Helarctos malayanus

Helarctos malayanus
Oso malaio

Rango fósil: PlistocenoActualidade
Sitting sun bear.jpg
Helarctos malayanus femia no zoo de Basilea
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Ursidae
Subfamilia: Ursinae
Xénero: Helarctos
Horsfield, 1825
Especie: H. malayanus
Nome binomial
Helarctos malayanus
Raffles, 1821
Área de distribución de Helarctos malayanus (cor marrón - presenza actual, cor negra - extinto, cor gris escura - presenza dubidosa)

Área de distribución de Helarctos malayanus
(cor marrón - presenza actual, cor negra - extinto,
cor gris escura - presenza dubidosa)

Helarctos malayanus, coñecido vulgarmete como oso malaio, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos, subfamilia dos ursinos, o único representante do xénero Helarctos.[2]

Trátase dunha pequena especie de oso, a menor entre todas as actuais,[3] que vive nos bosques tropicais do sueste asiático, concretamente no centro-oeste de Birmania, Indochina, Malaca, Sumatra e Borneo (nesta última illa representada por unha subespecie endémica).

Esta especie está pouco emparentada coas outras especies de osos do mundo.

TaxnomíaEditar

DescriciónEditar

XéneroEditar

O xénero foi descrito en 1825 polo médico e naturalista estadounidense Thomas Horsfield, nun traballo publicado en Zool. J. 2 (6): 221.[2]

EspecieEditar

A especie fora descrita en 1821 polo seu compariota, colega (tamén era médico e naturalista) e amigo Thomas Stamford Raffles.[2]

Sinónimo do xéneroEditar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero tamén coñeceuse polo sinónimo:[2]

  • Helarctus Gloger, 1841

SubespeciesEditar

Recoñécense na especie dúas subespecies,[2] baseadas en diferenzas morfolóxicas.[4][5]

CaracterísticasEditar

 
Oso malaio en ctitude de ameaza

Helarctos malayanus ten unha lonxitude de apenas 1,2 m en posición ergueita, no caso dos machos, sendo as femias menores. A masa corporal destas últimas oscila entre os 20 e os 40 kg, mentres que os machos adultos andan entre os 30 e os 60 kg.[7]

Ademais de polo menor tamaño, os osos malaios diferéncianse facilmente doutras especies de osos pola súa forma corporal alongada, as orellas pequenas, e a cola practicamente inexistente (con só 3 cm resulta difícil ver a certa distancia), mentres que as patas e o colo son proporcionalmente máis longos. A pelaxe é curta e de cor negra, excepto no fociño, ao redor dos ollos e no peito, onde varía entre a amarela abancazada e a alaranxada. Presentan no peito unha mancha, xeralmente en forma de U moi aberta.[9]

As plantas dos pés están espidas, e por diante delas destacan as fortes, longas e ganchudas garras dos seus dedos, especialmente os das patas anteriores. Esta característica permite aos osos malaios gabear a árbores altas até a súa copa, onde se alimentan de froitos, sobre todo de cocos que parten sen dificultade cos seus poderosos maxilares. Usan preferentemente o sentido do olfacto para encontrar comida, pois como nos demás úrsidos, a súa vista é pobre.

A súa fórmula dental é a seguinte: 3/3, 1/1, 3-4/3, 2/3 = 38-40.[10]

Bioloxía e ecoloxíaEditar

 
Helarctos malayanus en estado salvaxe.
Parque Nacional Kaeng Krachan, Tailandia

Pese á súa robustez os osos malaios son animais activos, áxiles e bos gabeadores de árbores.[3] Ao igual que o oso negro asiático (Ursus thibetanus) tamén constrúen niños con pólas para tomaren o sol, a miúdo bastante por riba do solo.[3] A alimentación, que se leva a cabo durante a noite, complétase coa inxesta de insectos, lagartos, pequenas aves e mamíferos, follas de palmeiras, mel e sementes. Ocasionalmente entran en plantacións de coqueiros, plátanos e cacao, onde poden xerar impotantes destrozos. Isto ocasionou un perigoso aumento da caza destes animais en numerosas rexions, que unida á demanda de partes do seu corpo pola medicina tradicional chimesa reduciu a súa poboación en moitas zonas. Considérase que a especie aínda non está en perigo serio de extinción, aínda que si é vulnerábel, que é como cualifica a UICN o status da especie.[1]

Debido a que habitan en zonas de climas cálidos tropicais, os osos malaios, a diferenza doutros úrsidos, non hibernan. Isto permítelle ás femias teren unha camada de dúsa crias cada ano. As crías no chegan á madurez sexual até os 3 ou 4 anos. O período de xestación é de entre 95 e 100 días.[9] Descoñecese canto tempo viven en liberdade, pero en cautividadade poden alcanzar os 28 anos.

FiloxeniaEditar

A secuenciación xenética do ADN nuclear das especies de osos revelou que Melursus ursinus e o Helarctos malayanus foron os primeiros osos da subfamilia dos ursinos que irradiaron, e non están incluídos no grupo monofilético de Ursus; ademais, todas as relacións entre os osos estaban ben resoltvidas.[11]

Ursidae
Ursinae

Ursus maritimus  

Ursus arctos  

Ursus americanus  

Ursus thibetanus  

Ursus malayanus   (Hoxe Helarctos malayanus)

Melursus ursinus  

Tremarctos ornatus  

Ailuropoda melanoleuca  

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Scotson, L., Fredriksson, G., Augeri, D., Cheah, C., Ngoprasert, D. & Wai-Ming, W. (2017): Helarctos malayanus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 23 de novembro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Helarctos Horsfield, 1825. En Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference.
  3. 3,0 3,1 3,2 Matthews, L. Harrison (1977). La Vida de los Mamíferos, Tomo II. Historia Natural Destino, vol. 17. Barcelona: Ediciones Destino. p. 414. ISBN 84-2330-700-X. 
  4. Santiapillai, A.; Santiapillai, C. (1996). "The status, distribution and conservation of the Malayan sun bear (Helarctos malayanus) in Indonesia". Tigerpaper 23 (1): 11–16. 
  5. Chasen, F. N. (1940). "A handlist of Malaysian mammals: A systematic list of the mammals of the Malay Peninsula, Sumatra, Borneo and Java, including the adjacent small islands". Bulletin of the Raffles Museum 15: 89–90. 
  6. Ellerman, J. R.; Morrison-Scott, T. C. S. (1966). "Genus Helarctos Horsfield, 1825". Checklist of Palaearctic and Indian mammals 1758 to 1946 (2nd ed.). London: British Museum of Natural History. p. 241. 
  7. 7,0 7,1 Phillipps, Q. (2016): "Sun bear". En: Phillipps' Field guide to the Mammals of Borneo: Sabah, Sarawak, Brunei, and Kalimantan. Princeton: Princeton University Press. pp. 246–249. ISBN 978-0-6911-6941-5.
  8. Meijaard, E. (2004). "Craniometric differences among Malayan sun bears (Ursus malayanus); evolutionary and taxonomic implications" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology 52 (2): 665–672. 
  9. 9,0 9,1 Hanák, V. & Mazák, V. (1991). Enciclopedia de los Animales. Mamíferos de todo el Mundo. Madrid: Susaeta. p. 354. ISBN 84-3051-967-X. 
  10. Fitzgerald, C. S. & Krausman, P. R. (2002). "Helarctos malayanus". Mammalian Species (The American Society of Mammalogists) 696: 1–5. 
  11. Pagès, M.; Calvignac, S.; Klein, C.; Paris, M.; Hughes, S.; Hänni, C. (2008). "Combined analysis of fourteen nuclear genes refines the Ursidae phylogeny". Molecular Phylogenetics and Evolution 47 (1): 73–83. PMID 18328735. doi:10.1016/j.ympev.2007.10.019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar