Abrir o menú principal

O Gran Premio do Brasil de 1993 (oficialmente o XXII Grande Prêmio do Brasil) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 28 de marzo de 1993 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a segunda carreira da tempada de 1993. A carreira de 71 voltas gañouna Ayrton Senna, a súa primeira carreira da tempada, con Damon Hill ocupando o segundo lugar.[1] Esta foi a última vitoria para un piloto de Brasil na súa carreira de casa ata que Felipe Massa gañou con Ferrari no evento de 2006.

Flag of Brazil.svg Gran Premio de Brasil de 1993
Detalles da carreira
Carreira 2 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1993.
Trazado do circuíto de Unterlagos.
Trazado do circuíto de Unterlagos.
Data 28 de marzo 1993
Nome oficial XXII Grande Prêmio do Brasil
Localización Autódromo José Carlos Pace
São Paulo, Brasil
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´325 km
Distancia 71 voltas, 307´075 km
ClimaChoiva a metade da carreira
Pole position
Piloto Francia Alain Prost Williams-Renault
Tempo 1:15.866
Volta rápida
Piloto Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford
Tempo 1:20.024 na volta 61
Podio
Primeiro Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Ford
Segundo Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault
Terceiro Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford

InformeEditar

CualificaciónEditar

Brasil era a carreira de casa de Senna, pero non puido facer nada para evitar que os Williams lograran a marca de 1-2 na cualificación con Prost na pole por diante de Hill. Senna foi terceiro por diante de Schumacher, Andretti e Patrese.

CarreiraEditar

Ao principio, Senna adiantou a Hill, pero Andretti golpeou a Berger con ambos chocando forte na barreira de pneumáticos na 1ª curva. Ambos, xunto con Minardi de Brundle e Fabrizio Barbazza, quedaron fóra. A orde quedou: Prost, Senna, Hill, Jean Alesi, Schumacher e Lehto.

Schumacher superou a Alesi na 2ª volta, pero o seu compañeiro de equipo Patrese só durou ata a cuarta volta cando fallou a súa suspensión. Mentres que Prost acumulou unha vantaxe substancial, Senna viuse presionado por Hill, que quedou segundo na volta 11. Na volta 25, Senna recibiu unha penalización de stop & go por derribar a un backmarker baixo bandeiras amarelas e caeu detrás de Schumacher. Houbo unha chuvia torrencial, e moitos pilotos entraron a boxes para por pneumáticos de mollado, incluíndo a Senna, Schumacher e Hill, mentres que Prost mantívose con pneumáticos lisos. Varios pilotos trompearon, Ukyo Katayama e Aguri Suzuki chocaron na recta de saída na volta 27, o Footwork bloqueou parcialmente o circuíto e saíu o coche de seguridade, por segunda vez na Fórmula 1 a primeira vez foi no Gran Premio do Canadá de 1973. Fittipaldi trompeou na primeira curva na volta 30 quedando o seu auto parado no medio da pista. Coa choiva cada vez máis forte, Prost perdeu o control e, incapaz de evitar o auto de Fittipaldi, estrelouse contra el, quedando ambos fóra da carreira. Cando os restos foron limpados, o novo auto de seguridade controlou a pista, Hill lideraba diante de Senna, Schumacher (que perdera tempo durante a súa parada en boxes porque o seu auto caeuse do gato), Alesi, Johnny Herbert e Lehto. Seguidos por Alessandro Zanardi, Philippe Alliot, Mark Blundell, Derek Warwick, o novato Luca Badoer, Karl Wendlinger, Andrea de Cesaris, Érik Comas, e Michele Alboreto.

A pista comezou a secarse e todos se detiveron a por pneumáticos de seco. Johnny Herbert entrou en boxes xusto cando o safety car regresou aos boxes, e pasou ao terceiro posto debido a este cambio cedo de regreso aos slicks.

Xusto despois de para a cambiar pneumáticos, Senna pasou a Hill polo liderado e afastouse. Detrás, Schumacher e Alesi tiveron penalizacións por pasar baixo bandeiras amarelas, Schumacher caeu ao quinto e Alesi baixou ao noveno. Schumacher pasou a Blundell e logo a Herbert para tomar o terceiro posto. Senna gañou diante de Hill, Schumacher, Herbert, Blundell e Alessandro Zanardi.

ClasificaciónEditar

CualificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 2   Alain Prost Williams-Renault 1:16.809 1:15.866
2 0   Damon Hill Williams-Renault 1:17.856 1:16.859 +0.993
3 8   Ayrton Senna McLaren-Ford 1:18.639 1:17.697 +1.831
4 5   Michael Schumacher Benetton-Ford 1:19.061 1:17.821 +1.955
5 7   Michael Andretti McLaren-Ford 1:20.093 1:18.635 +2.769
6 6   Riccardo Patrese Benetton-Ford 1:20.388 1:19.049 +3.183
7 30   JJ Lehto Sauber 1:20.571 1:19.207 +3.341
8 29   Karl Wendlinger Sauber 1:19.230 1:19.270 +3.364
9 27   Jean Alesi Ferrari 1:19.260 1:19.549 +3.394
10 26   Mark Blundell Ligier-Renault 1:20.281 1:19.296 +3.430
11 19   Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 1:20.057 1:19.340 +3.474
12 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 1:19.830 1:19.435 +3.569
13 28   Gerhard Berger Ferrari 1:19.561 1:19.735 +3.695
14 14   Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:20.999 1:19.593 +3.727
15 11   Alessandro Zanardi Lotus-Ford 1:20.891 1:19.804 +3.938
16 25   Martin Brundle Ligier-Renault 1:20.390 1:19.835 +3.969
17 20   Érik Comas Larrousse-Lamborghini 1:20.061 1:19.868 +4.002
18 9   Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 1:21.532 1:20.064 +4.198
19 10   Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:22.297 1:20.232 +4.366
20 23   Christian Fittipaldi Minardi-Ford 1:21.547 1:20.716 +4.850
21 22   Luca Badoer Lola-Ferrari 1:22.938 1:20.908 +5.042
22 3   Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:21.923 1:20.991 +5.125
23 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 1:21.224 1:21.368 +5.358
24 24   Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 1:22.112 1:21.228 +5.362
25 21 Modelo:ITAB Michele Alboreto Lola-Ferrari 1:21.752 1:21.488 +5.622
NSC 15   Ivan Capelli Jordan-Hart 1:23.674 1:21.789 +5.923

CarreiraEditar

Pos Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 8   Ayrton Senna McLaren-Ford 71 1:51:15.485 3 10
2 0   Damon Hill Williams-Renault 71 +16.625 2 6
3 5   Michael Schumacher Benetton-Ford 71 +45.436 4 4
4 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 71 +46.557 12 3
5 26   Mark Blundell Ligier-Renault 71 +52.127 10 2
6 11   Alessandro Zanardi Lotus-Ford 70 +1 volta 15 1
7 19   Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 70 +1 volta 11
8 27   Jean Alesi Ferrari 70 +1 volta 9
9 9   Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 69 +2 voltas 18
10 20   Érik Comas Larrousse-Lamborghini 69 +2 voltas 17
11 21   Michele Alboreto Lola-Ferrari 68 +3 voltas 25
12 22   Luca Badoer Lola-Ferrari 68 +3 voltas 21
Ret 29   Karl Wendlinger Sauber 61 Motor 8
Ret 30   JJ Lehto Sauber 52 Eléctrico 7
Ret 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 48 Sistema combustible 23
Ret 2   Alain Prost Williams-Renault 29 Colisión/Trompo 1
Ret 23   Christian Fittipaldi Minardi-Ford 28 Colisión/Trompo 20
Ret 10   Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 27 Trompo 19
Ret 3   Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 26 Trompo 22
Ret 14   Rubens Barrichello Jordan-Hart 13 Caixa de cambios 14
Ret 6   Riccardo Patrese Benetton-Ford 3 Suspensión 6
Ret 7   Michael Andretti McLaren-Ford 0 Colisión 5
Ret 28   Gerhard Berger Ferrari 0 Colisión 13
Ret 25   Martin Brundle Ligier-Renault 0 Colisión 16
Ret 24   Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 0 Colisión 24
NSC 15   Ivan Capelli Jordan-Hart
Fonte:[2]

Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

ReferenciasEditar

  1. "Slick Senna shows the way home". The Independent. 29 de marzo de 1993. 
  2. "1993 Brazilian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1993
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1993
Carreira seguinte:
Gran Premio de Europa de 1993
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1992
Gran Premio do Brasil Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1994