O Kajaanin Hokki ou simplemente Hokki é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Kajaani (Finlandia). Dende a tempada 2002-03 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a liga Mestis, competición que gañou nunha ocasión (2007) e conseguiu unha medalla de prata (2008), e a de bronce noutra ocasión (2009). Foi fundado en 1968 e xoga os seus partidos como local no Kajaanin jäähalli, un pavillón con capacidade para 2.372 espectadores.

Kajaanin Hokki
Fundación1968
Cidade Kajaani,
Kainuu
Finlandia Finlandia
EstadioKajaanin jäähalli
(2.372 espectadores)
LigaMestis
Campionatos1 (2007)
AdestradorFinlandia Petri Mattila
CoresVermello, azul e branco
                 
Na rede
http://hokki.fi/
Facebook: KajaaninHokkiOfficial Twitter: KajaaninHokki Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O club foi fundado en 1968 e na tempada 2001-02 conseguiu o ascenso da Suomi-sarja á Mestis tras derrotar na cualificación ao Diskos de Jyväskylä, conseguindo ese mesmo ano o seu primeiro título, o do campión da Suomi-sarja. Na tempada 2006-07 conseguiu o seu segundo título da Mestis, conseguindo a medalla de prata da competición ao ano seguinte, e o bronce no 2009.

Palmarés editar

Xogadores editar

Xogadores destacados editar

     

Números retirados editar

Hokki ten retirado os seguintes números ao longo da súa historia:[1]

Números retirados de Hokki
Número Nome
20 Marko Kilpeläinen
95 Jarkko Heikkinen

Notas editar

  1. "KAJAANIN HOKKI 50 VUOTTA. Jäädetyt pelipaidat:" (en finés). hokki.fi. Consultado o 4 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar