaxe os xogadores Veikko Haapakoski, Pentti Simola e Kai Halimo entre os anos 1955 e 1964.
 
O fundador dos Jokerit Aimo Mäkinen.

As raíces dos Jokerit de hóckey sobre xeo atópanse no Töölön Vesa, cuxa primeira tempada na máxima categoría foi a 1955-56. Na década de 1960 a categoría do Vesa variou entre a SM-sarja e a Suomensarja.[2] A finais de febreiro de 1967 Vesa perdeu fronte o HIFK o desquite polo ascenso á SM-sarja.[3] As débedas do club ascenderon ata os 80 000 marcos finlandeses. A actividade no hóckey sobre xeo especialmente exerceu presión sobre a economía, polo que no club comezaron as discusións sobre o seu fin. O Vesa dirixiu as actividades xuvenís máis extensas en Helsinqui, polo que o seu fin ou a súa fusión con outros clubs da capital non se considerou unha boa idea.[4]

Na década de 1960 o Töölön Vesa atravesou problemas económicos. O construtor de Helsinqui Aimo Mäkinen mercou o equipo de hóckey sobre xeo do Töölön Vesa en 1967, fíxose cargo de parte das débedas do club e ao mesmo tempo fundou os Jokerit de Helsinqui.[5][6] Mäkinen quería outro equipo de hóckey sobre xeo exitoso na capital ademais do HIFK.[5]

Para decidir o nome do novo equipo reuníronse varias persoas. Ao principio houbo varias ideas, como os "Ritarit" (en galego "cabaleiros") e o Helsinki Hockey-Team,[4] mais finalmente ao xerente de departamento de Veikkaus e director deportivo do Vesa Raimo Kähkösen ocorréuselle o nome "Jokerit". A el gustáballe o nome do novo equipo de Pori, os Ässät (en galego "ases"). Cando procuraba un nome para o novo equipo considerou que o comodín (en finés "jokeri") era unha carta mellor que o as de picas. Tamén atopou un exemplo do logotipo do club nunha baralla de cartas. Con todo, houbo un par de contratempos relacionados co nome, xa que a sociedade de pelota Jokerit de Käpylä e a fábrica de pinturas Tikkurila chamada Jokeri-maali encontrábanse no rexistro de sociedades. Con todo, a actividade dos Käpylän Jokerit cesara moito tempo atrás, e a fábrica de pinturas Tikkurila comezou a patrocinar o novo club.[7][8]

O construtor e antigo presidente do Helsingin Pallo-Toverit Aimo Mäkinen intentara unir o pesäpallo da capital baixo un mesmo teito, mais non tivera éxito. Mäkinen comezou a interesarse pouco a pouco polo hóckey sobre xeo, cuxa popularidade en Helsinqui estaba a medrar, e xa axudara ao Vesa da modalidade durante algúns anos. A economía do Vesa estaba en crise, polo que a xunta directiva do equipo e Mäkinen reuníronse a finais de outubro de 1967. Mäkinen prometeu pagar a metade da débeda do club a condición de que os equipos representativo e júnior de hóckey foran transferidos ao novo club de hóckey creado por el.[4] Mäkinen quería que enn Helsinqui houbera outro club exitoso de hóckey ademais do HIFK.[5] A dirección do Vesa aprobou o acordo, e mesmo os xogadores acordaron mudarse ao novo club que aínda non tiña nome. Polo que o xogador estrela Timo Turunen, que xa adestrara co HIFK no verán, continuou no equipo. O mozo equipo de Vesa mantívose unido, o que lle deu ao novo club un bo punto de partida dende o punto de vista deportivo.[4]

As operacións dos Jokerit comezaron oficialmente o 27 de outubro de 1967, cando se celebrou a reunión fundacional. Na reunión estaban Mäkiinen e o "pequeno consello", entre os que se encontraban os mestres pintores Eino Syrjänen e Reino Vilen, así como o xerente financeiro Keijo Tamminen. Mäkinen anunciou que construiría un novo gran club en Helsinqui, pero que non adquiriría xogadores do HIFK. A visión era que co tempo todos os xogadores dos Jokerit foran produto da actividade xuvenil do propio equipo, o que requeriría dun inicio a gran escala co hóckey xuvenil. Os Jokerit comezaron a desenvolverse a partir das actividades do Vesa.[4]

O novo equipo anunciouse ao público o 6 de novembro, cando o xornal en lingua sueca Nya Pressen publicou unha nova ao respecto:[9]

Debido ás dificultades económicas o Vesa viuse obrigado a suprimir a súa sección de hóckey sobre xeo. A situación, con todo, está baixo control, xa que o construtor Aimo Mäkinen saldou as contas do Vesa, fundando un novo club chamado Jokerit, ao cal se uniron todos oss antigos xogadores do Vesa, baixo a dirección da súa principal estrela Timo Turunen. O club vai solicitar á Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo unha praza no grupo occidental da Suomensarja.

O primeiro adestrador dos Jokerit, Jorma Salmi, abogaba por un xogo defensivo estrito e de contraataque rápido, e esixía aos xogadores unha disciplina de adestramento máis estrita que antes..[10] O primeiro partido dos Jokerit tivo lugar o 10 de novembro de 1967, cando xogou un partido amigable contra o Upon Pallo, un equipo que xogaba na máxima categoría, a SM-sarja.[11] Os xogadores disputaron o partidoc coas camisolas do Vesa, xa que os novos uniformes de xogo aínda non estaban listos. O partido finalizou coa vitoria dos Jokerit 4–3. O primeiro gol da historia do equipo foi obra de Olli J. Hietanen.[12]

Durante as súas dúas primeiras tempadas os Jokerit competiron na segunda categoría, a Suomensarja.[5] Antes do inicio da tempada 1967-68 os Jokerit eran, xunto co Lukko de Rauma, os máximos favoritos da liga.[10] O primeiro partido do equipo na tempada foi como visitante fronte os Karhu-Kissoja o 23 de novembro de 1967. No partido o equipo conseguiu unha vitoria a domicilio por 7-1 e Timo Neira marcou o primeiro gol do equipo en liga, mentres que Osmo Kuusisto foi o primeiro xogador penalizado.[13] O Lukko gañou a liga sen perder ningún partido, mentres que os Jokerit finalizaron na segunda posición con oito puntos menos que o equipo de Rauma.[10] O xogador máis eficaz dos Jokerit foi Timo Turunen, que anotou 18 puntos en 12 partidos (13 goles e 5 asistencias).[14] Despois da tempada Jorma Salmi converteuse no adestrador do HIFK da SM-sarja.[15]

 
Os Jokerit celebrando o ascenso á SM-sarja na primavera de 1969.

O único obxectivo da tempada 1968-69 era o ascenso de categoría, xa que as finanzas do club non poderían soportar unha terceira tempada a nivel de liga inferior.[16][17] O equipo reforzouse respecto da tempada anterior, e entre os novos xogadores chegou o defensa do Tappara Antti Perttula.[16] Ao principio da tempada Martti Sarlin fíxose cargo da dirección do equipo, con todo axiña tivo que deixar o posto a causa das queixas dos xogadores polo adestrador, que lles berraba instrucións cun megáfono. Ao adestrador da tempada anterior, Jerry Salmi, non llee gustou o rival local e regresou aos Jokerit. Con todo, logo de Sarlin o posto de adestrador recaeu en Jorma Kyntölä. O historial do club tamén estivo influenciado por Gustav Bubník, que analizou os partidos xunto con Kyntölä.[15]

O sistema de competición mudou na tempada 1968-69, na que os dous mellores equipos dos grupos da Suomensarja cualificáronse para a serie de cualificación e ningún equipo ascendeu de xeito directo.[18] Os Jokerit chegaron á serie de cualificación como campións do grupo sur. O segundo clasificado foi o TPS, que co mesmo número de puntos tivo que conformarse coa segunda posición a causa da súa menor diferenza de goles.[19] No primeiro partido da serie de cualificación os Jokerit derrotaron ao Kiekko-Pojat de Mänttä 1-2. Nos seguintes partidos caeron fronte o JoKP e o TPV. O partido fronte o TPS foi considerado decisivo para o ascenso. Na serie preliminar os partidos entre ambos equipos finalizaran con empate 3-3. No partido da serie a defensa da liña integrada por Neira–Hietanen–Kari Puolimatka anulou completamente a primeira liña do TPS liderada por Juhani Wahlsten. Os Jokerit gañaron o partido 2-3. No derradeiro partido da serie de cualificación o equipo derrotou o Hilpara e asegurou así o ascenso.[20]

Primeira categoría e primeiro campionato: 1969–1973 editar

 
Lauri Mononen foi unha das fichaxes máis famosas de Aimo Mäkisen para a primeira tempada dos Jokerit no campionato finlandés, a 1969–70.

A primeira tempada dos Jokerit na SM-sarja foi a 1969-70. Aimo Mäkinen comezara unha construción de equipo sen precedentes, e o equipo recibiu numerosos reforzos para a súa primeira tempada na máxima categoría. Mäkinen tiña o costume de ofrecerlles aos xogadores cartos directamente ata a sinatura do contrato.[5] Ao equipo uníronse, entre outros, xogadores da selección finlandesa como Veli-Pekka Ketola, Henry Leppä, Erkki e Lauri Mononen así como o defensa Ilpo Koskela. Outros dos xogadores que chegaron foron Timo Sutinen, Pertti Nurmi, Alpo Suhonen e Pertti Arvaja. Eero Holopainen chegou do HIFK e converteuse no porteiro, mentres que como adestrador, pechando a operación chegou do Upon Pallo Aulis Hirvonen.[10] Os xogadores que tiveron unha actuación máis salientable foron Turunen e Ketola, que finalizaron nos postos cuarto e quinto da clasificación de puntuadores da SM-sarja.[21] Os xogadores procedían de distintos equipos, e na segunda metade da tempada o equipo uniuse e finalizou na quinta posición ao final da tempada.[10]

Ao mesmo tempo que se construía o equipo representativo, os Jokerit organizaron a Kanada-sarja no leste de Helsinqui, dirixida aos xogadores novos do propio club. A idea xurdiu do sistema similar que estaba a levar a cabo o Ilves en Tampere, e varios xogadores destacados do club comezaron a súa afección polo hóckey na Kanada-sarja.[5] A competición comezou en 1969. O soño de Aimo Mäkinen era facer medrar todo o equipo representativo a partir dos propios xogadores júnior do equipo, o que nunca se fixo realidade.[22] Con todo, a Kanada-sarja para xogadores júnior axiña deu resultados: o equipo D-júnior gañou o campionato finlandés na primavera d 1973 e os equipos de nenos B,C e E na tempada 1975–1976.[23] O seu forte e sistemático traballo cos rapaces novos axudou aos Jokerit a conseguir sereiros, especialmente entre a xente nova.[5]

Logo da primeira tempada na SM-sarja o equipo mudou moito, xa que marcharon Ketola, Suhonen, Perttula e o duro defensor Osmo Kuusisto.[10] Na tempada 1970-71 os Jokerit adquiriron outro xogador destacado cando Seppo Repo uniuse ao equipo en parte para suplir a Ketola, que regresara aos Ässät.[24] Aos Jokerit chegou tamén Jouko Öystilä, que xogara como parella defensora de Ilpo Koskela na selección finlandesa. O hóckey sobre xeo volvérase máis físico, o que nunca beneficiou aos xogadores rápidos e áxilese dos Jokerit. O equipo necesitaba un estilo de xogo gañador, e o novo adestrador Matti Lampainen achegou a característica habilidade co disco dos Jokerit. O equipo patinou duro, moveu o disco rápido e explotou os seus puntos fortes.[10] Durante a tempada os Jokerit estiveron preto do seu primeiro campionato finlandés. Gañaron a liga regular, mais xogaron mal durante a fase final, rematando tan só quintos. Na clasificación final, os Ässät proclamáronse campións, mntres que os Jokerit finalizaron segundos.[25]

 
Timo Sutinen nun partido fronte o HIFK en 1971.

Antes do inicio da tempada 1971–1972 os Jokerit perderon a Seppo Revon e Lauri Monosen, que marcharon aos Karhu-Kissat. As dúas primeiras tempadas na máxima categoría empobreceran a Aimo Mäkinen, e o equipo non era un dos principais favoritos. Os Jokerit subiron a xogadores ao equipo representativo procedentes princialmente do segundo equipo, Peikot.[10] Durante a tempada xogou o canadense Dwight Watson, que estivo no equipo durante sete partidos e se converteu no primeiro xogador estranxeiro dos Jokereit.[26][27] Con todo, xogador máis importante do equipo continuou a ser Timo Turunen, que finalizou como o quinto máximo puntuador.[25] Os Jokerit compensaron o elenco de xogadores máis reducido co espírito de equipo e as habilidades do adestrador Lampainen, e o equipo chegou á cima da clasificación.[10] Os Jokerit foron quintos da liga regular e segundos no grupo superior da liga final. Na clasificación final foi cuarto, dous puntos por debaixo do terceiro clasificado, o HIFK.[25] O material co que contaba o equipo en canto a xogadores era demasiado limitado e inexperto, e os Jokerit xogaron varios partidos con tan só tres defensores. De entre os defensores Ilpo Koskela estivo no xeo practicamente todo o tempo.[10]

No verán de 1972 os Jokerit planearon a fusión co HJK e os Karhu-Kissojen. O plano fracasou para Aimo Mäkinen, que na clausura da Kanada-sarja emocionouse cos 600 mozos presentes no lugar. Mäkinen sinalou no seu discurso, que se se levaba a cabo a fusión o nome do novo club sería Jokerit. Máis de 80 titores dos mozos estaban en contra da fusión dende o principio. A fusión tería significado o colapso do traballo cos rapaces, xa que tanto para os para directivos do HJK como os para dos Karhu Kissat só o equipo representativo era importante. En tres anos os titores, pais e nais, e nenos aprenderan a considerar aos Jokerit como o seu propio equipo, para o cal traballaran por quendas sen remuneración. Para eles os Jokerit significaban o orgullo do leste de Helsinqui e o portador da súa autoestima.[28]

A mesma primavera a continuidade das actividades do Jokerit era incerta. A tempada anterior fora economicamente difícil, e o interese de Mäkinen no equipo comezou a decaer. En marzo debía anunciar o cesamento das operacións na Escola Superior de Comercio. Con todo, a multitude de varios centos de mozos no salón de banquetes fixo que a opinión de Mäkinen mudara, cando aínda estaba no estrado o seu discurso de rescisión mudou por un de continuación. A diferenza do habitual, Mäkinen non tiña preparado un discurso escrito, por iso foi que tivo que improvisar.[29]

Algúns de vostedes oíron falar deste proxecto de fusión – mais como teño seguido este espírito de jóker durante o tempo desta negociación de fusión, cheguei á conclusión de que este club non pode descompoñerse. Que as sete letras dos Jokerit se manteñan unidas tanto tempo como poida darlle o meu apoio e podio influír nel, eu o garanto. Deixen que os demais se fusionen cos Jokerit se queren.
 
Campionato finlandés gañado polo equipo dos Jokerit na tempada 1972–1973.

Os Jokerit conseguiron o seu primeiro campionato finlandés cun novo récord de puntos na tempada 1972–1973. As dificultades anteriores uniran o equipo. Tamén tivo adquisicións famosas, como o regreso de Lauri Mononen, procedente dos Karhu-Kissat, e Seppo Suoraniemi, que viña de xogar no HJK. De entre os xogadores veteranos Timo Turunen, xunto con Timo Sutinen, encabezaron a clasificación dos mellores puntuadores da SM-sarja, e Turunen foi o ademais o máximo goleador. Como porteiro fichouse ao xogador da selección finlandesa Jorma Valtonen, cuxas paradas foronn clave. Mononen, pola súua banda, foi case toda a tempada a áncora da tripla cadea, xa que o adestrador Matti Lampainen non viu ningún motivo para romper dous xogadores fortes. Mononen deixou o club logo da tempada..[10][30]

Descenso constante: 1973–1982 editar

Equipo ascensor: 1982–1987 editar

I-divisioonaa, ascenso e problemas económicos: 1987–1991 editar

”Jokeri-ilmiö”: 1991–1997 editar

Novo estadio: 1997–2003 editar

Presión polo éxito: 2003–2010 editar

Era Kekäläinen: 2010–2013 editar

Última tempada na SM-liiga: 2013–2014 editar

O 28 de xuño de 2013 informouse de que Harry Harkimo vendería o Hartwall Areena aos empresarios ruso-finlandeses Gennadi Timchenko e Arkadi, Boris e Roman Rotenberg, que tamén obtiveron a opción de mercar os Jokerit.[31] O propio Harkimo foi nomeado novo director xeral. Ao mesmo tempo, informouse que os Jokerit trasladaríanse á KHL para a tempada 2014-15 como primeiro equipo finlandés.[32]

Aínda que a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo deulle permiso aos Jokerit para o traslado, segundo a SM-liiga o equipo non lle tería consultado á liga de acordo coas normas da IIHF. Os outros equipos da liga consideraron que os Jokerit romperan o acordo de accionistas, e por iso algúns deles mesmo esixiron que o equipo fora cancelado para a tempada 2013-14. Finalmente no consello de accionistas da SM-liiga que se organizou o 30 de xullo chegouse a un acordo sobre as condicións segundo as cales o equipo poderia competir na tempada seguinte da SM-liiga. Segundo as condicións, cuxos detalles son segredos, o equipo podería unirse posteriormente á KHL.[33] Harkimo dixo que os Jokerit tomarían unha desicións respecto á súa participación na KHL probablemente en outono.[34] Segundo Harkimo o club aínda non tiña contrato coa KHL nese momento.[35]

O traslado dos Jokerit á KHL na tempada 2014-15 cofirmouse o 30 de outubro. Ao mesmo tempo anunciouse que Arena Events mercara o 49 % das accións de Jokerit Hockey Club Oy, aínda que Harry Harkimo conservaba aínda a maioría das accións, o 51 %.[36] O 4 de decembro o club informou de que o seu adestrador durante a primeira tempada na KHL sería Erkka Westerlund cun contrato por dous anos.[37]

Ao inicio da parón do Nadal da tempada 2013-14, os Jokerit, baixo unha forte presión polo éxito pero clasificados tan só na sétima posición, despedirán a Tomi Lämsä e nomearon a Tomek Valtosen como adestrador. O ex porteiro Pasi Nurminen tamén se uniu ao equipo técnico.[38] En febreiro de 2014 Jukka Kohonen foi elixido novo director executivo.[39]

Na liga regular, os Jokerit finalizaron na sétima posición, o que lles deu dereito a disputar a primeira rolda dos play-offs.[40] Alí perdeu directamente fronte o HPK por 0–2 vitorias. A posición final do equipo na liga foi a novena.[41] O último gol marcado polos Jokerit na SM-liiga foi obra de Markus Hännikäinen.[42]

Na KHL: 2014–2022 editar

Saída da KHL: 2022 editar

En febreiro de 2022, ante a escalada de violencia no leste de Ucraína, xurdiron presións para que Jokerit abandonara a KHL. O martes 22 de febreiro o grupo de seareiros Eteläpääty esixiu que o equipo deixara a competición de xeito inmediato. O director executivo da entidade, Sami Kauhanen, sinalaba entón que Jokerit tiña acordos e obrigas coa liga que debían cumprir.[43][44] Segundo o comentarista deportivo ruso Lev Lukin, entre os motivos de Jokerit para non abandonar a KHL estarían o feito de competir na mellor liga de Europa e que o seu estadio, Hartwall Arena, pertence a Gennady Timchenko e á familia Rotenberg dende 2013, polo que o equipo non podería seguir xogando no estadio.[45] Coincidindo co inicio da guerra en Ucraína o 24 de febreiro, varias empresas colaboradoras de Jokerit anunciaron o fin da súa cooperación co equipo a causa da situación en Ucraína, e a empresa Hartwall, principal patrocinador do estadio, anunciou que estaba a valorar se retiraba o seu apoio.[46] Na mañá do 25 de febreiro o equipo emitiu un comunicado no seu sitio web no que anunciaba que suspendía a tempada 2021-22, afirmando que "na situación mundial actual, continuar coa tempada tería sido imposble". O anuncio produciuse despois de que Jari Kurri, director xeral de Jokerit, mantivera conversas coa KHL. Deste xeito o equipo de Helsinqui puña punto e final á tempada antes de comezar os play-offs, nos que debía enfrontarse ao Spartak de Moscova a partir do 1 de marzo.[47]

Logo de retirarse da tempada na KHL o equipo comezou a ofrecer os seus xogadores a equipos da liga finlandesa, entre eles os campións olímpicos con Finlandia Iiro Pakarinen, Petteri Lindbohm, Marko Anttila, Hannes Björninen e Niklas Friman.[48][49] O 27 de febreiro confirmouse a saída do adestrador Lauri Marjamäki logo de que este asinara con Kärpät, equipo que xa dirixira entre 2013 e 2016,[50] conseguindo co equipo de Oulu dúas ligas (2014 e 2015).[51] O 28 de febreiro anunciouse o traspaso do capitán de Jokerit, Marko Anttila, a Ilves da Liiga.[52]

A situación do equipo é confusa e a afección pregúntase sobre o futuro do equipo. Un grupo de afeccionadas e afeccionados no equipo crearon na rede social Facebook un grupo privado baixo o nome Jokerit takaisin liigaan! (en galego "Jokerit de volta á liga!"), en alusión ao campionato finlandés, integrada por unhas 6 800 persoas. Nunha enquisa realizada no grupo, o regreso do equipo á Liiga recibiu a maior parte dos apoios (490 votos), seguida do ingreso do equipo na Mestis, mentres que a opción de continuar na KHL tan só recibiu 16 votos. Do mesmo xeito sinalábase que o equipo mantén contratos coa KHL.[53]

A principios de abril Jokerit anunciaba na súa conta de Twitter que abandonaba a KHL. Con todo, no momento do anuncio o futuro deportivo do equipo era aínda unha incógnita, se ben especulouse co seu regreso á Liiga, o presidente de SM-liiga Oy sinalaba nesas datas que non houbera negociacións e que a Liiga tería antes que saber cal sería a organización e a propiedade do club, así como o estadio no que podería xogar, aínda que tamén indicou que "non hai oposición en principio".[54][55]

Novo inicio na Mestis editar

Os Jokerit debutaron na Mestis o 21 de setembro de 2023 fronte o K-Espoo, vixente campión da competición, cunha vitoria na prórroga. O equipo de Espoo chegou poñerse por diante 2-0 no segundo terzo, mais os goles de Alexander Forslund (autor do primeiro gol dos jókers na Mestis) e Emil Oksanen (en superioridade) igualaron a contenda, que caeu do lado capitalino grazas ao gol na prórroga de Leevi Lemberg.[56] O partido, no que antes do inicio celebrouse a cerimonia na que se elevou o bandeirín de campión da tempada 2022-23 do K-Espoo, bateu o récord de asistencia a un xogo da segunda categoría do hóckey sobre xeo finés con 6 982 persoas nas bancadas, superando a asistencia rexistrada o 22 de abril de 2023 durante o terceiro partido das finais entre o K-Espoo e o Ketterä no mesmo escenario.[57]

O debut dos Jokerit na súa pista tivo lugar o 22 de setembro de 2022 coa visita do KOOVEE ao Keravan jäähalli, que rexistrou un cheo con 1 240 persoas nas bancadas. O partido finalizou coa vitoria do equipo de Tampere (2-3), que anotou todos os seus goles no primeiro terzo. O primeiro gol na casa do equipo de Helsinqui foi obra de Mathias Hänninen.[58]

Á conclusión da liga regular o equipo finalizou na terceira posición da táboa, gañando 18 dos 23 partidos que disputou logo do parón do Nadal. A clasificación na liga regular garantiulle a vantaxe de campo nas eliminatorias de cuartos de final, nas que se enfrontou ao Hermes de Kokkola. Finalmente os Jokerit caeron en seis encontros (2-4) logo de que o Hermes se impuxera axiña como visitante no partido inaugural da serie e os de Helsinqui non foran capaces de gañar ningún partido como visitantes, finalizando a serie cun contundente 6-1 no Kokkolan jäähalli que relegou ao equipo á quinta posición final nun retorno ao hóckey finlandés que foi descrito como "decepcionante".[59]

Notas editar

  1. "Jokerit palaamassa SM-liigaan – huhut Teemu Selänteen ympärillä kuumenevat" (en finés). sportti.com. 4 de abril de 2022. Consultado o 20 de maio de 2023. 
  2. Alaja 2012, p. 28.
  3. Alaja 2012, p. 30.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Alaja 2012, p. 45.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mennander & Mennander 2003, pp. 172–174.
  6. Hannula 2012, p. 12.
  7. Aalto 1992, p. 25.
  8. Wickström 2012, p. 41.
  9. 9,0 9,1 Aalto 1992, p. 26.
  10. 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 10,10 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome kausikaudelta
  11. "Historiaa" (en finés). Jokerit.com. Arquivado dende o orixinal o 6de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  12. Aalto 1992, p. 28.
  13. Aalto 1992, p. 29.
  14. Aalto 1992, p. 277.
  15. 15,0 15,1 Aalto 1992, p. 36.
  16. 16,0 16,1 Aalto 1992, p. 34.
  17. Hannula 2012, p. 13.
  18. Aalto 1992, p. 30.
  19. Aalto 1992, p. 278.
  20. Aalto 1992, p. 32.
  21. Aalto 1992, pp. 280–281.
  22. "Jokeri historia 70-luku: Ensimmäinen mitali" (en finés). Jokerit.com. 22 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2009. Consultado o 3 de marzo de 2024. 
  23. "Jokeri historia 70-luku: SM-sarjasta liigaksi" (en finés). Jokerit.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2009. Consultado o 3 de marzo de 2024. 
  24. Mennander & Mennander 2003, pp. 336.
  25. 25,0 25,1 25,2 Mennander & Mennander 2004, p. 336.
  26. Arin painopalvelut, ed. (2002). "Jokerit 1969/70 – 2001/02 Pelaajarekisteri / Runkosarja". Jokerit Kausikirja 2002–2003, Jokerit hockey news (en finés) (Helsinqui). ISSN 1459-076X. 
  27. Jokerit.com (ed.). "Pelaajatilastot kausilta 1967-2015 – Kausi 1971-72" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  28. 28,0 28,1 Aalto 1992, pp. 87–88.
  29. Hannula 2012, pp. 14–15.
  30. Hannula 2012, p. 16.
  31. Modelo:Verkkoviite
  32. Modelo:Verkkoviite
  33. Modelo:Verkkoviite
  34. Modelo:Verkkoviite
  35. Modelo:Verkkoviite
  36. Modelo:VerkkoviiteModelo:Vanhentunut linkki
  37. Modelo:Verkkoviite
  38. Modelo:Verkkoviite
  39. Modelo:Verkkoviite
  40. Modelo:Verkkoviite
  41. Modelo:Verkkoviite
  42. Modelo:Verkkoviite
  43. "Ukrainan kriisin seuraus: Jokerien kannattajayhdistys vaatii joukkuetta vetäytymään KHL:stä välittömästi - ”Suojelkaa seuraa” Kannattajayhdistys toivoo myös, että Jokerit ry vetää tunnuksensa pois KHL-joukkueelta.". Helsingin Sanomat  (en finés). 22 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  44. "Näin Jokerit kommentoi kannattajiensa vaatimusta lähteä KHL:stä: ”Meillä on sarjassa sitovat sopimukset”". Helsingin Sanomat  (en finés). 22 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  45. "Venäläinen urheilusivusto yllättyi Jokereiden "tottelevaisuudesta" KHL:ää kohtaan – ja keksi sille myös syyn". Helsingin Sanomat  (en finés). 23 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  46. "Yhteistyökumppanit kaikkoavat Jokereilta, myös Hartwall tutkii mahdollisuutta irtautua sopimuksestaan". Helsingin Sanomat  (en finés). 24 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  47. "JOKEREIDEN KAUSI ON OHI" (en finés). jokerit.com. 25 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  48. Kunnari, Timo (24 de febreiro de 2022). "Jokerien pelaajia kaupataan jo täysillä SM-liigajoukkueille". Iltalehti (en finés). Consultado o 28 de febreiro de 2022. 
  49. Korpela, Emilia (25 de febreiro de 2022). "Pelicansin kiinnostus Jokereiden pelaajia kohtaan laimeaa". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 28 de febreiro de 2022. 
  50. "Lauri Marjamäki Kärppien päävalmentajaksi" (en finés). karpat.fi. 27 de febreiro de 2022. Consultado o 28 de febreiro de 2022. 
  51. "Finland SM-liiga history and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 28 de febreiro de 2022. 
  52. Lehtinen, Lauri (28 de febreiro de 2022). "Marko Anttila palaa Ilvekseen! Tapparallekin kaksi huippuvahvistusta: mestaripelaaja Veli-Matti Savinainen on taas kirvesrinta". Aamulehti (en finés). Consultado o 28 de febreiro de 2022. 
  53. "Jokeri-fanien tuska ja katkeruus purkautuu Facebookissa – ”Ihmetyttää, kun tosifanit ilakoivat, että sponsorit lähtee”". Helsingin Sanomat  (en finés). 25 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  54. Miettinen, Heikki; Hakola, Tero (5 de abril de 2022). "Jokerit antoi lopullisen vahvistuksen – seura jättää hyvästit KHL-liigalle". Helsingin Sanomat  (en finés). Consultado o 6 de abril de 2022. 
  55. Reponen, Jussi-Pekka (5 de abril de 2022). "Jokerien kannattajayhdistyksessä osattiin odottaa ilmoitusta KHL:n jättämisestä: ”Ilmiselvä juttu”". Helsingin Sanomat  (en finés). Consultado o 6 de abril de 2022. 
  56. "Jokerit nousi jatkoaikavoittoon ennätysyleisön edessä" (en finés). Mestis.fi. 21 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023. 
  57. "Mestiksen uusi yleisöennätys tehtiin Espoossa" (en finés). Mestis.fi. 22 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023. 
  58. Niemistö, Juho (22 de setembro de 2023). "Jokerien kotiavauksen tunnelma löi Kooveen ulkomaalaisvahvistuksen ällikällä – ”Uskomaton”". Aamulehti (en finés). Consultado o 23 de setembro de 2023. 
  59. Moilanen, Mika (23 de marzo de 2024). "Jokereille karmea pettymys – kesäloma alkoi Kokkolassa, tuomari mukana Hermeksen maalissa". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2024. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aalto, Seppo (1992). Jokerit liukkaalla jäällä – 25 vuotta jokeri-kiekkoa (en finés). Helsinki: Team-Erica. ISBN 952-9743-01-7. 
  • Hannula, Matti (2012). 45 Jokeria pakan päältä (en finés). Helsinki: Print Line Helsinki. ISBN 978-952-93-1225-2. 
  • Mennander, Ari (1997). Hjallis – Hartwall Areena: miten mahdottomasta tehtiin mahdollinen? (en finés). Helsinki: Otava. ISBN 951-1-14874-5. 
  • Mennander, Ari; Mennander, Pasi (2003). Leijonien tarina (en finés). Helsinki: Gummerus: Ajatus. ISBN 951-20-6455-3. 
  • Mennander, Ari; Mennander, Pasi (2004). Liigatähdet (en finés). Helsinki: Ajatus : Gummerus. ISBN 951-20-6684-X. 
  • Wickstöm, Mika (2012). HIFK–Jokerit: taistelu Helsingin herruudesta (en finés). Helsinki: Tammi. ISBN 978-951-31-6869-8.