Cnidarios

(Redirección desde «Cnidaria»)
Cnidarios
Rango fósil: Neoproterozoicoactualidade

Anemone de mar (Actiniaria)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Radiata
Filo: Cnidaria
Hatschek, 1888
Subfilos e Clases [1]

Os cnidarios (Cnidaria, do grego antigo κνίδη knídē, 'ortiga') son un filo que agrupa arredor de 10.000 especies de animais relativamente simples,[2] que viven exclusivamente en ambientes acuáticos, maioritariamente mariños. O nome deste filo é debido a unha característica diagnóstica que presentan estes animais: a existencia dunhas células chamadas cnidocitos, presentes nos tentáculos de todos os membros do filo e é inxectada ás presas cando rozan o cnidocilio do cnidocito.[3] Durante un tempo chamáronse tamén celentéreos.

Teñen simetría radial e o seu plan corporal é en forma de saco. Son os animais máis simples que presentan células nerviosas e órganos dos sentidos (estatocistos, ocelos). Son un grupo antigo, cunha larga historia fósil que se remonta, probablemente, á fauna de Ediacara, arredor duns 600 millóns de anos atrás. Dentro deste grupo están animais como os pólipos, as medusas ou os corais.

Características editar

Os cnidarios son animais diblásticos con simetría radial primaria. As súas células se organizan en dúas capas que actúan como unidades funcionais (tecidos), aínda que moitas células inda gardan certa independencia e totipotencia.[4]

Teñen só dúas follas embrionarias, ectoderma e endoderma, carecendo por tanto de mesoderma, aínda que ás veces existe un tecido análogo (ectomesoderma) de orixe ectodérmica, non de orixe endodérmica como o auténtico mesoderma dos triblásticos, e do cal nunca derivan órganos internos complexos.

A súa organización corporal é en forma de saco; o aparato dixestivo ten un só orificio que actúa como boca e ano ao mesmo tempo, e unha cavidade gastrovascular en forma de saco onde se realiza a dixestión e que se utiliza tamén como sistema de distribución dos nutrientes e do osíxeno, e como sistema excretor.

Notas editar

  1. Clases de Medusozoa baseadas en The Taxonomicon - Taxon: Subphylum Medusozoa.Universal Taxonomic Services Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
  2. Zhang, Z.-Q. (2011). "Animal biodiversity: An introduction to higher-level classification and taxonomic richness" (PDF). Zootaxa 3148: 7–12. 
  3. Hinde, R. T. (1998): Capítulo "The Cnidaria and Ctenophora" in Anderson, D. T. (ed.) Invertebrate Zoology. Oxford University Press. ISBN 0-19-551368-1, pp. 28–57.
  4. Seipel, K., and Schmid, V. (xuño 2005). "Evolution of striated muscle: Jellyfish and the origin of triploblasty". Developmental Biology 282 (1): 14–26. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de Zoología. Tomo II. Zoología especial. 4ª ed. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
  • Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología. 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Knoll, A. H. (2003): Life on a Young Planet. The First Three Billion Years of Evolution on Earth Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-00978-3
  • Ruppert, Edward E., Fox, Richard S. e BARNES, Robert D. (2005):Zoologia dos invertebrados: uma abordagem funcional-evolutiva. 7º ed. São Paulo: Roca. ISBN 85-7241-571-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar