Francisco Miguel

pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego
(Redirección desde «Francisco Miguel Fernández Moratinos»)

Francisco Miguel Fernández Díaz[3] (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos[4][5][6] e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña en 1897 e finado no Campo de Morgade,[3] Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.[4]

Francisco Miguel
autorretrato
NomeFrancisco Miguel Fernández Moratinos
Nacemento1897
 A Coruña
Falecemento29 de setembro de 1936
 Queo de Arriba
Nacionalidadeespañola
Cónxuxe(s)Syra Alonso [1]
Fillos3 (Francisco Alberto,
Juan Ramón e Sandro)[2]
Eidopintura, debuxo
Movementosurrealismo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo ilexítimo de Román Moratinos Ventosa, industrial natural de Briones (A Rioxa), e da ferrolá Marcelina Fernández Díaz. Casou con Syra Alonso o 19 de novembro de 1920, co poeta e cónsul uruguaio Julio José Casal como testemuña[2]. Tivo ao seu cargo a Librería de Arte, na rúa Real da Coruña, e colaborou activamente coas revistas Casa de América e Alfar, da que foi director artístico.[7] Participou nos parladoiros da librería da súa propiedade e do café La Peña.[5]

 
"Casa da Felicidade", residencia de Francisco Miguel e Syra en Coruxo de Abaixo.[8]

Autodidacta, ao longo da súa vida realizou múltiples viaxes e cambios de residencia: Montparnasse (París), en 1923, onde se formou na arte do batik; Cuba e México (1926-33), onde naceron os fillos Juan Ramón e Sandro e onde traballou co muralista David Alfaro Siqueiros[9], o que contribuíu a poñelo en contacto directo coas vangardas artísticas do momento (Diego Rivera, Blanca Luz Brum…); foi tamén foi amigo de Alejo Carpentier, Luis Seoane, de León Felipe e de Picasso, de quen quixo expór a súa obra da etapa coruñesa nos anos 30 pouco antes de ser asasinado. Francisco Miguel tamén foi ilustrador dos poemas de Jorge Luis Borges e de Gabriela Mistral.[10]

En 1933 volveron a España. Tras un ano en Madrid regresaron a Galicia, instalándose na "Casa da Dicha" (Casa da Felicidade) no Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros.[11]

O 3 de agosto de 1936 foi detido pola Garda Civil, acusado de actuar contra o réxime militar golpista. Saíu en liberdade, pero o 19 de setembro prendérono de novo. O 28 de setembro apareceu o seu cadáver fusilado en Bértoa, coa cara fendida e as mans amputadas,[11] xunto cos de Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete, e foron enterrados no cemiterio da localidade.

En 1942, Syra e os tres fillos volveron definitivamente a México, exiliados.[12]

Homenaxes editar

En 1999 a cidade da Coruña dedicoulle unha rúa.[13]

En 2015 foille dedicado o Día da Galiza Mártir.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. pp. 18–20. ISBN 978-84-8341-146-9. 
  2. 2,0 2,1 Repertorio biobibliográfico do exilio galego 2001, CCG.
  3. 3,0 3,1 Francisco Miguel na páxina web Nomes e Voces.
  4. 4,0 4,1 "Fernández Moratinos, Francisco Miguel". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 76. ISBN 84-7680-429-6. 
  5. 5,0 5,1 "Fernández Moratinos, Francisco Miguel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo. 2010-2011. p. 76. 
  6. Casas, Arturo (2000). "Syra Alonso: Diarios" (PDF). A Trabe de Ouro (41): páx. 115–120. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19/06/2015. Consultado o 27/10/2010. 
  7. "O pintor Francisco Miguel é homenaxeado en Bértoa" Arquivado 06 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 27/9/2000.
  8. "Memoria de Santa Cruz" La Opinión Coruña, 16/8/2015.
  9. Artistas plásticos en la Guerra Civil española Sociedad Benéfica de Historiadores Aficionados y Creadores
  10. Diario, Nós. "Francisco Miguel e Syra Alonso, figuras para a lembranza". Nós Diario. Consultado o 2022-02-24. 
  11. 11,0 11,1 "A Casa da Felicidade de Santa Cruz" La Opinión Coruña, 18/2/2013.
  12. Syra Alonso no Álbum de Mulleres do CCG.
  13. Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos (en castelán). A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar