Imatran Ketterä, ou simplemente Ketterä, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Imatra (Finlandia). Na tempada 2021-22 competía na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Mestis, da que se proclamou campión en dúas ocasións (2019 e 2021). Foi fundado en 1957 e xoga os seus partidos como local no OmaSp Areena, un pavillón con capacidade para 1 200 persoas.

Ketterä
Fundación1957
Cidade Imatra,
Carelia do Sur
Finlandia Finlandia
EstadioOmaSp Areena
(1 200 persoas)
LigaMestis
Campionatos2 (2019, 2021)
AdestradorFinlandia Tuomo Ropo
Afiliado(s)SaiPa (Liiga)
CoresAzul, vermello, azul escuro e branco
                       
Na rede
https://kettera.net/
Facebook: Kettera1957 Twitter: ImatranKettera Instagram: imatrankettera Youtube: UCmkeSRM51THlVYxYYcOHTsg Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O primeiro partido de hóckey sobre xeo de Carelia do Sur disputouse en Imatra o 7 de marzo de 1937 nun evento no que tamén se practicou patinaxe artística. Once anos despois, en 1948, chegou á cidade dende Hämeenlinna Pentti Saksanen, quen se converteu no profesor de educación física no Imatran lyseo. Ao mesmo tempo Saksanen levou á cidade un novo deporte de xeo, o bandy. En 1952 construíuse a primeira pista para hóckey sobre xeo.[1]

O 11 de abril de 1957 Pentti Hytönen, Reino Ikävalko, Einari Hatakka e Toivo Nostolahti asinaron a acta d fundación do Ketterä, que ese mesmo ano comezou a competir na liga rexional baixo a dirección de Erkki Pörsti. O primeiro gol do equipo foi anotado por Olavi Sintonen.[2][1]

Pavillón editar

Artigo principal: Imatran jäähalli.
 
Esterior do OmaSp Areena.

O Ketterä xoga os seus partidos como local no Imatran jäähalli, coñecido dende 2021 por motivos de patrocinio como OmaSp Areena logo de que o equipo asinara un contrato de catro anos con Oma Säästöpankki.[3] O pavillón foi inaugurado en 2011 con capacidade para 1 200 persoas.[4][5]

Os mellores rexistros de asistencia aos partidos do Ketterä foron na tempada 2017-18, cando o equipo debutou na Mestis e tivo unha entrada media de 943 persoas. Nas seguintes tempadas a afluencia de público estabilizouse nas 700 persoas, mentres que na tempada 2021-22 o número de asistentes reduciuse ata as 412 persoas.[6][7]

Personalidades editar

Xogadores editar

Líderes históricos editar

Jari Lippojoki é o líder histórico indiscutible do equipo ao ser o xogador que máis partidos disputou coa camisola de Ketterä, o que máis goles anotou, o que máis asistencias repartiu e o xogador co mellor rexistro de puntos nas 15 tempadas que xogou no equipo de Imatra, que o convirten ademais no xogador que máis tempadas permaneceu no equipo, con tres máis que Matti Tiainen, segundo xogador que máis partidos e tempadas disputou con Ketterä.[8]

Líderes históricos do Ketterä
Xogador Pos  PX  G   A  Pts
Jari Lippojoki D 580 271 315 586
Matti Tiainen F 355 158 179 337
Esa Takala D 305 62 98 160
Veli-Matti Heino F 302 159 207 366
Jose Pekkala F 299 176 296 472

Números retirados editar

Ao longo da súa historia, o Ketterä de Imatra retirou tres números en honor a outros tantos xogadores pola súa traxectoria destacada no equipo:[9]

Adestradores do Ketterä
Nome Posición Carreira Ref.
9 Jose Pekkala C 1981-1985
1988-1993
[10][9]
10 Ole Renlund D 1966-1967 [11]
24 Jari Lippojoki D 1982-1997 [12][9]

Adestradores editar

Dende a súa fundación en 1957 pasaron polo Ketterä máis de trinta adestradores. O primeiro encargado de dirixir o equipo foi Erkki Pörsti, que ademais é o que máis tempo estivo no cargo xunto co que foi o segundo adestrador do equipo de Imatra, Ole Renlund, ambos cun total de oito tempadas cada un.[13] Con todo, foi con Maso Lehtonen con quen o equipo acadou os seus maiores éxitos, os dous primeiros campionatos da Mestis (2019 e 2021), e dúas Suomen Cups (2018 ee 2019). A continuación todos os adestradores do Ketterä:[13]

Adestradores do Ketterä
Nome Período
Erkki Pörsti 1957-65
Ole Renlund 1965-73
Pekka Myllylä 1973-74
Teuvo Myyryläinen 1974-76
Pertti Mustonen 1976-79
Heikki Juselius 1979-84
Jaakko Palsola 1984-85
Timo Mansikkamäki 1985-86
Gary Prior 1986-88
Kari Weckström 1988-90
Gary Prior 1990-91
Esko Purolahti 1991
Matti Kettunen 1991-93
Heikki Mälkiä 1993-95
Jorma Räisänen 1995-96
Jari Lifländer 1996
Kari Mäkitalo 1996-97
Esko Purolahti 1997-99
Jari Lifländer 1999-2002
Timo Ovaska 2002-03
Esa Puuska 2003-06
Jouko Viljakainen 2006-07
Kari Weckström 2007-10
Jussi Salo 2010-12
Juha Tynkkynen 2012
Sami Rossi 2012-13
Jarno Mensonen 2013-14
Jari Lifländer 2014-2015
Jarno Mensonen 2015-2017
Maso Lehtonen 2017-2021
Tuomo Ropo 2021-

Presidentes editar

Logo da fundación do equipo Reino Ikävalko foi nomeado como primeiro presidente do mesmo, posto no que permaneceu catro anos. A persoa que máis tempo presidiu o Ketterä foi Tuomo Männistö, entre o ano 2000 e o 2011. A continuación a lista completa cos máis de vinte presidentes da entidade de Imatra e o período no que a presidiron:[14]

Presidentes do Ketterä
Nome Período
Reino Ikävalko 1957-61
Seppo Nenonen 1961-62
Ilmari Raunio 1962-63
Eino Repo 1963-65
Pekka Heino 1965-68
Yrjö Hämäläinen 1968-69
Seppo Soila 1969-71
Ossi Pihlman 1971-72
Martti Pitkänen 1972
Olli Jankola 1972-74
Niilo Katainen 1974-76
Heikki Ritvasalo 1976-78
Juhani Neimala 1978-81
Eero Laine 1981-83
Harri Kouvonkorpi 1983-84
Heikki Tanninen 1984-86
Markku Kälviäinen 1986-89
Jarmo Miettinen 1989-92
Tuomo Männistö 2000-11
Jarmo Johansson 2011-13
Mikko Partanen 2013-

Palmarés editar

Trofeos colectivos editar

Mestis
  • A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo tres veces: 2019, 2021, 2022
Suomen Cup
  • Campión: 2018, 2019, 2021

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "HISTORIA" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  2. "VUOSILUKUJA" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  3. Tynkkynen, Santeri (21 de decembro de 2021). "Imatran jäähallin nimi muuttuu OmaSp Areenaksi – Vuonna 2011 valmistunut jäähalli tunnettiin aikaisemmin nimellä Imatra Spa Areena" (en finés). Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  4. "Imatra Spa Areena (Imatran jäähalli)" (en finés). gosaimaa.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2014. Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  5. Winberg, Vesa (7 de novembro de 2013). "Uutisikoni, Liiga-pelureita, jääkiekkoleijonia, rokkareita - tässä ovat Nenäpäivä-ottelun kokoonpanot". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  6. "STATS" (en inglés). hockeyarenas.net. Consultado o 29 de novembro de 2022. 
  7. "Kettera Imatra Statistics and History" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 29 de novembro de 2022. 
  8. "Ketterä - All Time Overall Totals Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "JÄÄDYTETYT PELINUMEROT" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  10. "Jose Pekkala" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  11. "Ole Renlund" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  12. "Jari Lippojoki" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  13. 13,0 13,1 "PÄÄVALMENTAJAT" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  14. "PUHEENJOHTAJAT" (en finés). Ketterä.net. Consultado o 27 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar