Syra Alonso

escritora galega

Syra María Alonso Brufau, nada na Coruña en 1899 e finada en México en 1970, foi unha escritora galega.

Modelo:BiografíaSyra Alonso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Syra Alonso Brufau Editar o valor en Wikidata
1899 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1970 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeFrancisco Miguel Editar o valor en Wikidata
FillosFrancisco Alberto, Juan Ramón e Sandro [1] Editar o valor en Wikidata

Bitraga: 887 BUSC: alonso-syra-1899-1970

Traxectoria

editar

Procede dunha familia da burguesía comercial coruñesa. A súa vida emparéllase coa do artista Francisco Miguel, co que casa en 1920.[1] Despois viaxaron a Montparnasse, París (1923), e Cuba, até deterse en 1926 nun México eufórico no que destaca a convivencia con David Alfaro Siqueiros e a poeta Blanca Luz Brum que marca as súas vidas. Durante a súa estadía en México coñeceu ao cineasta Sergei Eisenstein, que se apaixona por ela. Syra ten tres fillos [2] e Francisco Miguel retrátaa unha morea de veces no amplo álbum de debuxos nos que se adiviña a súa imaxe. O 10 de novembro de 1933 a parella embarcou cos seus cativos no vapor Cristóbal Colón para regresar a Galicia. Establecen a súa residencia no Porto de Santa Cruz (Oleiros), na que Syra chama a Casa da Felicidade, nome que sería lembrado despois por ela con nostalxia.

 
"Casa da Felicidade", residencia de Francisco Miguel e Syra en Coruxo de Abaixo[3]

O 3 de agosto de 1936 a Garda Civil detén a Francisco Miguel acusado de actuar contra o réxime militar golpista, sendo fusilado o 28 de setembro. Dous anos despois, Syra comezou a escribir un diario no que recolleu o período de agochamento en Galicia ata que conseguiu saír cos seus fillos de novo para México en 1942, vía Lisboa. Despois de vivir en Actopán, residiu en distintos domicilios de Cidade de México e Cuernavaca. Os últimos anos pasounos en México D.F., ata a súa morte producida por un cancro de ósos.

No ano 2000 a editorial A Nosa Terra publicou Syra Alonso: Diarios, con tradución de Anxos Sumai. [4][5]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar