Franconia Media
A Franconia Media (en alemán Mittelfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[2]
Mittelfranken Regierungsbezirk de Baviera | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Situación da Franconia Media en Baviera | |||
Localización | |||
País | Alemaña | ||
Estado | Baviera | ||
División administrativa | Franconia Media | ||
Xeografía | |||
Superficie | 7 245,70 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 775 169 (2019)[1] | ||
Densidade | 240 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Páxina web oficial |
Está situada na parte noroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, Alta Baviera, Alta Franconia, Baixa Franconia, Suabia e o Alto Palatinado.
A súa capital administrativa é Ansbach, pero a cidade máis poboada é Núremberg.[3]
Escudo de armas Editar
O escudo de armas da Franconia Media mostra:
|
División da Franconia bávara Editar
O rei Luís I de Baviera dividiu a zona norte do deu reino, a Franconia bávara, en tres zonas: a Alta Franconia, a Franconia Media e a Baixa Franconia.[Cómpre referencia]
Divisións da Franconia Media Editar
A Franconia Media subdivídese en cinco cidades-distrito (Kreisfreiestadt) e sete distritos (Landkreise):[7]
Cidades-distrito Editar |
Distritos Editar |
Xeografía Editar
Evolución da poboación Editar
Ano | Habitantes |
---|---|
1900 | 815 895 |
1910 | 930 868 |
1939 | 1 065 122 |
1950 | 1 273 030 |
1961 | 1 371 144 |
1970 | 1 486 389 |
1987 | 1 521 484 |
2002 | 1 703 869 |
2005 | 1 712 275 |
2006 | 1 712622 |
2008 | 1 714 453 |
2010 | 1 710876 |
2015 | 1 738 686 |
2019 | 1 775 169 |
Ríos Editar
Lagos Editar
Montañas Editar
O Xura de Franconia (Fränkische Alb) é unha cordillera que se estende ao longo do oeste da Franconia Media. A montaña máis alta é o Hesselberg con 689 m no suroeste da cordilleira. Ademais o Moritzberg, cerca de Núremberg.
Historia Editar
Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán: Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), en Baviera chamadas Kreise (singular: Kreis). Estas creáronse á maneira dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.
Nos anos seguientes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse a 8. Un deles foi o Rezatkreis (distrito de Rezat). En 1837, o rei Luís I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito de Rezatkreis cambiou a Franconia Media.
Economía Editar
O oeste da Franconia Media é sobre todo rural. A industria concéntrase no leste da rexión e principalmente en Núremberg, Fürth, Erlangen e Schwabach. Segundo o PIB, a Franconia Media é unha das rexións máis ricas da Unión Europea, co índice de 137,2 (en 2004). (EU27: 100, Alemaña: 115,8).[8]
Principais industrias Editar
- Adidas
- Apollo-Optik
- Areva
- AEG Hausgeräte
- Bosch
- Bruder Spielwaren
- DATEV eG
- Diehl Stiftung
- dialo.de
- Faber-Castell
- Frankenpilger
- Geobra Brandstätter GmbH & Co. KG (Playmobil)
- GfK
- HOB
- Schaeffler Gruppe
- KarstadtQuelle AG
- KarstadtQuelle Versicherungen
- Leoni AG
- Loos International
- MAN AG
- Nestlé Schöller
- Novartis
- Nürnberger Versicherungsgruppe
- Oechsler AG
- Prinovis
- Puma
- Schafft (Bifi)
- Schanzenbräu
- Schwan-Stabilo
- Sielaff
- Siemens AG
- Simba-Dickie-BIG
- Staedtler
- Uvex
- Wilisch & Sohn GmbH
- Triumph-Adler
Transporte Editar
Tráfico aéreo Editar
- Aeroporto de Núremberg, conexións internacionais
Ferrocarril Editar
- Núremberg–Treuchtlingen–Augsburgo
- Núremberg–Bamberg (continúa cara a Lichtenfels, Leipzig e Berlín)
- Núremberg–Ansbach–Crailsheim (continúa cara a Stuttgart)
- Núremberg–Pegnitz (continúa cara a Bayreuth e Cheb)
- Núremberg–Ratisbona (continúa cara a Passau e Viena)
- Núremberg–Schwandorf (continúa cara a Furth im Wald e Praga)
- Núremberg–Würzburg (continúa cara a Frankfurt)
- Núremberg–Ingolstadt–Múnic (ICE)
Autoestradas Editar
- A3 (Fráncfort del Meno)–Wurzburgo–Núremberg−(Passau–Viena)
- A6 (Heilbronn)–Ansbach–Núremberg–(Amberg–Waidhaus–Pilsen)
- A7 (Hamburgo–Wurzburgo)–Rothenburg ob der Tauber–(Ulm–Füssen)
- A9 (Berlín)–Núremberg–(Múnic)
- A73 Núremberg–Fürth–Erlangen–(Bamberg–Coburg–Erfurt)
Vías fluviais Editar
- O canal Meno-Danubio atravesa Bamberg, Erlangen, Fürth, Núremberg até Kelheim e desemboca aí no Danubio. Forma parte da vía fluvial directa que vai desde o mar do Norte até o mar Negro.
Irmandamentos Editar
A Franconia Media está hirmandada coa rexión francesa do Lemosín (departamentos de Alto Vienne, Corrèze e Creuse) e un cunha provincia (voivodato) polaca, Cuiavia-Pomerania (Województwo kujawsko-pomorskie).
Notas Editar
- ↑ Tabellenblatt "Daten 2", Statistischer Bericht A1200C 202041 Einwohnerzahlen der Gemeinden, Kreise und Regierungsbezirke 1. Vierteljahr 2020.
- ↑ Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. p. 102. ISBN 978-1-3492-2767-9.
- ↑ "Allgerman.com - Middle Franconia (Mittelfranken)". allgerman.com. 2018-10-27.
- ↑ Dinastía Hohenzollern
- ↑ Franconia
- ↑ File:Wappen Deutscher Bund.svg.
- ↑ Pressestelle, Regierung von Mittelfranken. "Regierung von Mittelfranken". www.regierung.mittelfranken.bayern.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2019. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Regional GDP per capita ranged from 30% to 263% of the EU average in 2018" (PDF). Eurostat. Consultado o 20 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franconia Media |
Bibliografía Editar
- Georg Dehio (1999): Bayern I: Franken. 2. Aufl. Múnic: Deutscher Kunstverlag. ISBN 978-3-4220-3051-0.
- Georg Stolz, Michael Jeiter1 (1989: Franken: Die Region 7. Múnic (= Ein DKV-Bildhandbuch). ISBN 3-4220-3012-3.
- Ralf Nestmeyer ( 2007): Franken. Ein Reisehandbuch. Michael-Müller-Verlag, Erlangen, 4. Auflage, ISBN 978-3-8995-3278-4.