Gorgonia
Gorgonia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gorgonia mariae | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Gorgonia é un xénero de cnidarios antozoos da subclase dos octocoraliarios, orde dos alcionáceos, suborde dos holaxonios, que é o xénero tipo da familia dos gorgoníidos.[1][2]
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1758 no Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.
Etimoloxía
editarO nome científico Gorgonia está formado polos elementos Gorgon-, tirado do acusativo latino Gorgōna, de Gorgō, -ōnis, unha das tres medusas Gorgonas da mitoloxía grega, e -ia, indicando feminino.[3]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Rhipidogorgia. Valenciennes, 1855
- Rhizalcyon. Bayer, 1995
Especies
editarSegundo o WoRMS, o xénero conta coas seguintes especies:[1][2]
- Gorgonia capensis. Hickson, 1900
- Gorgonia clathrus. Pallas, 1766
- Gorgonia coarctata. (Valenciennes, 1855)
- Gorgonia cribrum. Valenciennes, 1846
- Gorgonia crinita. Valenciennes, 1855
- Gorgonia elegans. Duchassaing & Michelotti, 1864
- Gorgonia flabellum. Linnaeus, 1758
- Gorgonia flavescens. Kükenthal, 1924
- Gorgonia mariae. Bayer, 1961
- Gorgonia occatoria. (Valenciennes, 1855)
- Gorgonia palma. Pallas, 1766
- Gorgonia reticulum. Pallas, 1766
- Gorgonia sarmentosa. Esper, 1789
- Gorgonia stricta. Bertoloni, 1825
- Gorgonia suberosa. Pallas, 1766
- Gorgonia subtilis. Valenciennes, 1855
- Gorgonia venosa. Valenciennes, 1855
- Gorgonia ventalina. Linnaeus, 1758
- Gorgonia venusta. Dana, 1846
- Gorgonia petezichans. Pallas, 1766 (nomen dubium)
Nota taxonómica
editarO termo gorgonia é, así mesmo, o nome común xenérico para referirse a calquera especie de octocoral con esqueleto córneo, incluídas nas subordes Calcaxonia, Holaxonia ou Scleraxonia.
Aínda que algunhas especies deste xénero, como Gorgonia flabellum ou G. ventalina, son quizais as máis coñecidas popularmente, e de aí provén o nome común xenérico.
Características
editarA estrutura das especies deste xénero é ramificada, na maioría delas en forma de abano, e crecen nun só plano. Forman estruturas en forma de redes interconectadas, compostas de pequeas poliñas fusionadas en mallas apertadas.
A cor da estrutura, que fai as veces de esqueleto, é púrpura, branca ou morada.
Os pólipos, normalmente de cor marrón, amarela ou dourada, crecen aliñados nas pólas, tamén nun só plano e espazados regularmente. Os dalgunhas especies liberan terpenoides que afectan negativamente a outros corais,[4] sendo en ocasións, unha arma para competir polo espazo e a luz nos arrecifes coralinos.
Algunhas especies alcanzan os 2 m de altura, por outros tantos de ancho.
Hábitat e distribución
editarHábitat
editarAdoitan habitar en arrecifes, coa súa base enterrada no substrato, en solos areosos ou gretas de rochas, entre 1 e 895 m de profundidade,[2] aínda que son máis frecuentes entre os 2 e os 15 m.
Distribución
editarDistribúense en augas tropicais do océano Atlántico occidental, no golfo de México, o Caribe, as Bahamas e o Brasil, e tamén no Indo-Pacífico, desde a costa da África oriental, Madagascar, Indonesia, Australia, Nova Zelandia e os territorios dos Estados Unidos de América no Pacífico norte (Hawai, Midway, illas Marianas do Norte, Guam).[5]
Bioloxía
editarAlimentación
editarAs especies do xénero Gorgonia conteñen no seu interior algas simbióticas chamadas zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese, producindo oxíxeno e glícidos que son aproveitados poas gorgonias, e que se alimentan dos catabólitos das gorgonias (especialmente fósforo e nitróxeno). Porén, alimenténtanse tanto dos produtos que xeran estas algas (entre un 75 e un 90 %) como das presas do microplancto, que capturan cos seus minúsculos tentáculos.[6]
Reprodución
editarReprodúcense sexual e asexualmente.[2]
Galería
editar-
Pavimento de gorgonias con grupos de coral duro
-
Gorgonia arborescente
-
Gorgonia flabellum
-
Gorgonia ventalina
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Gorgonia Linnaeus, 1758 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Gorgonia na EOL.
- ↑ Gorgonia no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history. Neptune City, Nova Jersey, USA: TFH Publications, Inc. ISBN 978-1-8900-8747-0.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ Las Gorgonias o Abanicos de Mar, ¿corales o no? en buceoiberico.com (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gorgonia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gorgonia |
Bibliografía
editar- Baensch, Hans A. & Debelius, Helmut (1998): Marine Atlas. Osnabrück, Baixa Saxonia, Alemaña: Mergus Verlag GmbH. ISBN 978-3-8824-4054-6.
- Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history. Shelburne, Vermont, USA: Microcosm Ld. ISBN 978-1-8900-8747-0.
- Sprung, Julian & Delbeek, J. Charles (1997): The Reef Aquarium. Vol 2. Miami Gardens, Florida, USA: Ricordea Publishing. ISBN 978-1-8836-9313-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Las Gorgonias o Abanicos de Mar, ¿corales o no? en buceoiberico.com (en castelán).
- ¿Qué son las gorgonias? Un estudio revela que estas plantas son al mar lo que los árboles a la tierra en heraldo.es (en castelán).
- Sea fan (genus Gorgonia) na Encyclopaedia Britannica (en inglés).