O Kokkolan Hermes é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Kokkola (Finlandia). Foi fundado en 1953 e actualmente compite na Mestis, a terceira categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Kokkolan jäähalli, un pavillón con capacidade para 4 200 espectadores.

Kokkolan Hermes
Fundación1953
Cidade Kokkola,
Ostrobotnia Central
Finlandia Finlandia
EstadioKokkolan jäähalli
(4 200 espectadores)
LigaMestis
AdestradorFinlandia Tuukka Poikonen
Afiliado(s)Kärpät (Liiga)
CoresVermello, azul e branco
                 

O Hermes xogou na Mestis (segunda categoría) durante as primeiras sete tempadas da competición, conseguindo os seus mellores resultados na tempada inaugural e na 2003-04, cando conseguiu dúas medallas de bronce.

Historia editar

O Hermes de Kokkola foi fundado o 1 de outubro de 1953, logo dunha reunión no Hotel Seurahuone na que os xogadores do GBK e o KVP decidiron uninir os dous equipos, creando o actual club.[1]

Na tempada 1959-60 o equipo debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-sarja. Con todo o paso do equipo pola elite durou moi pouco e ese mesmo ano descendeu logo de gañar tan só dous partidos e empatar un dos 18 que xogou, rexistrando tan só cinco puntos que o afundiron na última posición da clasificación.[2]

Para a tempada 2017-18 o Hermes foi nomeado equipo de cooperación dos Kärpät de Oulu. O principal motivo do acordo foi a quiebra do anterior equipo asociado aos Kärpät, o Hokki de Kajaani, que malia a manter a súa praza na liga logo das eliminatorias pola permanencia de 2017, a súa delicada situación económica levouno á quiebra.[3] Anteriormente mantivera un acordo de asociación co Sport de Vaasa.[4]

En 2024 o Hermes e os Kärpät de Oulu asynkron un acordo de cooperación de dous anos polo que ambos clubs poden intercambiar xogadores entre o equipo da Mestis e o da Liiga.[5]

Pavillón editar

Artigo principal: Kokkolan jäähalli.
 
O Kokkolan jäähalli, onde o Hermes xoga os seus partidos como local.

O Hermes xoga os seus partidos como local no Kokkolan jäähalli, un estadio con capacidade para entre 4 200 e 5 220 persoas. Foi construído en 1988 e renovado en 2015. A pista ten unhas dimensións de 28x58 metros, e a altura do teito na pista é de 9 metros.[6][7]

Xogadores editar

Números retirados editar

Números retirados do Hermes
Xogador Posición Ref.
1 Tapio Salo G [8][9]
7 Tuomo "Tomppa" Valavaara D [10][9]
9 Eino Pollari F [11][9]
91 Jouni Kalliokoski F [12][9]
23 Jani Uski F [13][9]

Notas editar

  1. "HISTORIA" (en finés). Kokkolan Hermes Oy. Consultado o 16 de marzo de 2024. 
  2. "Championnat de Finlande 1959/60" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de marzo de 2024. 
  3. "Kärpät ja Hermes yhteistyöhön" (en finés). Oulun Kärpät Oy. 22 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 20217. Consultado o 16 de marzo de 2024. 
  4. "Hermekselle yhteistyösopimus ja kokemusta kokoonpanoon" (en finés). Jatkoaika.com. 2 de xuño de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2024. 
  5. "KÄRPPIEN JA HERMEKSEN VÄLINEN YHTEISTYÖ SAA JATKOA" (en finés). Kokkolan Hermes Oy. Consultado o 16 de marzo de 2024. 
  6. "Jäähallit" (en finés). Cidade de Kokkola. Consultado o 16 de marzo de 2024. 
  7. "Kokkolan jäähalli" (en inglés). Ice Stadium Portal. Consultado o 16 de marzo de 2024. 
  8. "Tapio Salo" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 "HERMES TÄNÄÄN" (en finés). Kokkolan Hermes Oy. Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  10. "Tuomo Valavaara" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  11. "Eino Pollari" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  12. "Jouni Kalliokoski" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  13. "Jani Uski" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 6 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar