Abrir o menú principal

Diploblásticos

(Redirixido desde "Diblástico")

Os diploblásticos ou diblásticos son animais que terminan o seu desenvolvemento embrionario na fase de gástrula e, por tanto, teñen só dúas follas embrionarias, ectoderma e endoderma, carecendo de mesoderma. Entre o ectoderma a o endoderma existe unha capa, ás veces con algunhas células, denominada mesoglea, que non é de orixe mesodérmica e por tanto non é homóloga do mesénquima dos acelomados.

Os dous filos de diblásticos son os cnidarios e os ctenóforos. Teñen unha cavidade gástrica cun só orificio que actúa como boca e ano, e que equivale ao blastóporo embrionario, carecen de cabeza e de sistema nervioso centralizado e teñen simetría radiada.

Antigamente reuníase a estes dous grupos baixo o nome de celentéreos ou celenterados, agrupación que hox se considera parafilética e carece de valor taxonómico.

Véxase taménEditar